Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº4. - REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 03/01/2020

Artigo 1º. - Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible do imposto a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa licenza urbanística, segundo o establecido no artigo 194 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, obtivésese ou non a dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio, segundo o disposto no artigo 100 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e concordantes deste.

2. As construcións, instalacións ou obras a que se refire ó apartado anterior poderán consistir en:

a) Obras de construción de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.

d) Alineacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e rede de sumidoiros.

f) Obras en cemiterios.

g) Calquera outras construcións, instalacións ou obras que requiran licenza urbanística.

Artigo 2º. - Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Para os efectos previstos no párrafo anterior terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.

Artigo 3º. - Base impoñible, cota e devengo.

1. A base impoñible deste imposto está constituida polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e se entende por tal, para estes efectos, o custo de execución material de aquela.

Non forman parte da base impoñible o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, de ser o caso, coa construción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

2. A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.

3. O tipo de gravame será do 3 por cento para tódalas construcións, instalacións e obras que se realicen, agás aquelas realizadas polas entidades inscritas no rexistro municipal de asociacións veciñais ou non tratándose de tales asociacións, aquelas nas que o orzamento da obra non supere 1.200,00 euros, as cales tributarán por cota cero.

4. O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza.

Artígo 4º. - Bonificacións.

1. As obras de reforma de edificacións existentes que se realicen co fin de incorporar sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar disfrutarán dunha bonificación de ata o 50 por cento sobre a cota do imposto en proporción á porcentaxe que a enerxía solar cubra sobre o total da enerxía necesaria para o funcionamento da vivenda, considerándose o mínimo a cubrir para solicitar a subvención, o 20 por cento da enerxía total requirida pola mesma. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.

Tomarase en consideración o orzamento total da obra para o cálculo da cota, sempre que a obra a realizar estea destinada unicamente á adaptación do edificio para favorecer o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo.

No caso de que as obras estean destinadas á reforma da edificación, comprendendo no orzamento máis partidas ademais da adaptación de dita edificación para favorecer dito aproveitamento, unicamente se computarán para o cálculo da cota con dereito a bonificación as partidas correspondentes. Para iso será necesario que o orzamento se presente desglosado na parte que corresponda ás mencionadas obras.

As solicitudes serán enviadas, coa documentación que as acompaña e un informe respecto do cumprimento das condicións establecidas na presente ordenanza, ós servizos municipais de medioambiente que, valorando as instalacións, formularán informe proposta sobre a súa concesión. A resolución corresponde á Alcaldía, sen prexuízo das delegacións outorgadas por esta.

Esta bonificación só será aplicable a aquelas construcións que non deban dispoñer obrigatoriamente destes sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar segundo o disposto no Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación.

2. As obras de reforma de edificacións xa existentes que se realicen co fin de favorecer as condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados, disfrutarán dunha bonificación do 90 por cento da cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación a que se refire o parágrafo anterior, de acordo coas seguintes regras:

- Tomarase en consideración o orzamento total da obra para o cálculo da cota, sempre que a obra a realizar estea destinada unicamente á adaptación do edificio para favorecer as condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados.

- No caso de que as obras estean destinadas á reforma da edificación, comprendendo no orzamento máis partidas ademais da adaptación de dita edificación para favorecer as condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados, unicamente se computarán para o cálculo da cota con dereito a bonificación das partidas correspondentes. Para iso será necesario que o orzamento se presente desglosado na parte que corresponda a obras que favorezan ditas condicións.

As solicitudes serán enviadas, coa documentación que as acompaña e un informe respecto do cumprimento das condicións establecidas na presente ordenanza, ós servizos municipais de urbanismo que, valorando as reformas que se propoñen realizar, formularán informe proposta sobre a súa concesión. A resolución corresponde á Alcaldía, sen prexuízo das delegacións outorgadas por esta.

3. As bonificacións establecidas neste artigo son de natureza regrada e terán carácter rogado, debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante esta Entidade Local. A solicitude, tras ser obxecto de informe polos servizos técnicos municipais, será resolta polo órgano competente.

4.- En base ao establecido no apartado a) artigo 103.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora de facendas locais, terá dereito a unha bonificación de ata o 95% na cota do imposto a realización de construcións, instalacións ou obras realizadas para a implantación dunha nova actividade económica ou empresarial que fora declarada de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, definidas neste punto, que xustifiquen tal declaración e sempre que coindidan as figuras de suxeito pasivo do imposto e o titular que promova o fomento de emprego. polo Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.

