Cambre - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 3º. - Base impoñible, cota e devengo.
1. A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.
3. O tipo de gravame será do 3 por cento para tódalas construccións, instalacións e obras que se realicen, agás aquelas realizadas polas entidades inscritas no rexistro municipal de asociacións veciñais ou non tratándose de tales asociacións, aquelas nas que o orzamento da obra non supere 1.200,00 euros, as cales tributarán por cota cero.
4. O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.
Artigo 4º .-Bonificacións
1. As construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo disfrutarán dunha bonificación de ata o 50 por cento sobre a cota do imposto, en proporción á porcentaxe que a enerxía solar cubra sobre o total da enerxía necesaria para o funcionamento da vivenda, considerándose o mínimo a cubrir para solicita-la subvención, o 20 por cento da enerxía total requirida pola mesma. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
Tomarase en consideración o orzamento total da obra para o cálculo da cota, sempre que a obra a realizar estea destinada unicamente á adaptación do edificio para favorece-lo aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo.
No caso de que as obras estean destinadas á reforma da edificación, comprendendo no orzamento máis partidas ademais da adaptación de dita edificación para favorecer dito aproveitamento, unicamente se computarán para o cálculo da cota con dereito a bonificación as partidas correspondentes. Para iso será necesario que o orzamento se presente desglosado na parte que corresponda ás mencionadas obras.
As solicitudes serán enviadas, coa documentación que as acompaña e un informe respecto do cumprimento das condicións establecidas na presente ordenanza, ós servicios municipais de medioambiente que, valorando as instalacións, formularán informe proposta sobre a súa concesión. A resolución corresponde á Alcaldía, sen perxuizo das delegacións outorgadas por esta.
2. As obras de reforma de edificacións xa existentes que se realicen co fin de favorece-las condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados, disfrutarán dunha bonificación do 90 por cento da cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación a que se refire o parágrafo anterior, de acordo coas seguintes regras:
- Tomarase en consideración o orzamento total da obra para o cálculo da cota, sempre que a obra a realizar estea destinada unicamente á adaptación do edificio para favorece-las condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados.
- No caso de que as obras estean destinadas á reforma da edificación, comprendendo no orzamento máis partidas ademais da adaptación de dita edificación para favorece-las condicións de acceso e habilitabilidade dos discapacitados, unicamente se computarán para o cálculo da cota con dereito a bonificación das partidas correspondentes. Para iso será necesario que o orzamento se presente desglosado na parte que corresponda a obras que favorezan ditas condicións.
As solicitudes serán enviadas, coa documentación que as acompaña e un informe respecto do cumprimento das condicións establecidas na presente ordenanza, ós servicios municipais de urbanismo que, valorando as reformas que se propoñen realizar, formularán informe proposta sobre a súa concesión. A resolución corresponde á Alcaldía, sen perxuizo das delegacións outorgadas por esta.
3. As bonificacións establecidas neste artigo son de natureza regrada e terán carácter rogado, debendo ser solicitadas expresamente polo suxeito pasivo ante esta Entidade Local. A solicitude, tras ser obxecto de informe polos servicios técnicos municipais, será resolta polo órgano competente.
Artigo 5º. - Xestión.
1. Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non tendose solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia preceptiva, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible:
a) En función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fora visado polo Colexio Oficial correspondente cando isto constitúa un requisito preceptivo, quedando excluidos os gastos xerais e o beneficio industrial.
b) Cando non sexa preceptiva a presentación do proxecto visado polo Colexio Oficial, a base impoñible determinarase polos técnicos municipais atendendo igualmente ó custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, seguindo os criterios de valoración establecidos na base de datos da construcción de Galicia.
2. Unha vez finalizada a construcción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso a base impoñible a que se refire o apartado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo, ou reintegrándolle no su caso, a cantidade que corresponda.
3. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración-liquidación, segundo o modelo determinado polo mesmo, que conterá os elementos tributarios imprescindibles para a liquidación procedente. Dita declaración-liquidación deberá presentarse acompañada de xustificante de ter ingresado a cota tributaria, ó tempo que insta ó outorgamento da correspondente licencia urbanística.
Artigo 6º. - Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións para o seu desenvolvemento.
Artigo 7º. - Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.