Boiro - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro de auga.
Artigo 1º .- Fundamento e natureza.
Artigo 2º .- Feito impoñible.
Artigo 3º .- Suxeito pasivo.
2.1. Suxeito pasivo contribuínte.- Serán suxeitos pasivos da taxa por subministro de auga, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiarias ou afectadas polo servicio ou actividade local que preste ou realice o Concello de Boiro, conforme ó suposto previsto no art. 20.4 da Lei 25/98.
2.2. Suxeito pasivo substituto do contribuínte.- En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuínte na taxa por subministro de auga que beneficie ou afecte ós ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios dos inmobles, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4ª.- Exencións e bonificacións.
Artigo 5º .- Base impoñible e cota tributaria.
1.-A Base Impoñible desta exacción determinarase en función da cantidade de auga consumida, medida en metros cúbicos por cada vivenda ou local.
2.- A cota tributaria correspondente ó enganche esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 15.600 pts. por vivenda unifamiliar ou local.
3.- No caso de vivendas plurifamiliares, a cota estará formada por unha cantidade fixa de 15.600 pts. máis 5.000 pts. de dereitos que deberá aboar cada vivenda ou piso dese edificio.
4.- A cota tributaria a esixir pola prestación do servicio de subministro de auga será a resultante de aplica-las seguintes tarifas:
| a) USO DOMÉSTICO | |
| a.1.) Mínimo trimestral de 30 m3: | 32,25 pts./m3 | 
| a.2.) Máis de 30 m3 ata 60 m3 ó trimestre: | 32,25 pts/m3 | 
| a.3.) Máis de 60 m3 trimestrais: | 36,60 pts. por cada m3 en exceso | 
| b) USOS INDUSTRIAIS E DE OBRAS | |
| b.1.) Mínimo trimestral de 60 m3: | 52 pts./m3 | 
| b.2.) Excesos do mínimo trimestral: | 52 pts./m3 | 
En ningún caso se poderá facturar un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.
Artigo 6º .- Retribución e período impositivo
1.- A taxa devengarase o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio. Nestes casos o período impositivo axustarase a esa circunstancia, prorrateándose por trimestres.
2.-No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comenzo da prestación da actividade.
3.-No caso de cese no servicio as cotas serán prorrateables por trimestres, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se utilizara o servicio.
4.-Si o inicio ou cese se debe a cambio no suxeito pasivo, a obriga tributaria de pago do trimestre corresponderá a quen o fora orixinariamente no trimestre de dito inicio ou cese.
5.- A taxa por acometida devéngase, por unha soa vez, no momento no que se inicia o servicio ou actividade.
Artigo 7º .-Réxime de declaración e ingreso.
1.- A taxa por subministro de auga xestionarase mediante padróns e mediante declaración do suxeito pasivo no caso da solicitude de enganche.
2.- No suposto de enganche, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios do Concello, unha vez autorizada aquela, practicarán a liquidación que proceda.
3.- A inclusión inicial no Censo farase de oficio unha vez solicitado ou realizado o enganche.
4.- Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa , no prazo que medie entre a data en que se produza a variación e o último día do mes natural seguinte; producindo efecto a partires da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
5.- As cotas esixibles por este subministro liquidaranse e recadaranse por trimestres naturais vencidos.