Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 13, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.

Publicación provisional: 15/11/2003 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 22/12/2015

Artigo 1.-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanísticas, téñase obtivo ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao concello de Coristanco.

Artigo 2.-Suxeitos pasivos

1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas, xurídicas ou as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Ós efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.

2.-Ten a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quenes soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non foran os propios suxeitos pasivos contribuíntes.

Artigo 3.-Base impoñible, cota e devengo

1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custe real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estes efectos, o custe de execución material de aquela.

Non forman parte da base impoñible o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, ca construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custe de execución material.

2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3.- O tipo de gravamen será do 4 por 100.

4.-O imposto devengarase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.

Artigo 4.-Xestión

1-. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e a edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que se acompañen a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licenza, declaración responsable ou comunicación previa antes do inicio das obras, a conduto, sen perxuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, nos termos do artigo 6 da presente ordenanza fiscal.

2-. O procedemento de xestión do tributo será diferenciado, así:

A) Réxime de autoliquidación:

Establécese o réxime de autoliquidación do imposto para o suposto de realización de construción, instalacións e obras para cuxa realización se esixa declaración responsable ou comunicación previa. Así, o suxeito pasivo está obrigado a presentar xunto ca declaración responsable ou comunicación previa a autoliquidación no modelo normalizado facilitado polo concello e o xustificante de ter ingresado nas contas municipais a cota resultante. No suposto de que na autoliquidación presentada se detectaran erros aritméticos, formais ou de aplicación dos elementos determinantes da base impoñible ou do tipo de gravame a Administración tributaria poderá ditar unha liquidación complementaria modificando a citada autoliquidación.

B) Réxime de liquidación de ingreso directo:

Establécese o réxime de liquidación de ingreso directo para o suposto de realización de construción, instalación e obras para cuxa realización se esixa a obtención de licenza de obra ou urbanística. Cando se conceda a licenza preceptiva, practicarase unha liquidación provisional que será notificada ao suxeito pasivo para o seu pago nos prazos fixados pola lexislación tributaria.

3-. O pagamento da autoliquidación presentada ou modificada ou da liquidación provisional aprobada terán carácter provisorio e serán a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez realizadas as construción,instalación ou obras. Así, unha vez rematadas estas, e tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado primeiro deste artigo, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que resulte.

4-. No suposto de que non se inicien as construción, instalación e obras, o interesado terá dereito a devolución das cantidade, que no seu caso tivera satisfeitas en concepto de imposto sobor de instalación, construción e obras, sempre e cando formule renuncia expresa a licenza, ou sexa declarada a caducidade mediante resolución administrativa. Do mesmo xeito terá dereito a devolución do ingresado logo da renuncia expresa a realización das obras nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.

Artigo 5.-Inspección e recadación

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.

Artigo 6.-Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas demais disposicións que a complementan e desenrolan.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.