Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 13, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.

Publicación provisional: 15/11/2003 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 05/12/2018

Artigo 1.-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obra urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a esta Municipio.

2.-As construcións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:

a) Obras de construción de edificacións e instalacións, de todas clases, de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.

d) Aliñacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e sumidoiro.

f) Obras en cemiterios.

g) Calquera outras construcións, instalacións ou obras que requiran licencia de obra urbanística.

Artigo 2.-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas, xurídicas ou as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Ós efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o coste que comporte a súa realización.

2.-Ten a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construcións, instalacións ou obras, se non foran os propios suxeitos pasivos contribuíntes.

Artigo 3.-Base impoñible, cota e devengo.

1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo coste real e efectivo da construción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estes efectos, o coste de execución material de aquela.

Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de reximenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, ca construción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o coste de execución material.

2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3.-O tipo de gravame será o 4 por cento.

4.-O imposto devengarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.

Artigo 4.-Bonificacións.

1.-O Pleno da Corporación poderá conceder unha bonificación a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego nas seguintes circunstancias:

I. Bonificación do 25% cando se contraten ate 5 traballadores que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do INEM.

II. Bonificación do 50% cando se contraten ate de 10 traballadores que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do INEM.

III. Bonificación do 75% cando se contraten ate 20 traballadores que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do INEM.

IV. Bonificación do 95% cando se contraten mais de 20 traballadores que figuren como demandantes de emprego nas oficinas do INEM.

2.-A bonificación regulada no apartado anterior será de carácter rogado, debendo presentar o suxeito pasivo a correspondente solicitude, coa que se achegaran os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso no momento de achegar a documentación necesaria para a obtención da correspondente licencia.

Para xustificar o requisito da contratación de traballadores abondará inicialmente coa presentación dunha declaración xurada por parte do promotor ou titulado mercantil das obras, na que figuren os datos dos traballadores que van a ser contratados na realización da construción, instalación ou obra ou, no caso de establecemento de novas actividades comerciais ou industriais, cando se rematen as obras.

A bonificación concederase baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse copia autenticada dos correspondentes contratos de traballo no prazo de 15 días desde o inicio das obras ou seis meses desde o remate das obras, no caso de establecemento de novas actividades comerciais ou industriais, quedará sen efecto a bonificación concedida e a Tesourería Municipal esixirá o importe da bonificación pola vía de constrinximento.

Artigo 5.-Xestión.

1.-Cando se conceda a licencia preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo visarase polo Colexio Oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de conformidade co custo estimado do proxecto.

2.-Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Artigo 6.-Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizarase de conformidade co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenrolo.

Artigo 7.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas demais disposicións que a complementan e desenrolan.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 28 de novembro de 2018, entrará en vigor e será de aplicación no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.