Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 13, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.
1.- No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 59.2. do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais (TRLRHL en diante), este Concello establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do TRLRHL, polas disposicións que o desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.
O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto, e o seu feito impoñible está constituido pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a dita licenza, ou para a que se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, nos termos previstos na normativa de aplicación, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao Concello de Coristanco.
ARTIGO 3º.- EXENCIÓNS.
Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa titular o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que, estando suxeita ao mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de vilas e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se trate de obras de inversión nova coma de conservación.
Non se atopan exentas, polo tanto, as construccións, instalacións ou obras das que sexan titulares os entes antes enumerados cando non se destinen aos usos anteriormente descritos.
ARTIGO 4º.- SUXEITOS PASIVOS.
1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuintes, as persoas físicas, as persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre do que se realice aquela. A estos efectos previstos, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2.- No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo aqueles que soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas,ou quenes realicen as construccións, instalacións ou obras. O susbtituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita, consonte ás normas do Dereito Privado.
ARTIGO 5.- BASE IMPOÑIBLE
1.- A base impoñible do imposto está constituida polo custe real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, a estes efectos, o custe de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible:
1. O Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de réximes especiais.
2. As taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra.
3. Os honorarios de profesionais.
4. O beneficio empresarial do contratista, no suposto de que éste esista. Nos supostos de autopromoción polo propio construtor non se poderá deducir o beneficio empresarial de terceiros subcontratistas que facturen directamente ao promotor-construtor que sexa dono da obra.
5. Calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custe de execución material.
2.- O cálculo da base impoñible a efectos da liquidación provisional do imposto realizarase:
1. Nos supostos nos que resulte esixible a autoliquidación do imposto, polos propios interesados, no modelo normalizado aprobado pola Alcaldía, tomando como referencia para a contificación da mesma o Presuposto de Execución Material segundo os módulos establecidos no Anexo da presente Ordenanza, esto é, os módulos do Anexo I, se resultasen de aplicación ao caso, ou, no seu defecto, os do Anexo II, coa excepción prevista no parágrafo segundo do art. 10.2 da presente Ordenanza, é dicir, aqueles supostos de obra menor que soliciten a aplicación das bonificacións previstas no art. 7, apartado 1.1.A), desta norma, nos que será determinada pola Administración segundo o previsto no parágrafo seguinte.
2. Nos supostos nos que só se esixa a declaración do imposto, mediante a presentación da oportuna solicitude de licenza administrativa, será determinada pola Administración, a través da Área de Urbanismo e Obras, tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza, e o Anexo II para os supostos nos que sexa de imposible aplicación o previsto no Anexo I.
3. Cando do proxecto ou solicitude presentada se infira que o orzamento presentado polo interesado consonte á súa propia valoración ¿aportando, no seu caso, o presuposto da contrata da obra-, sendo superior ao determinado consonte aos módulos expresados nos apartados a) e b), é máis axeitado á realidade da obra, estarase ao aportado polo interesado.
ARTIGO 6º.- COTA TRIBUTARIA ÍNTEGRA.
1 A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible os seguintes tipos de gravame:
Tipo de gravame | Obxecto |
2 por 100 | Construcións, instalacións ou obras en solo de núcleo rural |
2 por 100 | Construcións, instalacións ou obras en explotación gandeiras que suxeitas a avaliación ambiental de calquera tipo, ou con o trámite ambiental en vigor. |
4 por 100 | Construción, instalacións ou obras incluídas en proxectos relativos a produción de enerxía eléctrica ou de combustibles con potencias superiores a 100kW, incluídas as de liñas de evacuación e subestacións accesorias aos anteriores. No caso da produción de combustibles a potencia determinarase en base a capacidade de almacenamento/produción. |
2,5 por 100 | Resto de construcións, instalacións ou obras non incluídas nos epígrafes anteriores |
O imposto devéngase no momento de iniciar a construcción, instalación ou obra aínda cando non se obtivese o correspondente título habilitante.
ARTIGO 7º.- BONIFICACIÓNS POTESTATIVAS DO TRLRHL 2/2004.