4.1. A bonificación aplicarase únicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial na que se incremente o cadro de persoal con contratos indefinidos.

4.2. Establécense os seguintes tramos de bonificación:

- Pola creación de ata 7 postos de traballo, o 50%.

- Pola creación de 8 a 10 postos de traballo, o 60%.

- Pola creación de 11 a 13 postos de traballo, o 75%

- Pola creación de 14 a 16 postos de traballo, o 80%.

- Pola creación de 17 a 19 postos de traballo, o 85%

- Pola creación de 20 postos de traballo, o 90%

- Pola creación de máis de 20 postos de traballo, o 95%.

O emprego indefinido obxecto de bonificación, para cada exercicio bonificado, deberá manterse durante un período de dous anos.

4.3. A declaración-liquidación polo imposto que corresponda presentar calcularase aplicando as porcentaxes de bonificación que correponda segundo o emprego indefinido creado.

4.4. O prazo de aplicación desta bonificación será como máximo de tres períodos impositivos.

4.5. Para o goce desta bonificación, os interesados presentarán no primeiro trimestre do exercicio seguinte á data da autorización de inicio de actividade no local, un escrito dirixido ao alcalde solicitanto a aplicación da bonificación neste imposto, acompañado da seguinte documentación asinada polo representante legal da empresa:

a) Declaración censal do IAE ou certificación da Axencia Tributaria que acredite a data de inicio de actividade no termo municipal, no centro de traballo obxecto de bonificación.

b) Declaración responsable no que se indique a relación nominal mes a mes dos contratos indefinidos iniciais, ou transformacións en indefinidos, efectuados exclusivamente para o centro de traballo obxecto de bonificación realizados dende a data de autorización de inicio da actividade no local, ata o mes de decembro do execicio anterior ao que corresponde aplicar por primeira vez a bonificación no Imposto, indicando o número de horas de cada un deles acompañada da documentación xustificativa da mesma (informe de vida laboral do código conta de cotización).

O concello resérvase o dereito de solicitar canta documentación sexa necesaria para a verificación da creación e mantemento de emprego que da lugar á aplicación da bonificación regulada nesta Ordenanza.

4.6. No suposto de contratos a tempo parcial, a creación de emprego computarase de forma proporcional á xornada de traballo a tempo completo. Si do resultado do cómputo se obtén un número decimal, este redondearase ao número enteiro máis próximo.

4.7. O goce da bonificación no segundo e terceiro exercicios queda condicionado ao mantemento das condicións que se cumpriron para o seu outorgamento. Para realizar a comprobación do mantemento do emprego terase en conta a media dos contratos indefinidos existentes no ano natural anterior (de 1 de xaneiro a 31 de decembro) segundo a documentación aportada polo representante da empresa e relacionada no punto 4. 5.b).

No caso de producirse variacións no número de postos de traballo, a nova bonificación acordarase en función de se estes aumentaron ou diminuíron.

Artigo 5º. - Xestión.

1. Cando se solicite a licenza preceptiva ou cando, non téndose solicitado, concedido ou denegado aínda dita licenza preceptiva, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible polos técnicos municipais en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta Ordenanza, sempre que o importe do orzamento presentado polos interesados sexa inferior ao resultante da aplicación do mesmo.

2. Unha vez finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso a base impoñible a que se refire o apartado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo, ou reintegrándolle no su caso, a cantidade que corresponda.

3. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración-liquidación, segundo o modelo determinado polo mesmo, que conterá os elementos tributarios imprescindibles para a liquidación procedente. Dita declaración-liquidación deberá presentarse acompañada de xustificante de ter ingresado a cota tributaria, ó tempo que insta ó outorgamento da correspondente licenza urbanística.

Artigo 6º. - Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións para o seu desenvolvemento.

Artigo 7º. - Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

ANEXO

1.- OBRA MENOR:

Relación de prezos medios de execución material definida polos servizos técnicos municipais achegada á presente ordenanza.

Uds.

Descrición

Euros

1. -

DEMOLICIÓNS

1.1

m3

Demolición de muro de carga de ladrillo macizo, retirada de escombros, incluído apeos de forxado e pp de ferramentas, elementos auxiliares e seguridade

18,14

1.2

m3

Demolición de muro de formigón en masa de espesor variable con martelo rompedor e compresor de aire, con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-13

42,44

1.3

m3

Demolición de muro de cachotaría de espesor variable con martelo rompedor e compresor de aire, con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-13

38,00

1.4

Ud.

