Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO ABASTECEMENTO DE AUGA

Publicación provisional: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 28/02/2024

Artigo 1. Fundamento e réxime.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da lei 39/1988 de 28 de decembro regulador das facendas locais, este concello establece a taxa polo subministro de augas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo da distribución de auga potable a domicilio, ou enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.

Artigo 3. Suxeitos pasivos.-

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servizos a que se refire esta ordenanza.

Artigo 4. Responsables.-

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os coparticipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da lei xeral tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da lei xeral tributaria

Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria

A base impoñible estará constituída por:

As acometidas á rede xeral : o feito da conexión á rede por cada local comercial e vivenda individual .

No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas seguintes tarifas:

A) TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO

Abonados domésticos

Tarifa servizo

E&D

Canon Concello

€/ab.mes

€/ab.mes

€/ab.mes

Cota fixa

4,995

3,903

1,092

Consumo

1º Bloque

0 a 10 m3/ab.mes

0,361

0,282

0,078

2º Bloque

máis de 10 a 20 m3 /ab.mes

0,450

0,351

0,099

3º Bloque

máis de20 ma 40 m3 / ab.mes

1,361

1,064

0,297

Excesos

máis de 40 m3/ab.mes

1,449

1,132

0,317

Aboados industriais, comerciais e obras

Tarifa servizo

E&D

Canon Concello

€/ab.mes

€/ab.mes

€/ab.mes

Cota fixa

6,676

5,216

1,460

Consumo

€/m3

€/m3

€/m3

Por cada m3 consumido

0,768

0,600

0,168

Ganderías

Terán un desconto do 50 % sobre as cotas industrial e comercial

2 Altas de contratos

€/ud

Por vivenda

56,56 €

Por local comercial

113,13 €

Por planta baixa sen dividir

O importe obterase de multiplicar polo n.º de vivendas que corresponda por planta

113,13 €

Industrias situadas fora do polígono industrial

Ata 2 obreiros

113,13 €

Máis de 2 e ata 20 obreiros

339,41 €

Máis de 20 e ata 50 obreiros

565,68 €

Máis de 50 obreiros

1.131,36 €

Naves industriais situadas nos Polígonos industriais

Ata 500 m2

565,68 €

Máis de 500 m2 e ata 2000 m2

1.131,36 €

Máis de 2000 m2

1.697,03 €

Promotores de 2 ou máis vivendas unifamiliares *

580,95 €

Promotores de vivendas colectivas (edificios colectivos)

580,95 €

* O aboamento da taxa efectuarase pola empresa promotora da edificación e será por cada vivenda no caso de promoción de vivendas unifamiliares e por cada vivenda no caso de promoción de vivendas colectivas

3 Cota por conservación de contadores e acometidas

€/ud

Cota

0,793

4 Xestión de cobros a impagados0

Cobro aos aboados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pagamento

4,53 €

5 Desprecintado de contador

Desprecintado de contador

18,689

6 Conexión á rede de abastecemento e precintado de racores

Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servizo

20,764

B) PREZO DE ACOMETIDAS E CONTADORES DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO

1 Prezo de acometidas do servizo de abastecemento

Faise o cálculo á acometida normal de 5 m. de lonxitude máxima (1 a 5 m.)

Materiais

a) Ud. de collarín de toma

b) Ud. de enlaces

c) Tubaxe de P.E.B.D.: 1 a 5 m

d) Ud. de chave de paso

e) Tapa de función de 15x25 cm

Obra civil

f) Ud. de arqueta para colocación de tapa de 15x25

g) 1 a 5 m.l. de gabia (apertura, peche e reposición de pavimento)

Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro e do tipo de reposición a realizar na gabia

 Acometida

Terra (A)

Asfalto (B)

Baldosa-acera (C)

¿"

388,09

435,46

476

1"

412,37

468,12

496,76

1¿"-1¿"

453,78

505,43

554,16

2"

500,07

549,33

600,5

Incremento do prezo da acometida para lonxitudes superiores a 5 m.

Acometidas de más de 5 m.

¿"

1"

1¿"-1¿"

2"

(A) incremento Eur. por m.

10,25

12

17,06

28,74

(B) incremento Eur. por m.

18,91

24,34

29,38

40,56

(C) incremento Eur. por m.

27,06

28,86

33,89

44,85

2 Prezo instalación de contador

2.1 Instalación do contador de 15/20 mm en batería de contadores ou similar

- Contador

- Válvula antiretorno

- Pezas de conexión

Prezo contador instalado (€/ud):

€/ud

Contador de 15 mm

82,23

Contador de 20 mm

103,26

2.2 Contadores de diámetro superior a 20 mm

Farase orzamento para cada caso.

2.3 Tarifas de contadores (sen colocación) [€7ud]

 mm.

€/ud

∅ 15 mm.

60,66

∅ 20 mm.

81,69

∅ 25 mm.

132,99

∅ 30 mm.

185,93

∅ 40 mm.

391,24

∅ 50 mm.

629,75

∅ 65 mm.

780,72


Artigo 6. Devindico.

Devindícase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento de prestarse o servicio previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen ter obtida a previa licencia , debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.

A obriga do pagamento da taxa establécese da forma seguinte:

Taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e entenderase como taxa única e definitiva.

Taxa por consumo dende o momento no que se inicie a prestación do servicio e a súa facturación e cobramento , efectuarase con periodicidade bimensual.

O prezo de dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura. O non pagamento de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo subministro de auga ó obrigado moroso.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9 da lei 39/1988 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.

Artigo 8. Reducións.

Ó abeiro do establecido no artigo 24.4 da lei 39/1988, establécese unha redución do 50% da tarifa polo consumo destinado ás explotacións agrícolas.

Artigo 9. Infraccións e Sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que ós mesmos correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da lei xeral tributaria.

Disposicións

Disposición Adicional Primeira. Declaración de alta

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta no censo ou no padrón da taxa e terá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearase, no seu caso, por meses.

Disposición Adicional Segunda. Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e terá efecto no período natural seguinte ó da presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearase por meses.

Disposición Final.

A ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.