1.- O Concello de Coristanco, en virtude do previsto no art. 103.2 do TRLRHL establece as seguintes bonificacións:
En aplicación do artigo 103.2. a) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, as construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración, poderán beneficiarse das seguintes bonificacións na cota tributaria:
a) As promovidas polas administracións públicas para a implantación de servizos públicos ou servizos de interese comunitario, bonificación do 95%.
b) As promovidas por entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e destinadas a fins ou actividades non lucrativas que complementen ou suplan os servizos de competencia municipal, bonificación do 75%.
c) As de intervención en inmobles declarados de interese cultural ou incluídos nun catálogo de protección patrimonial, bonificación do 75%.
d) A construción, rehabilitación ou reparación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social, bonificación do 95%.
e) As destinadas ao primeiro establecemento ou á implantación de empresas no Polígono
Industrial de Coristanco, bonificación do 95%.
f) As promovidas por traballadores autónomos que xeren 1 posto de traballo adicional, a maiores do propio autónomo, sempre que sexa a xornada completa e o contrato acade unha duración mínima de 2 anos, terá unha bonificación do 95%.
g) Bonificación pola creación de emprego (apartado A) para a modernización do comercio de locais comerciais (apartado B).
As bonificacións previstas en cada un dos apartados serán incompatibles entre si, debéndose cumprir os seguintes requisitos:
A) BONIFICACIÓN POLA CREACIÓN DE EMPREGO:
A bonificación poderá ser concedida cando se cumpran os requisitos que seguen: Inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulado no artigo 74.2 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora de facendas locais. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego. En relación con esta bonificación estableceranse os seguintes tramos:
- o 95% pola creación de mais de 20 postos de traballo, a xornada completa e que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do Servicio Público de Emprego.
- o 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo, a xornada completa e que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do Servicio Público de Emprego
- o 50% pola creación de ata 10 postos de traballo, a xornada completa e que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do Servicio Público de Emprego
Os beneficiarios deberán solicitar a bonificación presentando as altas na Seguridade Social e contratos de traballo dos novos empregados/as dentro do prazo de 15 días dende o otorgamento da licenza de primeira ocupación ou utilización. No momento da solicitude da Licenza adxuntarase un compromiso de creación do número de postos de nova creación que vaia a xerar.
Corresponde ao Pleno do Concello a declaración de especial interese ou utilidade municipal e o outorgamento das anteriores bonificacións, que se acordará previa solicitude do interesado, presentada con anterioridade é realización do feito impoñible.
B) BONIFICACIÓN POR MODERNIZACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS DA PEQUENA E MEDIANA EMPRESA:
A bonificación poderá ser concedida ás pequenas e medianas empresas, considerándose coma tales as que se adiquen á fabricación ou venda de productos en áreas únicas de superficie inferior a 400 metros cadrados, cando cumpran os seguintes requisitos:
1º/ Que se trate de obras de reforma, rehabilitación ou reparación de comercios abertos con máis de cinco anos de antigüidade.
2º/ Que as obras sexan executadas por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido en Coristanco con alomenos un ano de antigüidade.
Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación virá determinada polo importe do presuposto de execución material da obra, segundo o seguinte cadro:
PRESUPOSTO DE EXEC. MATERIAL | PORCENTAXE BONIFICACIÓN |
Ata 18.000 € | 25 % |
De 18.000,01 a 30.000 € | 50 % |
Mais de 30.000 € | 95 % |
g) BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. b) TRLRHL.
Gozarán dunha bonificación do 95 % da cota do imposto as construccións, instalación ou obras que consistan en incorporar sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, restrinxida ao custe de instalación e obra dos ditos sistemas, e non extensible, por tanto, ao custe total da instalación, construcción ou obra. A bonificación deberá solicitarse xunto coa petición da licenza municipal ou coa presentación da declaración responsable ou comunicación previa, e deberá desglosarse o presuposto e compoñentes da actuación que se refiren á montaxe e incorporación do sistema. A aplicación desta bonificación quedará condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
h) BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. d) TRLRHL.
Gozarán dunha bonificación do 50 % as construccións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial. Deberá solicitarse xunto coa petición de licenza municipal.
i) BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. e) TRLRHL.
Gozarán dunha bonificación do 90 % todas as construccións, instalacións ou obras tendentes a facilitar as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, tan só sobre do custe referido á adaptación ou mellora. Deberá solicitarse xunto coa petición de licenza municipal ou coa presentación da comunicación previa ou declaración responsable, e estará supeditada á posterior comprobación do cumprimento das condicións urbanísticas aplicables á adaptación para persoas minusválidas.
