Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO ABASTECEMENTO DE AUGA

Publicación provisional: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 20/12/2003

Artigo 1. Fundamento e réxime.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, regulador das facendas locais, este Concello establece a taxa polo subministro de augas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio da distribución de auga potable a domicilio, ou enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.

Artigo 3. Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servicios a que se refire esta ordenanza.

Artigo 4. Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da Lei xeral tributaria

Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria.

 base impoñible estará constituída por:

1. As acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial e vivenda individual.

2. No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nos seguintes tarifas:

Abastecemento:

 

  Euros
Doméstico:
- Cota fixa mensual 2,76
Consumo:
- Ata 10 m3 ó mes, cada m3 0,20
- Máis de 10 ata 20 m3 ó mes, cada m3 0,25
-Máis de 20 ata 40 m3 ó mes, cada m3 0,75
- Máis de 40 0,80
Industrial, comercial, obras e gandeiros:
- Cota fixa mensual 3,69
Consumo:
Por m3 e mes: 0,42

 

Conservación:

Conservación de acometidas nos 5 primeiros metros de acometida incluído o contador por reposicións, roturas ou calquera avaría establécese unha cota de 0,60 euros mensual na que a dita reposición ou roturas constarán 0 euros

Acometida

Obra civil

- Arqueta para colocación de tapa de 15x25.

- Lonxitude de gabia de 1 a 5 metros (apertura peche e reposición de pavimento).

Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia e pavimento.

 

Acometida Terra Asfalto Baldosa-beirarrúa
3/4" 291,1 326,63 357,03
1" 309,31 351,13 372,60
1 !/2" 340,38 379,11 415,66
2" 75,13 412,04 450,41

 

Tódolos prezos veranse agravados co IVE correspondente.

Acometidas de máis de 5 metros farase un presuposto para cada caso.

Artigo 6. Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento de prestarse o servicio previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen ter obtida a previa licencia, debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.

A obriga do pagamento da taxa establécese da forma seguinte:

- Taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e entenderase como taxa única e definitiva.

- Taxa por consumo dende o momento no que se inicie a prestación do servicio e a súa facturación e cobramento, efectuarase con periodicidade bimensual.

O prezo da dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura. O non pagamento de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo subministro de auga ó obrigado moroso.

Artigo 7. Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.

Artigo 8. Reduccións.

Ó abeiro do establecido no artigo 24.4 da Lei 39/1988, establécese unha reducción do 50 por cento da tarifa polo consumo destinado ás explotacións agrícolas.

Artigo 9. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estes correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición adicional primeira.

Declaración de alta.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta no censo ou no padrón da taxa e producirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.

Disposición adicional segunda.

Declaración de baixa.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producir efectos no período natural seguinte ó da presentación desta podendo, no seu caso, prorratearse por meses.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.