Boqueixón - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de abastecemento de auga e saneamento
Artigo 1. Fundamento e réxime.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución de 1978 e polo artigo 106 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da lei 39/1988 de 28 de decembro regulador das facendas locais, este concello establece a taxa polo subministro de augas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal que atende ó previsto no artigo 58 da citada lei 39/1988.
Artigo 2. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo da distribución de auga potable a domicilio, ou enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.
Artigo 3. Suxeitos pasivos.-
Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados polos servizos a que se refire esta ordenanza.
Artigo 4. Responsables.-
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os co partícipes ou co titulares das entidades recollidas no artigo 33 da lei xeral tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 40 da lei xeral tributaria.
Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria.-
A base impoñible estará constituída por:
As acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial e vivenda individual e industrial.
No subministro ou distribución de augas: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servizo.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nos seguintes tarifas:
A)
1.- TARIFAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO
Abonados domésticos:
Ano 2013 Total tarifa | Ano 2014 Tarifa a aboar usuarios co incremento do 1,9 % | Ano 2014 Indemnización Espina&Delfín | Canon 2014 concello | |
Cota fixa | 4,740 €/ab.mes | 4,840 € /ab. mes | 3,782 € /ab. mes | 1,058 € /ab. mes |
Consumo: | ||||
1º Bloque : 0 a 10 m³/ab. mes | 0,343 € / m3 | 0,350 € / m3 | 0,274 € / m3 | 0,076 / m3 |
2º bloque : más de 10 a 20 m³/ab.mes | 0,427 €/ m3 | 0,436 / m3 | 0,340 € / m3 | 0,096 € / m3 |
3º bloque : más de 20 a 40 m³/ab.mes | 1,292 €/ m3 | 1,319 / m3 | 1,031 € / m3 | 0,288 € / m3 |
Excesos : más de 40 m³/ab.mes | 1,375 €/ m3 | 1,404 / m3 | 1,097 € / m3 | 0,307 € / m3 |
Abonados industriais, comerciais e obras
Ano 2013 | Ano 2014 Tarifa a aboar usuarios co incremento do 2.10% | Ano 2014 Indemnización Espina&Delfín | Canon 2014 concello | |
Cota fixa | 6,336 €/ab.mes | 6,469 € /ab. mes | 5,054 € /ab. mes | 1,415 € /ab. mes |
Consumo: | ||||
Por cada m3 consumido | 0,729 € / m3 | 0,744 € / m3 | 0,581 € / m3 | 0,163 € / m3 |
Gandarías
Terán un desconto do 50% sobre as cotas de industrial e comercial
1.2.- O Canon será ingresado pola empresa na conta bancaria do concello dentro da última semana do terceiro mes seguinte ao período facturado.
2.- ALTAS DE CONTRATO (abastecemento e saneamento)
-Por vivenda 54,81 €/ud
-Por local comercial 109,62 €/ud
-Por planta baixa sen dividir
O importe obterase de multiplicar 109,62 € polo número de vivendas que corresponde por planta
Industrias situadas fora de Polígono Industrial
- Áta 2 obreiros 109,62 €/ud
- Máis de 2 ata 20 obreiros 328,87 €/ud
- Máis de 20 ata 50 obreiros 548,12 €/ud
- Máis de 50 obreiros 1.096,24 €/ud
Naves industriais situadas en Polígonos Industriais
- Áta 500 m² 548,12 €/ud
- Máis de 500 ata 2.000 m² 1.096,24 €/ud
- Máis de 2.000 m² 1.644,36 €/ud
Promotores de 2 ou máis vivendas unifamiliares (*) 562,92 €/viv.
Promocións de vivendas colectivas (edificios colectivos) 562,92 €/viv.
(*) O aboamento de la taxa efectuarase pola empresa promotora da edificación e será por cada vivenda no caso de promocións de vivendas unifamiliares e por cada vivenda no caso de promocións de vivendas colectivas
ANO 2013 (2,10%) ANO 2014
3.- COTA POR CONSERVACIÓN DE CONTADORES Y ACOMETIDAS
0,753 €/ab.mes 0,769 €/ab.mes
4- XESTIÓN DE COBRO A IMPAGADOS
Cobro aos aboados morosos dos gastos ocasionados pola
comunicación dos recibos pendentes de pago 4,30 €/ud 4,39 €/ud.