As bonificacións aquí reguladas serán de carácter rogado e incompatibles entre si, debendo presentar o suxeito pasivo a correspondente solicitude, coa que se adxuntarán os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso:
1. Para xustificar o requisito da contratación de traballadores abondará inicialmente coa presentación dunha declaración xurada por parte do promotor ou titulado mercantil das obras, na que figuren os datos dos traballadores que van a ser contratados cando se rematen as obras. Neste suposto, a bonificación concederase baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse copia autenticada dos correspondentes contratos de traballo no prazo de seis meses desde o remate das obras, quedará sen efecto a bonificación concedida, ditándose nova liquidación pola contía deixada de ingresar, segundo o previsto na normativa tributaria.
2. Para xustificar o requisito da contratación das obras, deberanse presentar, unha vez rematadas as mesmas, copias das facturas xustificativas dos pagamentos realizados aos contratistas, no prazo de seis meses desde o remate das mesmas, ou, de existir, desde a data de emisión do certificado final de obras. De non aportarse, quedará sen efecto a bonificación concedida, ditándose nova liquidación pola contía deixada de ingresar, segundo o previsto na normativa tributaria.
3. A bonificación relativa á implatanción de sistemas de aproveitamento térmico ou electríco da enerxía sola, xustificarase coa documentación xa obrante no proxecto/memoria, debendo constar os certificados de homologación dos colectores na mesma.
4. As bonificacións previstas nos apartados h) e i) non precisarán de máis xustificación que a documentación obrante no proxecto/memoria.
6.- As construccións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a licenza municipal, ou sen teren presentado a declaración responsable ou comunicación previa, no seu caso, non poderán acollerse, en ningún caso, aos beneficios fiscais previstos neste artigo.
7.- As solicitudes de bonificación deberán ser presentadas xunto coa solicitude de licenza ou coa comunicación previa/declaración responsable, non admitíndose a súa presentación, no caso de obras suxeitas a licenza, despois da data de concesión da mesma, ou, se se tratase de supostos de autoliquidación obrigatoria, despois do prazo de vencemento da obriga de autoliquidar, e, no suposto de obras suxeitas a comunicación previa, se non fosen presentadas xunto coa comunicación, perdendo, pois, o dereito á tramitación da bonificación.
2.¿A bonificacións concedidas en aplicación dos apartados anteriores, en ningún caso será superior aos 200.000 €.
ARTIGO 8º.- COTA TRIBUTARIA LÍQUIDA.
A cota tributaria líquida será o resultado de practicar, no seu caso, sobre da cota tributaria íntegra, as bonificacións previstas nesta Ordenanza, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.
ARTIGO 9º.- DEIVINDICACIÓN: NACEMENTO DA OBRIGA TRIBUTARIA.
1.- O imposto retribuirase no momento de comenzar a construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza, ou non se tievera presentado a preceptiva comunicación previa ou declaración responsable.
2.- Nos supostos de inicio das obras sen se teren presentado as preceptivas solicitudes de licenza, ou comunicación previa ou declaración responsable, a data de inicio das obras será tida en conta aos efectos de determinar a falta de ingreso das cotas, que suporá a esixibilidade dos recargos de constriximento ou a comisión de infracción tributaria por falta de ingreso do imposto.
ARTIGO 10º.- NORMAS DE XESTIÓN.
1.- O procedemento de xestión do tributo será diferenciado en función do tipo de obra do que se trate.
2.- No suposto de solicitude de licenzas de obra menor, ou da presentación, cando así proceda, de declaracións responsables/comunicacións previas que comporten a realización de obras, sexan estas maiores ou menores, o interesado deberá acompañar á solicitude da licenza, á comunicación previa ou á declaración responsable, o xustificante de pagamento da autoliquidación do I.C.I.O. no modelo normalizado aprobado polo Concello, determinándose a base impoñible da súa declaración-liquidación aplicando os módulos establecidos no Anexo desta Ordenanza. A Administración tributaria poderá ditar unha liquidación provisional modificando a autoliquidación nos supostos nos que se aprecie un erro na confección da mesma, xa sexa aritmético ou formal coma de interpretación dos elementos determinantes da aplicación dos módulos previstos na presente Ordenanza, que determine unha errónea estimación da base impoñible ou do tipo de gravame, sen prexuízo da ulterior comprobación da obra efectivamente executada para efectuar a liquidación definitiva do imposto.
