Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 13, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
Artigo 1.-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do término municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obra urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Municipio.
Artigo 2.-Suxeitos pasivos
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas, xurídicas ou as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Ós efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2.-Ten a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quenes soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non foran os propios suxeitos pasivos contribuíntes.
Artigo 3.-Base impoñible, cota e devengo
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custe real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estes efectos, o custe de execución material de aquela.
Non forman parte da base impoñible o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, ca construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custe de execución material.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame será o 2,5 por 100.
4.-O imposto devengarase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.
Artigo 4.-Xestión
1.-Cando se conceda a licencia preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo visarase polo Colexio Oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.
2.-Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
Artigo 5.-Inspección e recadación
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.
Artigo 6.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas demais disposicións que a complementan e desenrolan.
Disposición final
A presente Ordenanza Fiscal, cuia redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 10 de novembro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a aplicarse a partir do día un de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.