Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 13, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
Artigo 1.- Feito impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obra urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a esta Municipio.
2.- As construcións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:
A) Obras de construción de edificacións e instalacións, de todas clases, de nova planta.
B) Obras de demolición
C) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
D) Aliñacións e rasantes
E) Obras de fontanería e sumidoiro
F) Obras en cemiterios.
G) Calquera outras construcións, instalacións ou obras que requiran licencia de obra urbanística.
Artigo 2.- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas, xurídicas ou as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Ós efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o coste que comporte a súa realización.
2.- Ten a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construcións, instalacións ou obras, se non foran os propios suxeitos pasivos contribuíntes.
Artigo 3.- Base impoñible, cota e devengo
1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo coste real e efectivo da construción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estes efectos, o custe de execución material de aquela.
Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, ca construción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o coste de execución material.
2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.- O tipo de gravame será o 4 por 100 .
4.- O imposto devengarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.
Artigo 4.- Bonificacións.
1.- En aplicación do artigo 103.2.a) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, poderán beneficiarse das seguintes bonificacións na cota tributaria:
a) As promovidas polas administracións públicas para a implantación de servizos públicos ou servizos de interese comunitario, bonificación do 95%.
b) As promovidas por entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e destinadas a fins ou actividades non lucrativas que complementen ou suplan os servizos de competencia municipal, bonificación do 75%.
c) As de reparación ou conservación de inmobles declarados de interese cultural ou incluídos nun catálogo municipal como de protección urbanística integral, bonificación do 75%. Cando os bens catalogados gocen de protección non íntegra aplicarase a bonificación do 50%.
d) A construción, rehabilitación ou reparación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social, ou cando nelas conviva algunha persoa que teña recoñecido pola Seguridade Social un grado de Incapacidade Permanente Absoluta para todo traballo, terá unha bonificación do 95%.
e) As promovidas por traballadores autónomos que xeren 1 posto de traballo adicional, a maiores do propio autónomo, sempre que sexa a xornada completa e o contrato acade unha duración mínima de 2 anos, terá unha bonificación do 95%.
f) As construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal, por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulado no artigo 74.2 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora de facendas locais. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego.
A bonificación contemplada neste último apartado aplicarase conforme aos seguintes tramos e requisitos de emprego creado:
I. Bonificación do 50% cando se contraten ate 10 traballadores a xornada completa que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do INEM.
II. Bonificación do 75% cando se contraten entre 11 e 20 traballadores a xornada completa e que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do INEM.
III. Bonificación do 95% cando se contraten mais de 20 traballadores a xornada e que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do INEM.
Os beneficiarios deberán solicitar a bonificación no momento da solicitude de licenza ou presentación da declaración responsable ou comunicación previa, achegando un compromiso do número dos novos postos de traballo que se vaian crear.
O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo. Esta circunstancia deberá ser acreditada ante os servizos urbanísticos no prazo máximo de 1 mes dende o outorgamento da licenza de primeira ocupación coa presentación dos contratos de traballo e as altas na seguridade social dos novos postos de traballo creados. No caso de comunicación previa ou declaración responsable, este prazo computarase dende a data que o beneficiario sinale como de finalización das obras na súa declaración ou comunicación. O non cumprimento deste requisito dará lugar o inicio do correspondente expediente de reintegro.
2.-As bonificacións reguladas no apartado anterior serán de carácter rogado, debendo presentar o suxeito pasivo a correspondente solicitude, coa que se achegaran os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso no momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licencia ou presentación da declaración responsable ou comunicación previa.
Corresponde ao Pleno do Concello a declaración de especial interese ou utilidade municipal e o outorgamento das anteriores bonificacións, que se acordará previa solicitude do interesado, presentada con anterioridade é realización do feito impoñible.
3.-A bonificación concedida en aplicación dos apartados 1 e 2 anteriores, en ningún caso será superior aos 200.000 €.
4.-As bonificacións previstas neste artigo esixiran:
Solicitude do interesado
Informe dos servizos municipais correspondentes (urbanismo, cultura, emprego, medio ambiente, servizos sociais) e demais informes que consonte á normativa de aplicación sexan preceptivos.
Acordo do pleno.
As solicitudes de bonificación incluídas neste artigo deberán presentarse coincidindo coa solicitude da correspondente licenza ou presentación da correspondente comunicación previa ou declaración responsable.
Artigo 5.- Xestión
1.- Cando se conceda a licencia preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo visarase polo Colexio Oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de conformidade co custo estimado do proxecto.
2.- Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
Artigo 6.- Inspección e recadación
A inspección e recadación do imposto realizarase de conformidade co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenrolo.
Artigo 7.- Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas demais disposicións que a complementan e desenrolan.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
O réxime de bonificacións contemplado no artigo 4º desta ordenanza será de aplicación a todas as obras cuxo feito impoñible se produza durante a vixencia desta ordenanza, sempre e cando se cumpran a totalidade dos requisitos esixidos no indicado artigo 4.