Índice
Redaccións
Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO ABASTECEMENTO DE AUGA
Publicación provisional:
20/12/2003
BOP Nº:
291
Publicación definitiva:
20/12/2003
BOP Nº:
291
Aplicable dende:
17/12/2008
Artigo 1. Fundamento e réxime.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da lei 39/1988 de 28 de decembro regulador das facendas locais, este concello establece a taxa polo subministro de augas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.
Artigo 2. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo da distribución de auga potable a domicilio, ou enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.
Artigo 3. Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servizos a que se refire esta ordenanza.
Artigo 4. Responsables.
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os coparticipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 33 da lei xeral tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da lei xeral tributaria
Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria.
A base impoñible estará constituída por:
As acometidas á rede xeral : o feito da conexión á rede por cada local comercial e vivenda individual .
No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nos seguintes tarifas:
Abastecemento:
- DOMÉSTICOS
- Cota fixa mensual 3,45 €/abon.mes
- Consumo
Hasta 10 m³/abon.mes 0,25 €/m³
Más de 10 m³/abon.mes hasta 20 m³/abon.mes 0,31 €/m³
Más de 20 m³/abon.mes hasta 40 m³/abon.mes 0,94 €/m³
Más de 40 m³/abon.mes 1,00 €/m³
- INDUSTRIAL E COMERCIAL
- Cota fixa mensual 4,61 €/abon.mes
- Consumo
Por cada m³ consumido 0,53 €/m³
- GANDEIRO
- Terá un desconto do 50% sobre as cotas de Industrial e Comercial
Conservación:
Conservación de acometidas nos 5 primeiros metros de acometida incluido o contador por reposicións, roturas ou calquer avaría establécese unha cota de 0,701 € mensual na que dita reposición ou roturas constarán 0 €
Altas de contrato:
As taxas de alta a aboar no momento da sinatura do contrato establécense nas seguintes cantidades dependendo do tipo de abonado:
Naves industriais situadas en polígonos industriais.... 1.027,00 euros/ud.
Promotores de dúas ou máis vivendas unifamiliares.... 513,50 euros/vivenda.
Promocións de vivendas colectivas..... 513,50 euros/ud.
Acometida
OBRA CIVIL
Arqueta para colocación de tapa de 15x25
Lonxitude de zanxa de 1 a 5 metros ( apertura peche e reposición de pavimento)
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na zanxa e pavimento.
Acometida | Terra | Asfalto | Baldosa- acera |
3/4" | 343.04 | 384.90 | 420.73 |
1" | 364.50 | 413.78 | 439.09 |
1 !/2" | 401.11 | 446.76 | 489.82 |
2" | 442.02 | 485.56 | 530.78 |
Tódolos prezos veranse agravados co IVE correspondente
Acometidas de máis de 5 metros farase un presuposto para cada caso
Artigo 6. Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir no momento de prestarse o servicio previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen ter obtida a previa licencia , debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.
A obriga do pagamento da taxa establécese da forma seguinte:
Taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e entenderase como taxa única e definitiva.
Taxa por consumo dende o momento no que se inicie a prestación do servicio e a súa facturación e cobramento , efectuarase con periodicidade bimensual.
O prezo de dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura. O non pagamento de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo suministro de auga ó obrigado moroso.
Artigo 7. Exencións e bonificacións.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.
Artigo 8. Reduccións.
Ó abeiro do establecido no artigo 24.4 da Lei 39/1988, establécese unha reducción do 50 por cento da tarifa polo consumo destinado ás explotacións agrícolas.
Artigo 9. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estes correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional primeira.
Declaración de alta.
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuinte formularán as declaracións de alta no censo ou no padrón da taxa e surtirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.
Disposición adicional segunda.
Declaración de baixa.
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuinte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e surtir efecto no periodo natural seguinte ó da presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
Boqueixón, 1 de decembro de 2008