Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 2, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN E TRAMITACIÓN DE DOCUMENTOS

Publicación provisional: 29/12/2001 BOP Nº: 297
Publicación definitiva: 29/12/2001 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 10/06/2022

Artigo 1. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local e artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Betanzos establece a taxa por expedición e tramitación de documentos.

Artigo 2. Tarifa: feitos, bases e cotas.


2.1. Por expedición de informes e certificados, unidade 4,23 €

Expedición de certificados de cualificación urbanística 21,32 €

Expedición de certificados de infracción urbanística 213,21 €

2.2. Validación de poderes 16,59 €

2.3. Fotocopias, por unidade (a partir de 3 copias) 0,05 €

2.4. Expedición de contratos de todo tipo 41,18 €

2.4.1. Ata 6.000 € 0,60%

2.4.2. De máis de 6.000 € Máximo 1.023,66 €

2.5. Compulsas de documentos 1,66 € por folla

2.6. Expedición de informes de carácter arqueolóxico 3,14 €

Por m² de zona afectada Máximo 623,54 €

2.7. Por tramitación de expedientes de declaración de ruína 156,74 €

2.8. Expedición de títulos de dereitos funerarios 44,57 €

2.9. Informes emitidos pola Policía Local relativos a accidentes de tráfico/ outros informes emitidos pola Policía Local 19,56 €

2.10. Cartografía dixital (por cada plano) 3,54 €

2.11.1. Pola prestación de servizo para expedición polo Punto de Información Catastral de certificación catastral literal de inmobles

situados no termo municipal de Betanzos: 2,29 €

De inmobles situados fóra do termo municipal

A taxa verase incrementada en 2€ e 4€ respectivamente, segundo onde estean situados os inmobles a que se refire o documento. 4,57 €

2.11.2. Pola prestación do servizo para expedición polo Punto de Información Catastral de certificación descritiva e gráfica referida

unicamente a unha unidade urbana ou unha parcela rústica se se trata de inmobles situados no termo municipal de Betanzos. 9,03 €

De inmobles situados fóra do termo municipal

A taxa verase incrementada en 2 e 4 euros respectivamente, segundo onde estean situados os inmobles, cando incorporen, a

petición da persoa interesada, datos doutros inmobles (como, por exemplo, lindeiros). 18,08 €

2.11.3. A prestación do servizo para expedición polo Punto de Información Catastral de certificacións negativas de bens non devengará ningunha taxa.

2.12. Dereitos de exame

2.12.1. Para o acceso como funcionario/a de carreira, ao subgrupo A1 ou laboral fixo nivel 1 22,28 €

2.12.2. Para o acceso como funcionario/a de carreira, ao subgrupo A2 ou laboral fixo nivel 2 17,27 €

2.12.3. Para o acceso como funcionario/a de carreira, ao subgrupo C1 ou laboral fixo equivalente 14,49 €

2.12.4. Para o acceso como funcionario/a de carreira, ao subgrupo C2 ou laboral fixo a nivel equivalente 13,37 €

2.12.5. Para o acceso como funcionario/a de carreira, a Agrupacións Profesionais ou como laboral fixo a nivel equivalente 11,14 €

2.12.6. Establécese unha bonificación do 100% nos dereitos de exame para aquelas persoas que acrediten a súa condición de desempregadas.















Artigo 3. Devindicación.

Devindícase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presenta a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expediente suxeitos ao Tributo.

Artigo 4. Declaración e ingreso.

1.- As taxas recollidas no artigo 2, esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse e aboarse nas entidades colaboradoras.

Os escritos recibidos que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se emende a deficiencia. Con este fin requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

2.- As taxas ás que se fai referencia no punto 2.9 do artigo 2, deben aboarse previamente á entrega das copias solicitadas, unha vez notificado ao solicitante que as copias poden ser retiradas.