Nos supostos de obras menores que desexen acollerse ás bonificacións contidas no art. 7 da presente Ordenanza, o réxime de autoliquidación terá as seguintes especialidades:
1. No suposto de se solicitar a bonificación relativa á creación de emprego non será esixible a autoliquidación previa do ICIO, someténdose ao réxime de liquidación administrativa.
2. No suposto de se solicitar a bonificación prevista nos apartados g) h) e i) do artigo 7.1, os interesados deberán autoliquidar o imposto, consonte ás regras do apartado 2 do presente artigo, podéndose aplicar, directamente, a porcentaxe de bonificación que proceda segundo o caso, quedando sometidos á posterior verificación administrativa da adecuación da mesma aos requisitos da presente Ordenanza.
3.- No suposto de solicitude de licenza de obra maior, cando se tome o acordo de conceder a licenza, aprobarase asimesmo a correspondente liquidación provisional, que deberá ser notificada de inmediato ó suxeito pasivo nos termos establecidos na Lei Xeral Tributaria. Cando se teña solicitado a bonificación de promoción de emprego do artigo 7 desta Ordenanza, a liquidación emitirase unha vez sexa outorgada ou denegada a mesma polo Pleno da Corporación.
4.- Á vista das construccións, instalacións ou obras realizadas e do custe real e efectivo das mesmas, o Concello, previa a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva, esixindo ao suxeito pasivo ou devolvéndolle, no seu caso, a cantidade que corresponda. Esta devolución terá o carácter de devolución derivada das normas do propio tributo segundo o previsto no art. 31 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O prazo máximo para realizar a Administración ou solicitar o interesado a comprobación definitiva será de catro anos, contados desde a data que sexa acreditada coma de finalización de obra. A estes efectos, a dita data será a da escritura notarial de finalización da obra. Os certificados emitidos polos técnicos competentes en materia de edificación non terán validez acreditativa por sí sós, sendo, simplemente considerados coma indicios de proba.
5.- Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, comunicación previa ou declaración responsable, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, coma autonómica e local. A dita solicitude de licenza urbanística, presentación de declaración responsable ou comunicación previa, terá o valor de declaración tributaria, por canto dos elementos que acompañan a aquela poderase deducir a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licenza, comunicación previa ou declaración responsable, antes do inicio das obras, a conducta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo seguinte.
ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En materia de infraccións e de sancións, serán aplicables, segundo dispón o artigo 11 do TRLRHL, o disposto na Lei xeral tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
Disposicións.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA.-
Esta Ordenanza será aplicable, nos seus aspectos tributarios, a todas aquelas obras que aínda non fosen iniciadas na data da súa entrada en vigor, aínda que a solicitude das mesmas fora anterior á data de entrada en vigor da Ordenanza, e incluso aínda que teñan obtido a pertinente licenza con anterioridade á entrada en vigor da mesma, se aínda non se tivera iniciado a construcción, instalación ou obra.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.-
Esta Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.
Anexos
ANEXO I:
CÁLCULO DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL DE OBRAS MAIORES
1. NORMAS XERAIS
1. CRITERIOS DE VALORACIÓN
1.1.1.- Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponde dacordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non, segundo o bo xuízo do arquitecto, as superficies destinadas a usos minoritarios.
1.1.2. - A superficie total construida é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos dos medianís compartidos, de ser o caso.
Nos edificios de vivendas, as superficies de desváns accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de seren destinadas a vivenda, serán incluídas no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,80 mts. (Normas de Habitabilidad de Viviendas en Galicia) serán valoradas co uso de vivenda.
2. TRABALLOS POR FASES
1.2.1.- En aplicación do R.D. 2512/1977 sempre será posible contratar e realizar un traballo por fases.
1.2.2.- Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o Módulo básico Mb vixente no momento da comprobación de cada unha delas. Nos Proxectos de Execución aplicarase o mesmo módulo que no Proxecto Básico se aínda non transcorreron seis meses desde a tramitación deste último. No caso contrario, e se o Módulo básico vixente fose distinto, aplicarase o novo módulo.
1.2.3.- Cando o encargo sexa en misión completa, xunto co Proxecto básico poderán acompañarse os oficios de dirección.
1.2.4.- Nos Proxectos de Execución incluiranse medicións e presuposto de execución material con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos, presuposto que poderá ser estimado por calquera método de cálculo, aínda que se recomenda utilizar como valor de referecia o resultanteda aplicación deste Manual.
