Vilarmaior - ORDENANZA FISCAL Nº 12, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO SUMINISTRO DOMICILIARIO DE AUGA POTABLE E DAS ACOMETIDAS Á REDE XERAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA

Publicación provisional: 08/10/2003 BOP Nº: 231
Publicación definitiva: 27/11/2003 BOP Nº: 273
Aplicable dende: 01/01/2023

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988 do 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa pola prestación do servicio do suministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.t) da Lei 39/1988 de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do suministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS.

1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas por dito servicio.

2. Terán a consideración de suxeitos pasivos sustitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.

ARTIGO 4. RESPONSABLES.

1. Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5.- BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE.

Estará constituída por:

No suministro ou distribución da auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde esté instalado o servicio.

Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial ou vivenda individual.

ARTIGO 6.- COTA TRIBUTARIA.

1.-A cota tributaria, é a contida nas tarifas seguintes:

USOS DOMÉSTICOS

Cota fixa mensual

4,60 € / abonado mes

Consumo

Ata 10 m3 /mes

0,37 € / m3

Máis de 10 m3 a 20 m3 / mes

0,51 € / m3

Máis de 20 m3 / mes

1,18 € / m3

USOS COMERCIAIS E INDUSTRIAIS / AGRÍCOLAS E GANDEIROS

Cota fixa mensual

5,76 € / abonado mes

Consumo

Ata 10 m3 /mes

0,48 € / m3

Máis de 10 m3 a 20 m3 / mes

0,71 € / m3

Máis de 20 m3 / mes

1,18 € / m3

USOS PARA OBRAS

Cota fixa mensual

5,76 € / abonado mes

Consumo

Ata 10 m3 /mes

0,48 € / m3

Máis de 10 m3 a 20 m3 / mes

0,71 € / m3

Máis de 20 m3 / mes

1,18 € / m3

CONSERVACIÓN DE ACOMETIDAS E CONTADORES

De acometidas

0,42 € / abonado mes

De contadores

0,33 € / abonado mes

XESTIÓN DE COBRO A IMPAGADOS

Cobro ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago

4,85 €

DEREITOS DE OBRA DA ACOMETIDA Á REDE DE AUGA MUNICIPAL E INSTALACIÓN DE CONTADOR

Ata 5 metros á rede en tubería de 1"

711,46 € / unidade

O exceso de 5 metros, se facturará previo orzamento realizado pola empresa concesionaria

FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CONEXIÓN Á REDE

69,16 €

FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CAMBIO DE TITULARIDADE

15,37 €

2.- As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que se engadirá en todo caso.

ARTIGO 7.- DEVENGO.

A taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice o servicio sen ter obtido a previa autorización.

Os dereitos de acometida retribuiranse no momento de solicita-la conexión á rede municipal de abastecemento de auga ou a súa modificación, ou cando a Administración teña coñecemento de instalacións de contadores ou acometidas non autorizadas.

ARTIGO 8.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.

ARTIGO 9.- LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN.

1.- As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.

2.- O pagamento da taxa efectuarase, polo obrigado a realizalo, no prazo de trinta días a partir da data da notificación do recibo.

3.- As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento Xeral de Recadación.

ARTIGO 10.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988 de 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais.