Cambre - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2002

Artigo 3º. - Base impoñible, cota e devengo.

3.-O tipo de gravame será o 2,8% para tódalas construccións, instalacións e obras que se realicen, excepto aquelas realizadas polas entidades inscritas no Rexistro municipal de Asociacións Vecinais ou non tratándose de tales asociacións, aquelas en que o orzamento da obra non supere 1.203 euros, as cales tributarán por cota cero.

Artigo 5º. - Xestión.

1. Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non tendose solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia preceptiva, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible:

a) En función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fora visado polo Colexio Oficial correspondente cando isto constitúa un requisito preceptivo, quedando excluidos os gastos xerais e o beneficio industrial.

 b) Cando non sexa preceptiva a presentación do proxecto visado polo Colexio Oficial, a base impoñible determinarase polos técnicos municipais atendendo igualmente ó custo real e  efectivo da construcción, instalación ou obra, seguindo os criterios de valoración establecidos na base de datos da construcción de Galicia.

 2. Unha vez finalizada a construcción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará  no seu caso a base impoñible a que se refire o apartado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo, ou reintegrándolle no su caso, a cantidade  que corresponda.

 3. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración-liquidación, segundo o modelo determinado polo mesmo, que conterá os elementos tributarios imprescindibles para a liquidación procedente. Dita declaración-liquidación deberá presentarse acompañada de xustificante de ter ingresado a cota tributaria, ó tempo que insta ó outorgamento da correspondente licencia urbanística.

Artigo 6º. - Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións para o seu desenvolvemento.

Artigo 7º. - Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que polas  mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.