Vilarmaior - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO SUBMINISTRO DOMICILIARIO DE AUGA POTABLE E DAS ACOMETIDAS Á REDE XERAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito impoñible
De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.t) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas polo dito servicio.
2. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables
1. Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Base impoñible e liquidable
Estará constituída por:
No subministro ou distribución da auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial ou vivenda individual.
Artigo 6.-Cota tributaria
1.-A cota tributaria é a contida nas tarifas seguintes:
Usos domésticos | |
Cota fixa mensual | 3 euros/abonado mes |
Consumo | |
Ata 10 m3/mes | 0,24 euros/m3 |
Máis de 10 m3 a 20 m3/mes | 0,33 euros/m3 |
Máis de 20 m3/mes | 0,77 euros/m3 |
Usos comerciais e industriais/agrícolas e gandeiros | |
Cota fixa mensual | 3,75 euros/abonado mes |
Consumo | |
Ata 10 m3/mes | 0,32 euros/m3 |
Máis de 10 m3 a 20 m3/mes | 0,46 euros/m3 |
Máis de 20 m3/mes | 0,77 euros/m3 |
Usos para obras | |
Cota fixa mensual | 3,75 euros/abonado mes |
Consumo | |
Ata 10 m3/mes | 0,32 euros/m3 |
Máis de 10 m3 a 20 m3/mes | 0,46 euros/m3 |
Máis de 20 m3/mes | 0,77 euros/m3 |
Conservación de acometidas e contadores | |
De acometidas | 0,26 euros/abonado mes |
De contadores | 0,22 euros/abonado mes |
Xestión de cobramento a impagos | |
Cobramento ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pagamento | 3,15 euros |
Dereitos de obra da acometida á rede de auga municipal e instalación de contador | |
Ata 5 metros á rede en entubado de 1 | 500 euros/unidade |
O exceso de 5 metros, se facturará previo orzamento realizado pola empresa concesionaria | |
Formalización de póliza por conexión á rede | 45 euros |
Formalización de póliza por cambio de titularidade | 10 euros |
2.-As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que se incluirá en todo caso.
Artigo 7.-Devengo
A taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice o servicio sen ter obtido a previa autorización.
Os dereitos de acometida retribuiranse no momento de solicita-la conexión á rede municipal de abastecemento de auga ou a súa modificación, ou cando a Administración teña coñecemento de instalacións de contadores ou acometidas non autorizadas.
Artigo 8.-Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.
Artigo 9.-Liquidación e recadación
1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.
2.-O pagamento da taxa efectuarase, polo obrigado a realizalo, no prazo de trinta días a partir da data da notificación do recibo.
3.-As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento xeral de recadación.
Artigo 10.-Infraccións e sancións
No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei xeral tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, que consta de dez artigos, entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.