Vilarmaior - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de agua.
ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.
ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.
De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.t) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.
ARTIGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas por dito servicio.
2. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.
ARTIGO 4.-RESPONSABLES.
1. Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5.-BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE.
Estará constituída por:
No subministro ou distribución da auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde esté instalado o servicio.
Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial ou vivenda individual.
ARTIGO 6.-COTA TRIBUTARIA.
1.-A cota tributaria é a contida nas tarifas seguintes:
USOS DOMÉSTICOS |
|
Cota fixa mensual |
4,32 €/abonado mes |
Consumo |
|
Ata 10 m3 /mes |
0,35 €/m3 |
Máis de 10 m3 a 20 m3/mes |
0,48 €/m3 |
Máis de 20 m3/mes |
1,11 €/m3 |
USOS COMERCIAIS E INDUSTRIAIS/AGRÍCOLAS E GANDEIROS |
|
Cota fixa mensual |
5,41 €/abonado mes |
Consumo |
|
Ata 10 m3 /mes |
0,45 €/m3 |
Máis de 10 m3 a 20 m3/mes |
0,67 €/m3 |
Máis de 20 m3/mes |
1,11 €/m3 |
USOS PARA OBRAS |
|
Cota fixa mensual |
5,41 €/abonado mes |
Consumo |
|
Ata 10 m3 /mes |
0,45 €/m3 |
Máis de 10 m3 a 20 m3/mes |
0,67 €/m3 |
Máis de 20 m3/mes |
1,11 €/m3 |
CONSERVACIÓN DE ACOMETIDAS E CONTADORES |
|
De acometidas |
0,39 €/abonado mes |
De contadores |
0,31 €/abonado mes |
XESTIÓN DE COBRO A IMPAGADOS |
|
Cobro ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago |
4,55 € |
DEREITOS DE OBRA DA ACOMETIDA Á REDE DE AUGA MUNICIPAL E INSTALACIÓN DE CONTADOR |
|
Ata 5 metros á rede en tubería de 1" |
668,04 €/unidade |
O exceso de 5 metros, se facturará previo orzamento realizado pola empresa concesionaria |
|
FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CONEXIÓN Á REDE |
64,94 € |
FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CAMBIO DE TITULARIDADE |
14,43 € |
2.-As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que se engadirá en todo caso.
ARTIGO 7.-DEVENGO.
A taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice o servicio sen ter obtido a previa autorización.
Os dereitos de acometida retribuiranse no momento de solicita-la conexión á rede municipal de abastecemento de auga ou a súa modificación, ou cando a Administración teña coñecemento de instalacións de contadores ou acometidas non autorizadas.
ARTIGO 8.-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.
ARTIGO 9.-LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN.
1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.
2.-O pagamento da taxa efectuarase, polo obrigado a realizalo, no prazo de trinta días a partir da data da notificación do recibo.
3.-As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento Xeral de Recadación.
ARTIGO 10.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.