Vilarmaior - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de agua.
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito impoñible
De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.t) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas polo dito servicio.
2. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables
1. Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible e liquidable
Estará constituída por:
No subministro ou distribución da auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial ou vivenda individual.
Artigo 6.-Cota tributaria
1.-A cota tributaria é a contida nas tarifas seguintes:
USOS DOMÉSTICOS Cota fixa mensual 3,46 €/abonado mes Consumo Ata 10 m³/mes 0,28 €/m³ Máis de 10 m³ a 20 m³/mes 0,38 €/m³ Máis de 20 m³/mes 0,89 €/m³ USOS COMERCIAIS E INDUSTRIAIS/AGRÍCOLAS E GANDEIROS Cota fixa mensual 4,32 €/abonado mes Consumo Ata 10 m³/mes 0,36 €/m³ Máis de 10 m³ a 20 m³/mes 0,53 €/m³ Máis de 20 m³/mes 0,89 €/m³ USOS PARA OBRAS Cota fixa mensual 4,32 €/abonado mes Consumo Ata 10 m³/mes 0,36 €/m³ Máis de 10 m³ a 20 m³/mes 0,53 €/m³ Máis de 20 m³/mes 0,89 €/m³ CONSERVACIÓN DE ACOMETIDAS E CONTADORES De acometidas 0,30 €/abonado mes De contadores 0,26 €/abonado mes XESTIÓN DE COBRO A IMPAGADOS Cobro ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos endentes de pago 3,64 € DEREITOS DE OBRA DA ACOMETIDA Á REDE DE AUGA MUNICIPALE INSTALACIÓN DE CONTADOR Ata 5 metros á rede en tubería de 1" 577,08 €/unidade O exceso de 5 metros se facturará previo orzamento realizado pola empresa concesionaria FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CONEXIÓN Á REDE 51,94 € FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CAMBIO DE TITULARIDADE 11,53 €2.-As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que se engadirá en todo caso.
Artigo 7.-Devengo
A taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice o servicio sen ter obtido a previa autorización.
Os dereitos de acometida retribuiranse no momento de solicita-la conexión á rede municipal de abastecemento de auga ou a súa modificación, ou cando a Administración teña coñecemento de instalacións de contadores ou acometidas non autorizadas.
Artigo 8.-Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.
Artigo 9.-Liquidación e recadación
1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.
2.-O pagamento da taxa efectuarase, polo obrigado a realizalo, no prazo de trinta días a partir da data da notificación do recibo.
3.-As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento xeral de recadación.
Artigo 10.-Infraccións e sancións
No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei xeral tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.