Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº4. - REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1º. - Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible do imposto a realización dentro do termo municipal de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable ou no seu caso a obtención da correspondente licenza urbanística, presentárase ou non dita comunicación ou declaración ou obtivérase ou non a dita licenza sempre que a súa expedición ou actividade de control corresponda a este municipio, segundo o disposto no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e concordantes deste.
2. As construcións, instalacións ou obras a que se refire ó apartado anterior poderan consistir en:
a) Obras de construción de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e rede de sumidoiros.
f) Obras en cemiterios.
g) Calquera outra construción, instalación ou obra que requiran presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable ou no seu caso licenza urbanística de acordo coa normativa vixente.
Artigo 2º. - Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Para os efectos previstos no párrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.
Artigo 3º. - Base impoñible, cota e devengo.
1. A base impoñible deste imposto está constituida polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e se entende por tal, para estes efectos, o custo de execución material de aquela. No caso de obra maior, cando o orzamento de execución material sexa inferior aos prezos medios que se recollen no Anexo I desta ordenanza, serán ditos prezos os que constitúan a base impoñible do imposto.
Non forman parte da base impoñible o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, de ser o caso, coa construción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista, nin os conceptos relativos a seguridade e saúde, control de calidade e xestión de residuos, nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.
3. O tipo de gravame será do 3 por cento para tódalas construcións, instalacións e obras que se realicen, agás aquelas realizadas polas entidades inscritas no rexistro municipal de asociacións veciñais ou non tratándose de tales asociacións, aquelas nas que o orzamento da obra non supere 1.200,00 euros, as cales tributarán por cota cero.
4. O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 4º.- Bonificacións
1.- As obras de reforma de edificacións existentes que se realicen co fin de incorporar sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar desfrutarán dunha bonificación de ata o 50 por cento sobre a cota do imposto en proporción á porcentaxe que a enerxía solar cubra sobre o total da enerxía necesaria para o funcionamento da edificación, considerándose o mínimo a cubrir para solicitar a subvención, o 20 por cento da enerxía total requirida pola mesma. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
Tomarase en consideración o orzamento total da obra para o cálculo da cota, sempre que a obra a realizar estea destinada unicamente á adaptación do edificio para favorecer o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo.
No caso de que as obras estean destinadas á reforma da edificación, comprendendo no orzamento máis partidas ademais da adaptación de dita edificación para favorecer dito aproveitamento, unicamente se computarán para o cálculo da cota con dereito a bonificación as partidas correspondentes. Para iso será necesario que o orzamento se presente desglosado na parte que corresponda ás mencionadas obras.
As solicitudes serán enviadas, coa documentación que as acompaña e un informe respecto do cumprimento das condicións establecidas na presente ordenanza, ós servicios municipais de medioambiente que, valorando as instalacións, formularán informe proposta sobre a súa concesión. A resolución corresponde á Alcaldía, sen prexuízo das delegacións outorgadas por esta.
Esta bonificación só será aplicable a aquelas construccións que non deban dispoñer obrigatoriamente destes sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar segundo o disposto no Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación.
2.- As obras de reforma de edificacións xa existentes que se realicen co fin de favorece-las condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados, disfrutarán dunha bonificación do 90 por cento da cota resultante de aplicar, no seu su caso, a bonificación a que se refire o parágrafo anterior, de acordo coas seguintes regras:
- Tomarase en consideración o orzamento total da obra para o cálculo da cota, sempre que a obra a realizar estea destinada unicamente á adaptación do edificio para favorece-las condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados.
- No caso de que as obras estean destinadas á reforma da edificación, comprendendo no orzamento máis partidas ademais da adaptación de dita edificación para favorece-las condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados, unicamente se computarán para o cálculo da cota con dereito a bonificación das partidas correspondentes. Para iso será necesario que o orzamento se presente desglosado na parte que corresponda a obras que favorezan ditas condicións.
As solicitudes serán enviadas, coa documentación que as acompaña e un informe respecto do cumprimento das condicións establecidas na presente ordenanza, ós servicios municipais de urbanismo que, valorando as reformas que se propoñen realizar, formularán informe proposta sobre a súa concesión. A resolución corresponde á Alcaldía, sen prexuízo das delegacións outorgadas por esta.
3.- As bonificacións establecidas neste artigo son de natureza regrada e terán carácter rogado, debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante esta Entidade Local. A solicitude, tras ser obxecto de informe polos servicios técnicos municipais, será resolta polo órgano competente.
4.- En base ao establecido no apartado a) artigo 103.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora de facendas locais, terá dereito a unha bonificación de ata o 95% na cota do imposto a realización de construcións, instalacións ou obras realizadas para a implantación dunha nova actividade económica ou empresarial que fora declarada de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, definidas neste punto, que xustifiquen tal declaración e sempre que coindidan as figuras de suxeito pasivo do imposto e o titular que promova o fomento de emprego. polo Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.
4.1. A bonificación aplicarase únicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial na que se incremente o cadro de persoal con contratos indefinidos.
4.2. Establécense os seguintes tramos de bonificación:
- Pola creación de ata 7 postos de traballo, o 50%.