1.2.5.- Nos encargos que contemplen exclusivamente o Proxecto Básico, ou o Proxecto Básico e de Execución, non se entregarán os oficios de dirección por non estar contratada esta fase.
2.-ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN
2.1.- DEFINICIÓNS
Mb.- Módulo Básico.
Mc.- Módulo de construcción ou de referencia. S.- Superficie total construida, en m2.
Si.- Superficie construida por uso dacordo co destino predominante nela, en m2.
Ct.- Coeficiente corrector en función do tipo da edificación.
Cu.- Coeficiente corrector en función do uso da edificación.
Pmb.- Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos. PEM.- Presuposto de Execución Material do proxecto.
2. VALORES DE APLICACIÓN
1. MODULO BÁSICO: Mb.
O Módulo Básico (Mb) establecido por esta ordenanza, tomarase como base ou módulo seguindo os criterios establecidos pola ¿ RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017 , da Axencia Tributaria de Galicia , no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral para o ámbito xeográfico do concello de Coristanco . Actualizado este valor , segundo o incremento da variación do IPC publicada polo instituto nacional de Estadística (INE) , quedando ou módulo de referencia de 675,00 euros / m²
2. SUPERFICIE CONSTRUIDA POR USO: Si.
Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda dacordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non as superficies destinadas a usos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1.1.
3. COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.
Tipoloxia Edificatoria | ct |
Edificacións de Nova Planta e Adicións | 1,00 |
Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3º | 1,20 |
Agrupación en ringleira. Sotos 1º e 2º. | 1,10 |
Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta vivenda colectiva. | 1,00 |
En Obras de Reforma e Rehabilitación | |
Rehabilitación total, incluíndo a desmontaxe de fachadas | 1,20 |
Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas. | 1,00 |
Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura existente. | 0,65 |
Reformas de elementos estructurais. | 0,50 |
Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpinterías e cerramentos (aplicado á superficie de fachada). | 0,35 |
Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores). | 0,30 |
Demolicións e derrubos (aplicada á superficie total das plantas que se van derrubar) Coeficiente de uso cu = 1 | 0,02 |
4. COEFICIENTE DE USOS: Cu
Usos da edificación. | cu |
Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios. | 1,60 |
Hospitais. Laboratorios. Igrexas. | 1,50 |
Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas. | 1,40 |
C!ubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia. | 1,30 |
Casas da Cultura. Casas Consistoriais. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3ª idade. Apart-Hoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros. | 1,20 |
Vivenda. Hoteis 2**. Residencias Universitarias. Moteis. | 1,10 |
Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. HostaisResidencias. Restaurantes. Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinascubertas. | 1,00 |
Bares. Mercados. | 0,90 |
Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos camping. | 0,80 |
Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais industriaescaparate. | 0,65 |
Piscinas descubertas. Cemiterios. | 0,50 |
Locais en planta baixa ou semisoto se uso específico. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servizo. | 0,40 |
Trasteiros. Pórticos, soportais e terrazas abertas. | 0,35 |
Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Alpendres, pendellos ou cubertos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho). | 0,30 |
Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings Coeficiente por tipo edificatorio Ct = 1 | 0,10 |
Xardíns. Camiños de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos | 0,05 |
3. OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PMb.
Como xa quedou dito, o valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional e credibilidade do traballo de arquitectura.
O custe da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo poderá obterse en función do Módulo de construcción, Mc, e da superficie construida para cada uso, segundo as seguintes fórmulas:
1. MÓDULO DE CONSTRUCCIÓN:
O Módulo de Construcción, Mc, obtense pola seguinte fórmula: Mc = Mb x Ct x Cu
Sendo:
Mc = Módulo de construcción. Mb = Módulo básico.
Ct = Coeficiente por tipo edificatorio. Cu = Coeficiente por uso.
Nos casos nos que un proxecto non se axuste aos tipos edificatorios ou aos usos antes definidos, aplicarase a media entre os que máis se lle asemellen.
2. PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS:
PMb PMb. = ¿ (Mci x Si)
Sendo:
PMb = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.
Mci = Módulo de construcción dacordo co destino predominante da superficie.
Si = Superficie construida por cada uso parcial dacordo co destino predominante nela.
ANEXO II:
IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E
OBRAS. ANEXO DE VALORACIÓNS DE OBRAS MENORES.
Este cadro de módulos valorativos tan só se aplicará cando sexa imposible aplicar, por razón da concreta obra menor, o módulo xeral Mb de obra maior do Anexo I.
