Vilarmaior - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO SUBMINISTRO DOMICILIARIO DE AUGA POTABLE E DAS ACOMETIDAS Á REDE XERAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA

Publicación provisional: 08/10/2003 BOP Nº: 231
Publicación definitiva: 27/11/2003 BOP Nº: 273
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1.-Fundamento e natureza

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.

Artigo 2.-Feito impoñible

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.t) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas polo dito servicio.

2. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos dos contribuíntes, os propietarios das vivendas ou locais nos que se preste o servicio, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.

Artigo 4.-Responsables

1. Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Base impoñible e liquidable

Estará constituída por:

No subministro ou distribución da auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.

Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial ou vivenda individual.

Artigo 6.-Cota tributaria

1.‑ A cota tributaria, é a contida nas tarifas seguintes:
USOS DOMÉSTICOS
 
Cota fixa mensual
3,32 € / abonado mes
Consumo
 
Ata 10 m³ /mes
0,27 € / m³
Máis de 10 m³ a 20 m³ / mes
0,36 € / m³
Máis de 20 m³ / mes
0,85 € / m³
USOS COMERCIÁIS E INDUSTRIÁIS / AGRÍCOLAS E GANDEIROS
 
Cota fixa mensual
4,15 € / abonado mes
Consumo
 
Ata 10 m³ /mes
0,35 € / m³
Máis de 10 m³ a 20 m³ / mes
0,51 € / m³
Máis de 20 m³ I mes
0,85 € / m³
USOS PARA OBRAS
 
Cota fixa mensual
4,15 € / abonado mes
Consumo
 
Ata 10 m³ /mes
0,35 € / m³
Máis de 10 m³ a 20 m³ / mes
0,51 € / m³
Máis de 20 m³ / mes
0,85 € / m³
CONSERVACIÓN DE ACOMETIDAS E CONTADORES
 
De acometidas
0,29 € / abonado mes
De contadores
0,25 € / abonado mes
XESTIÓN DE COBRO A IMPAGADOS
 
Cobro ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos endentes de pago
3,49 €
DEREITOS DE OBRA DA ACOMETIDA Á REDE DE AUGA MUNICIPAL E INSTALACIÓN DE CONTADOR
 
Ata 5 metros á rede en tubería de 1"
553,82 € / unidade
O exceso de 5 metros, se facturará previo orzamento realizado ola empresa concesionaria
 
FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CONEXIÓN Á REDE
49,85 €
FORMALIZACIÓN DE PÓLIZA POR CAMBIO DE 1TITULARIDADE
0,07 €
2.‑ As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que se engadirá en todo caso.
Esta modificación será de aplicación desde o un de xaneiro de 2008.

Artigo 7.-Devengo

A taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice o servicio sen ter obtido a previa autorización.

Os dereitos de acometida retribuiranse no momento de solicita-la conexión á rede municipal de abastecemento de auga ou a súa modificación, ou cando a Administración teña coñecemento de instalacións de contadores ou acometidas non autorizadas.

Artigo 8.-Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.

Artigo 9.-Liquidación e recadación

1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.

2.-O pagamento da taxa efectuarase, polo obrigado a realizalo, no prazo de trinta días a partir da data da notificación do recibo.

3.-As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo co Regulamento xeral de recadación.

Artigo 10.-Infraccións e sancións

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei xeral tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, que consta de dez artigos, entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.