- Pola creación de 8 a 10 postos de traballo, o 60%.
- Pola creación de 11 a 13 postos de traballo, o 75%
- Pola creación de 14 a 16 postos de traballo, o 80%.
- Pola creación de 17 a 19 postos de traballo, o 85%
- Pola creación de 20 postos de traballo, o 90%
- Pola creación de máis de 20 postos de traballo, o 95%.
O emprego indefinido obxecto de bonificación, para cada exercicio bonificado, deberá manterse durante un período de dous anos.
4.3. A declaración-liquidación polo imposto que corresponda presentar calcularase aplicando as porcentaxes de bonificación que corresponda segundo o emprego indefinido creado.
4.4. O prazo de aplicación desta bonificación será como máximo de tres períodos impositivos.
4.5. Para o goce desta bonificación, os interesados presentarán no primeiro trimestre do exercicio seguinte á data da autorización de inicio de actividade no local, un escrito dirixido ao alcalde solicitanto a aplicación da bonificación neste imposto, acompañado da seguinte documentación asinada polo representante legal da empresa:
a) Declaración censal do IAE ou certificación da Axencia Tributaria que acredite a data de inicio de actividade no termo municipal, no centro de traballo obxecto de bonificación.
b) Declaración responsable no que se indique a relación nominal mes a mes dos contratos indefinidos iniciais, ou transformacións en indefinidos, efectuados exclusivamente para o centro de traballo obxecto de bonificación realizados dende a data de autorización de inicio da actividade no local, ata o mes de decembro do execicio anterior ao que corresponde aplicar por primeira vez a bonificación no Imposto, indicando o número de horas de cada un deles acompañada da documentación xustificativa da mesma (informe de vida laboral do código conta de cotización).
O concello resérvase o dereito de solicitar canta documentación sexa necesaria para a verificación da creación e mantemento de emprego que da lugar á aplicación da bonificación regulada nesta Ordenanza.
4.6. No suposto de contratos a tempo parcial, a creación de emprego computarase de forma proporcional á xornada de traballo a tempo completo. Si do resultado do cómputo se obtén un número decimal, este redondearase ao número enteiro máis próximo.
4.7. O goce da bonificación no segundo e terceiro exercicios queda condicionado ao mantemento das condicións que se cumpriron para o seu outorgamento. Para realizar a comprobación do mantemento do emprego terase en conta a media dos contratos indefinidos existentes no ano natural anterior (de 1 de xaneiro a 31 de decembro) segundo a documentación aportada polo representante da empresa e relacionada no punto 4. 5.b).
No caso de producirse variacións no número de postos de traballo, a nova bonificación acordarase en función de se estes aumentaron ou diminuíron.
Artigo 5º. - Xestión.
1. Cando se presente unha comunicación previa ou declaración responsable, ou no seu caso se solicite a licenza preceptiva ou cando, non presentada unha comunicación previa ou declaración responsable, nin solicitada, concedida ou denegada a devandita licenza preceptiva, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible polos técnicos municipais en función, no caso de obra maior, dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta Ordenanza, sempre que o importe do orzamento presentado polos interesados sexa inferior ao resultante da aplicación do mesmo. No caso de obra menor a base impoñible será, en todo caso, o orzamento de execución material da mesma, despois de excluír os conceptos mencionados no artigo 3.
2. Unha vez finalizada a construcción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso a base impoñible a que se refire o apartado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo, ou reintegrándolle no su caso, a cantidade que corresponda.
3. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración-liquidación, segundo o modelo determinado polo mesmo, que conterá os elementos tributarios imprescindibles para a liquidación procedente. Dita declaración-liquidación deberá presentarse acompañada de xustificante de ter ingresado a cota tributaria, ó tempo que insta ó outorgamento da correspondente licencia urbanística.
Artigo 6º. - Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións para o seu desenvolvemento.
Artigo 7º. - Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
ANEXO Á ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
1.- OBRA MAIOR: Relación de prezos medios de execución material: No caso de que se trate dunha obra de vivenda que abarque espazos destinados a usos distintos a esta (tales como trasteiros, porches, garaxes, etc.) aplicarase a estes o prezo medio que lles corresponda en función do seu uso. |
-Vivenda exenta unifamiliar: 741,61 €/m2 construído. |
-Vivenda acaroada unifamiliar: 710,18 €/m2 construído. |
-Vivenda plurifamiliar: 656,62 €/m2 construído. |
-Vivenda V.P.O.-A: 582,11 €/m2 construído. |
-Trasteiros, porches, terrazas abertas: 199,08 €/m2 construído. |
-Local libre en p. baixa/garaxe-aparcamento: 335,30 €/m2 construído. |
-Naves industriais e talleres: 357,42 €/m2 construído. |
-Terciario de oficinas e servizos: 596,08 €/m2. construído. |
-Centro comercial en edificio exclusivo: 710,18 €/m2. construído. |
-Local comercial e industria-escaparate: 500,62 €/m2. construído |
2.- Actualización: Estes baremos actualizaranse anualmente no caso de o que importe aquí reflectido sexa superior ás actualizacións publicadas no Boletín Oficial do Estado correspondentes ás Vivendas de Protección Oficial (VPO), para axustarse a estes. |