CERRAMENTOS DE FINCAS | |
Formación de peche opaco acorde o estipulado no Pxom de Coristanco incluido p.p de cimentación | 100,00 €/m² |
Formación de peche opaco acorde o estipulado no Pxom de Coristanco incluido p.p de cimentación se non existe parte opaca | 50,00 €/m2 |
CUBERTAS (Medición en planta) | |
Cubrición estructura cuberta acabado según Pxom de Coristanco incluido p.p de medios auxiliares | 50,00 €/m2 |
Formación de vertentes de cuberta con correas de Madeira, ferro ou formigon pretensado incluido p.p de medios auxiliares | 50,00 €/m2 |
Cuberta completa (inclúese estructura soporte de madeira, ferro , formigón pretensado¿ e o material de cubrición ) según Pxom de Coristanco incluido p.p de medios auxiliares | 100,00 €/m2 |
Canalón e Baixantes de Pluviais incluido p.p de medios auxiliares | 20,00 €/ml |
REMATES DE FACHADA | |
Pintura impermeable en fachadas incluido p.p de medios auxiliares | 10,00 €/m2 |
Enfoscado de Fachada incluido p.p de medios auxiliares | 15,00 €/m2 |
Rexuntado de muros de pedra incluido p.p de medios auxiliares | 15,00 €/m2 |
CERRAXERÍA | |
Pintura e/ou restauración de carpintería exterior | 75,00 €/m² |
Portal de garaxe ou de parcela para vehiculos | 275,00 €/m² |
Porta ou cancela peatonal | 500,00 €/ud |
REMATES INTERIORES | |
Porta de paso, incluidas ferraxes | 300,00 €/ud |
Revestimento de solo con pavimento cerámico, madeira,vinílico... | 30,00 €/m2 |
Alicatado | 30,00 €/m2 |
División interior de ladrillo enfoscado ou de placas de xeso laminado | 40,00 /m2 |
OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIONS HIXIENICO - SANITARIAS E DE HABITABILIDADE | |
Arqueta de rexistro de dimensións 50x50 cm | 75,00 €/ud |
Tubería de formigón ou PCV (ata diámetro 315 mm) | 20,00 €/ml |
Fosa séptica para unha vivenda unifamilair | 1.000,00 €/ud |
Lavado (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 300,00 €/ud |
Bañeira ou ducha(incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro | 400,00 €/ud |
Inodoro (incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 300,00 €/ud |
Rede interior de auga fría e quente por estancia . | 300,00 €/ud |
Instalacion de Caldeira ou bomba de calor para unha vivenda unifamiliar | 4.000,00 €/ud |
Instalación interior de emisor térmico de calefacción formado por tubería, conexions e tuberia | 500,00 €/ud |
Quentador de auga ou Acumulador de ACS incluido conexions para unha vivenda unifamiliar | 1.000,00 €/ud |
ACONDICIONAMENTO TERMICO, ILLAMENTO E ESTANQUEIDADE DAVIVENDA | |
Formación de cerramento exterior de doble folla incluído p.p de medios auxiliares | 50,00 €/m² |
Colocacion de SATE (sin descontar hocos)incluído p.p de medios auxiliares | 50,00 €/m2 |
Sustitucion de Carpinteria exterior incluso acristalamento incluído p.p de medios auxiliares | 300,00 €/m2 |
INSTALACIONS ELECTRICAS | |
Instalación cadro xeral en vivenda, incluso mecanismos de protección conforme aos vixentes regulamentos. | 1.000,00 €/ud |
Instalación eléctrica por estancia, incluso cableado e conforme aos vixentes regulamentos | 100,00 €/ud |
VARIOS | |
Desbroce e limpeza manual de terreo | 5,00 €/m² |
Movemento de terras | 5,00 €/m3 |
Soleira de formigón e encachado de pedra. | 25,00 €/m² |
Muros de contención de terras de formigón armado incluido cimentación ( altura menor de 1,50 m) | 125,00 €/m² |
Demolición de tabiquería interior | 10,00 €/m2 |
Retirada de correas en cuberta . | 10,00 €/m2 |
Retirada de cuberta de tella ou fibrocemento. | 10,00 €/m² |
Retirada de cuberta con placas de amianto | 15,00 €/m2 |
NOTA: En caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste Anexo II, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestimar a valoración realizada.