Levantamento de carpintería, i/marcos, follas e accesorios, con retirada de escombro e carga, segundo NTE/ADD-18

6,53

1.5

m2

Demolición manual de tabique de fábrica de ladrillo con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-9

4,36

1.6

m2

Demolición manual de tabique de fábrica de ladrillo a 1/2 pé con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-9

7,25

1.7

m2

Demolición de pavimento de baldosa con martelo rompedor e compresor de aire, retirada de escombros, segundo NTE/ADD-10

6,58

1.8

m2

Picado de azulexado con retirada de escombros

8,70

1.9

m3

Demolición manual de soleira de formigón en masa con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-19

94,28

1.10

m2

Picado de recebo de cemento en paramentos verticais, retirada de escombros e carga

9,00

2. - MOVEMENTO DE TERRAS

2.1

m3

Escavación de gabias en terreos compactos con medios manuais, segundo NTE/ADZ-4-6

46,20

2.2

m3

Escavación de gabias en terreos compactos con pala retroescavadora, i/axuda manual nas zonas de difícil acceso, limpeza e extracción de restos, segundo NTE/ADZ-4-6

11,00

2.3

m3

Escavación en gabias para canalizacións exteriores en terreos compactos, con pala retroescavadora, i/axuda manual, limpeza e extracción de restos, carga e transporte de sobrantes a vertedoiro autorizado

5,00

2.4

m3

Recheo de gabias con terras propias, segundo NTE/ADZ-12

8,55

2.5

m3

Recheo de gabias con terras de préstamo, segundo NTE/ADZ-12

26,95

2.6

m3

Carga de terras con pala retrocargadora sobre camión

2,94

2.7

m3

Terraplén compactado con solo seleccionado procedente de préstamo a pé de obra, i/estendido, rego, compactación e refino de noiros, segundo NTE/ADE-5

11,04

3. - CERRAMENTOS

3.1

M.L.

Cerramento de arame

6,00

3.2

M.L.

Cerramento de tea

25,00

3.3

M2

Cerramento de zócalo

60,00

3.4

M.L.

Cerramento de zócalo + tea ( 0.60 + 1.20)

85,00

3.5

M.L.

Cerramento de cachotaría + enreixado

190,00

3.6

M.L.

Colocación de columna para contador da luz

190,00

4. - CUBERTAS

4.1

m2

Desmontaxe de cuberta de placas onduladas de fibrocemento, i/demolición de cumieiras, limas e encontros, retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-3

7,35

4.2

m2

Desmontaxe de cuberta de tella, i/demolición de cumieiras, limas e encontros, retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-3

8,11

4.3

m2

Desmontaxe de cuberta de placas de lousa, i/demolición de cumieiras, limas e encontros, retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-3

7,50

4.4

m2

Cuberta de placas de fibrocemento de onda grande, colocada sobre correas, i/pp de solapes e recortes, s/NTE-QTF

23,00

4.5

m2

Cuberta de tellas cerámicas, i/pp de roturas e solapes, s/NTE-QTT

31,74

4.6

m2

Lousa inclinada de formigón HA-25/P/20 de central armado con aceiro B-400S, i/encofrado, vibrado, curado e desencofrado, segundo EHE

