Boqueixón - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de abastecemento de auga e saneamento

Publicación provisional: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1. Fundamento e réxime.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución de 1978 e polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da lei 39/1988 de 28 de decembro regulador das facendas locais, este concello establece a taxa polo subministro de augas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo da distribución de auga potable a domicilio, ou enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.

Artigo 3. Suxeitos pasivos.-

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servizos a que se refire esta ordenanza.

Artigo 4. Responsables.-

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os co partícipes ou co titulares das entidades recollidas no artigo 33 da lei xeral tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da lei xeral tributaria.

Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria .-

A base impoñible estará constituída por:

As acometidas á rede xeral : o feito da conexión á rede por cada local comercial e vivenda individual e industrial.

No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servizo.

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nos seguintes tarifas:

A)

1.- TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO

Abonados domésticos :

Ano 2011

Ano 2012 co incremento do 3,2 %

Ano 2012 co incremento do 28 %

Canon concello

Cota fixa

3,522 €/ab.mes

3,635 € /ab. mes

4,652 € /ab. mes

1,017 € /ab. mes

Consumo :

1º Bloque : 0 a 10 m³/abon. mes

0,255 € / m3

0,263 € / m3

0,337 € / m3

0.074 € / m3

2º bloque : más de 10 a 20 m³/ab.mes

0,317 / m3

0,327 / m3

0,419 € / m3

0,092 € / m3

3º bloque : más de 20 a 40 m³/ab.mes

0,960 / m3

0,991 / m3

1,268 € / m3

0,277 € / m3

Excesos : más de 40 m³/ab.mes

1,021 / m3

1,054 / m3

1,349 € / m3

0,295 € / m3

Abonados industriais, comerciais e obras

Ano 2011

Ano 2012 co incremento do 3,2 %

Ano 2012 co incremento do 28 %

Canon concello

Cota fixa

4,707 €/ab.mes

4,858 € /ab. mes

6,218 € /ab. mes

1,36 € /ab. mes

Consumo :

Por cada m3 consumido

0,541 € / m3

0,558 € / m3

0,715 € / m3

0,157 € / m3

Gandarías

Terán un desconto do 50% sobre as cotas de industrial e comercial

1.2 A diferenza do ingresado pola empresa concesionaria entre as tarifas co incremento do IPC (3,2%) e o incremento do 28%, será ingresado pola empresa na conta bancaria do concello dentro da ultima semana do terceiro mes seguinte ao período facturado."

2.- ALTAS DE CONTRATO ( abastecemento e saneamento)

-Por vivenda: 52,68 €/ud

-Por local comercial: 105,37 €/ud

-Por planta baixa sin dividir

O importe obterase de multiplicar 105,37 € polo número de vivendas que corresponde por planta

Industrias situadas fuera de Polígono Industrial

- Äta 2 obreiros: 105,37 €/ud

- Máis de 2 ata 20 obreiros: 316,10 €/ud

- Máis de 20 ata 50 obreiros: 526,84 €/ud

- Máis de 50 obreiros: 1.053,67 €/ud

Naves industriais situadas en Polígonos Industriais

- Äta 500 m²: 526,84 €/ud

- Máis de 500 ata 2.000 m²: 1.053,67 €/ud

- Máis de 2.000 m²: 1.580,51 €/ud

Promotores de 2 ou máis vivendas unifamiliares (*): 541,06 €/viv.

Promocións de vivendas colectivas (edificios colectivos): 541,06 €/viv.

(*) O aboamento de la taxa efectuarase pola empresa promotora da edificación e será por cada vivenda no caso de promocións de vivendas unifamiliares e por cada vivenda no caso de promocións de vivendas colectivas

AÑO 2.011 (3,2%) AÑO 2.012

3.- Cota por conservación de contadores y acometidas

Cota 0,716 €/ab.mes 0,739 €/ab.mes

4- XESTIÓN DE COBRO A IMPAGADOS

Cobro aos aboados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago

4,09 €/ud 4,22 €/ud.

5.- DESPRECINTADO DE CONTADOR

Por desprecintado de contador 16,87 €/ud 17,41 €/ud.

6.- CONEXIÓN Á REDE DE ABASTECEMENTO E PRECINTADO DE RACORES

Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servizo.

18,74 €/ud 19,34 €/ud.

B)

1.- Prezo de acometidas do servizo de abastecemento

Faise o cálculo en base á acometida normal de 5 m. de lonxitude máxima.

(1 a 5 m.)

Materiais

- Colariño de toma

- Enlaces

- Tubería de P.E.A.D.

- Chave de paso

- Tapa de fundición de 15 x 25

Obra civil

- Arqueta para colocación de tapa de 15 x 25

- Lonxitude de gabia máximo 5 m.

Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida y do tipo de reposición a realizar na gabia.

Ø Acometida

Terra (A)

Asfalto (B)

Baldosa-beirarrúa (C)

¿"

361,45

405,56

443,32

1"

384,06

435,99

462,66

1¿-1¿"

422,63

470,74

516,11

2"

465,74

511,62

559,27

Para as acometidas de lonxitude superior a 5 m. calcularase o custo de acordo co seguinte cadro de prezos:

Acometidas de máis de 5 mts.

¿"

1"

1¿"-1¿"

2"

(A) incremento € por m.

9,56

11,18

15,89

26,77

(B) incremento € por m.

17,62

22,67

27,36

37,78

(C) incremento € por m.

25,20

26,88

31,57

41,79

2.- Prezo de instalación de contador

2.1.- Instalación de contador de 13 mm. en batería de contadores ou similar

- Contador de 13 mm.

- Válvula antiretorno

- Pezas de conexión

TOTAL 74,21 €. 76,58 €.

2.2.- Contadores de diámetro superior a 13 mm.

Farase presuposto para cada caso.

2.3.- Tarifa de contadores (sen colocación)

TARIFA DE CONTADORES

(sen colocación)

Ø13 mm.

56,50

€/ud

Ø15 mm.

62,31

€/ud

Ø20 mm.

76,08

€/ud

Ø25 mm.

123,87

€/ud

Ø30 mm.

173,16

€/ud

Ø40 mm.

268,36

€/ud

Ø50 mm.

586,52

€/ud

Ø65 mm.

727,11

€/ud

Artigo 6. Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen ter obtida a previa licenza , debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.

A obriga do pagamento da taxa establécese da forma seguinte:

Taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e entenderase como taxa única e definitiva.

Taxa por consumo dende o momento no que se inicie a prestación do servicio e a súa facturación e cobramento , efectuarase con periodicidade trimestral.

O prezo de dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura. O non pagamento de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo subministro de auga ó obrigado moroso.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9 da lei 39/1988 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.

Artigo 8. Reducións.

Ó abeiro do establecido no artigo 24.4 da lei 39/1988, establécese unha redución do 50% da tarifa polo consumo destinado ás explotacións agrícolas.

Artigo 9. Infraccións e Sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que ós mesmos correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da lei xeral tributaria.

Disposición Adicional Primeira. Declaración de alta

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta no censo ou no padrón da taxa e surtirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.

Disposición Adicional Segunda. Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e surtir efecto no período natural seguinte ó da presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses.

Disposición Final.

A presente modificación da ordenanza fiscal, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2012, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.