5.- DESPRECINTADO DE CONTADOR
Por desprecintado de contador 17,74 €/ud 18,11 €/ud.
6.- CONEXIÓN Á REDE DE ABASTECEMENTO E PRECINTADO DE RACORES
Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servizo.
19,71 €/ud 20,12 €/ud.
B)
1.- PREZO DE ACOMETIDAS DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO
Faise o cálculo en base á acometida normal de 5 m. de lonxitude máxima.
(1 a 5 m.)
Materiais
- Colariño de toma
- Enlaces
- Tubería de PEAD
- Chave de paso
- Tapa de fundición de 15 x 25
OBRA CIVIL
- Arqueta para colocación de tapa de 15 x 25
- Lonxitude de gabia máximo 5 m.
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida y do tipo de reposición a realizar na gabia.
Ø Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa-beirarrúa (C) |
¿" | 376,05 | 421,95 | 461,23 |
1" | 399,58 | 453,60 | 481,35 |
1¿-1¿" | 439,70 | 489,75 | 536,96 |
2" | 484,56 | 532,29 | 581,87 |
Para as acometidas de lonxitude superior a 5 m. calcularase o custo de acordo co seguinte cadro de prezos:
Acometidas de máis de 5 mts. | ¿" | 1" | 1¿"-1¿" | 2" |
(A) incremento € por m. | 9,94 | 11,63 | 16,53 | 27,85 |
(B) incremento € por m. | 18,33 | 23,59 | 28,47 | 39,31 |
(C) incremento € por m. | 26,22 | 27,97 | 32,85 | 43,47 |
2.- PREZO DE INSTALACIÓN DE CONTADOR
2.1.- Instalación de contador de 15 mm. en batería de contadores ou similar
- Contador de 15 mm.
- Válvula antiretorno
- Pezas de conexión
TOTAL 78,04 €. 79,68 €.
2.2.- Contadores de diámetro superior a 15 mm.
Farase presuposto para cada caso.
2.3.- Tarifa de contadores (sen colocación)
TARIFA DE CONTADORES | ||
(sen colocación) | ||
Ø15 mm. | 58,78 | €/ud |
Ø20 mm. | 79,16 | €/ud |
Ø25 mm. | 128,87 | €/ud |
Ø30 mm. | 180,16 | €/ud |
Ø40 mm. | 279,20 | €/ud |
Ø50 mm. | 610,21 | €/ud |
Ø65 mm. | 756,49 | €/ud |
Artigo 6. Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen ter obtida a previa licenza , debendo depositarse previamente o pagamento correspondente ó enganche.
A obriga do pagamento da taxa establécese da forma seguinte:
Taxa de conexión, antes de efectuarse a conexión e entenderase como taxa única e definitiva.
Taxa por consumo dende o momento no que se inicie a prestación do servicio e a súa facturación e cobramento , efectuarase con periodicidade trimestral.
O prezo de dita taxa efectuarase no momento da presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura. O non pagamento de tres facturacións consecutivas será motivo suficiente para corta-lo subministro de auga ó obrigado moroso.
Artigo 7. Exencións e bonificacións.
De conformidade co disposto no artigo 9 da lei 39/1988 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.
Artigo 8. Reducións.
Ó abeiro do establecido no artigo 24.4 da lei 39/1988, establécese unha redución do 50% da tarifa polo consumo destinado ás explotacións agrícolas.
Artigo 9. Infraccións e Sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que ós mesmos correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da lei xeral tributaria.
Disposicións
Disposición Adicional Primeira. Declaración de alta
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta no censo ou no padrón da taxa e producirá efectos tributarios no mesmo momento de presentarse a declaración, podendo prorratearse, no seu caso, por meses.
Disposición Adicional Segunda. Declaración de baixa.
Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e surtir efecto no período natural seguinte ó da presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses.
Disposición Final.
A presente modificación da ordenanza fiscal, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2014, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.