80,00

4.7

m2

Cuberta de lousa en pezas de primeira calidade, i/pp de recortes, s/NTE/QTP

35,00

4.8

m

Canlón de PVC, colocado con adhesivo, i/pp de gafas de PVC e accesorios

17,00

5. - ALBANELERÍA

5.1

m2

Azulexado de paramentos interiores con azulexo

34,48

5.2

m2

Azulexado de paramentos interiores con azulexo monococción

26,94

5.3

m2

Pavimento de baldosas de terrazo de grao mediano

35,00

5.4

m2

Recebo maestreado, fratasado e brunido de paramentos verticais interiores

15,00

5.5

m2

Recebo maestreado, fratasado e brunido de paramentos verticais exteriores

15,50

5.6

m3

Estrutura de formigón prefabricado en piares, xácenas e vigas

452,50

5.7

m2

Soleira para instalacións de formigón, estendido sobre terreo limpo e compactado

20,32

5.8

m2

Soleira drenante

21,09

5.9

m2

Fábrica de bloque oco de formigón vibrocomprimido split antihumidade

45,47

5.10

m2

Dobre fábrica de ladrillo cerámico

23,09

5.11

m2

Cerramento formado por fábrica de ladrillo oco dobre

39,70

5.12

m3

Formigón de central armado en muros de contención

245,50

5.13

m3

Cachotaría careada de granito silvestre

175,60

5.14

m2

Fábrica de pedra natural en taco a xunta seca

95,50

5.15

m2

Fábrica de pedra natural en taco cunha cara vista, encintada con morteiro

92,50

5.16

m2

Fábrica de cantaría de granito albero

175,00

5.17

m2

Estrutura metálica electrosoldada en naves con cuberta

65,90

5.18

m2

Estrutura metálica electrosoldada en edificios

58,50

5.19

m2

Forxado unidireccional de semiviguetas armadas e bovedillas cerámica

43,95

5.20

m2

Forxado unidireccional de semiviguetas armadas e bovedillas de formigón

43,95

5.21

m2

Lousa horizontal de formigón de máis de 25 cm de espesor

95,23

5.22

m2

Lousa horizontal de formigón de menos de 25 cm de espesor

80,07

5.23

m2

Estrutura de formigón prefabricado de edificio industrial

52,75

5.24

m2

Estrutura de formigón HA-30/P/20 de central armado

73,67

5.25

m3

Formigón de central HA-25

120,44

5.26

m2

Muro de bloque gris

23,75

6. -PINTURAS

6.1

m2

Revestimento de paramentos verticais interiores con pintura plástica

5,94

6.2

m2

Revestimento de paramentos verticais exteriores con pintura plástica impermeable

8,64

7.-GALPÓNS

7.1

M.2

Galpón de bloque ou ladrillo

190,00

7.2

M.2

Galpón de madeira

81,00

8.-CARPINTERÍA

8.1

UD.

Porta de entrada

350,00

8.2

UD.

Porta interior

180,00

8.3

UD.

Ventá ou dobre ventá

188,09

8.4

UD.

Velux

300,00

8.5

M.2

Cerramento de balcóns e terrazas (galería)

155,00

8.6

M.2

Rexa de seguridade en portas e ventás

51,40

8.7

M.2

Portal

150,00

9. -FONTANERÍA E SANEAMENTO

9.1

UD.

Inst. de fontanería e saneamento de aseos

220,50

9.2

UD.

Inst. de fontanería e saneamento de baños

350,00

9.3

UD.

Inst. de fontanería e saneamento en cociñas

350,00

9.4

UD.

Lavabo incluído conxunto de billas

166,20

9.5

UD.

Inodoro incluso conxunto de billas

158,70

9.6

UD.

Bidé incluso conxunto de billas

141,62

9.7

UD.

Bañeira incluso conxunto de billas

159,40

10. -ELECTRICIDADE

10.1

UD.

Instalación eléctrica

1.500,00

11. -CALEFACCIÓN

11.1

UD.

Instalación de calefacción

3.100,00

12. -POZOS

12.1

UD.

Pozo de barrena

1.300,00

12.2

UD.

Pozo artesiano

1.700,00

13. -FOSA SÉPTICA

13.1

UD.

Fosa séptica e pozo filtrante

1.250,00

14. -PISCINAS

14.1

M.2

Piscina completa (>9.015,18 €./Ud)

451,14

15. -PISTAS

15.1

M.2

Pista deportiva

50,42

15.2

M.2

Beirarrúas

38,37

16.- VARIOS

16.1

M2

Cartel / Valla publicitaria

90,00

16.2

UD

Antena parabólica

340,00

2. - OBRA MAIOR: Relación de prezos medios de execución material:

-Vivenda exenta unifamiliar: 637,00 €/m2 construído

-Vivenda acaroada unifamiliar: 610,00 €/m2 construído

-Vivenda plurifamiliar: 564,00 €/m2 construído.

-Vivenda V.P.O.-A: 500,00 €/m2 construído.

-Trasteiros, porches, terrazas abertas: 171,00 €/m2 construído.

-Local libre en p. baixa/garaxe-aparcamento: 288,00 €/m2 construído.

-Naves industriais e talleres: 307,00 €/m2 construído.

-Terciario de oficinas e servizos: 512,00 €/m2. construído.

-Centro comercial en edificio exclusivo: 610,00 €/m2. construído.

-Local comercial e industria-escaparate: 430 €/m2. construído

3. -Actualización: Estes baremos serán incrementados anualmente en canto se publiquen no Boletín Oficial do Estado as actualizacións correspondentes ás Vivendas de Protección Oficial (VPO).