Boiro - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro de auga.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 17/12/2005 BOP Nº: 287
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 1º .- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos art. 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de Decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "taxa por subministro de auga", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, onde as súas normas atenden ó prevido no art. 58 da Lei 39/88 en relación co disposto nos artigos 20 a 27, na nova redacción dada pola Lei 25/98, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público.

Artigo 2º .- Feito impoñible.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1 e 4.t) da Lei 39/88, de 28 de decembro, LRFL, constitúe o feito impoñible da taxa o subministro e a acometida de auga.

Artigo 3º .- Suxeito pasivo.

2.1. Suxeito pasivo contribuínte.- Serán suxeitos pasivos da taxa por subministro de auga, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiarias ou afectadas polo servicio ou actividade local que preste ou realice o Concello de Boiro, conforme ó suposto previsto no art. 20.4 da Lei 25/98.

2.2. Suxeito pasivo substituto do contribuínte.- En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuínte na taxa por subministro de auga que beneficie ou afecte ós ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios dos inmobles, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4ª.- Exencións e bonificacións.

Non se concederán exencións nin bonificacións, salvo as que se  prevean mediante Lei.

Artigo 5º .- Base impoñible e cota tributaria.

A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas que a continuación se detallan para cada un dos distintos servicios ou actividades.

EPÍGRAFE 1º.- ACOMETIDAS Á REDE MUNICIPAL: Tarifa 05

1.1. Vivendas unifamiliares, industriais, obras ou locais: 108,14

1.2. Edificios plurifamiliares: Satisfarán as dúas cotas seguintes:

A) Por acometida á rede: 108,14

B) Por cada local independente: 34,66

EPÍGRAFE 2º.- SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE:

2.1. Uso doméstico:

A) Mínimo trimestral de 30 m3: (euros por metro cúbico): 0,23

B) Excesos do mínimo trimestral: (euros por metro cúbico): 0,26

2.2. Uso industrial e de obras:

A) Mínimo trimestral de 90 m3: (euros por metro cúbico): 0,35

B) Excesos do mínimo trimestral: (euros por metro cúbico): 0,36

Nota: En ningún caso se poderá facturar un consumo de agua que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

Artigo 6º .- Retribución e período impositivo

1.- A taxa devengarase o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio. Nestes casos o período impositivo axustarase a esa circunstancia, prorrateándose por trimestres.

2.-No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comenzo da prestación da actividade.

3.-No caso de cese no servicio as cotas serán prorrateables por trimestres, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se utilizara o servicio.

4.-Si o inicio ou cese se debe a cambio no suxeito pasivo, a obriga tributaria de pago do trimestre corresponderá a quen o fora orixinariamente no trimestre de dito inicio ou cese.

5.- A taxa por acometida devéngase, por unha soa vez, no momento no que se inicia o servicio ou actividade.

Artigo 7º .-Réxime de declaración e ingreso.

1.- Para a tramitación de acometidas, presentarase solicitude no modelo formalizado ó respecto, acompañando a seguinte documentación:

a) Caso de vivendas unifamiliares:

* Xustificación de ter solicitado a perceptiva licenza de obra.

* Xustificación de ter aboado a autoliquidación da licencia de obras.

* Comunicación dos datos do promotor da acometida

b) Caso de edificios plurifamiliares.-

* Documento de propiedade (público ou privado)

* Boletín de Instalación

* Licenza de 1ª ocupación.

2. A solicitude deberá ser informada polo fontaneiro municipal e conformada polo Concelleiro Delegado.

3. Unha vez autorizada a acometida deberase proceder ó pagamento da liquidación provisional das correspondentes taxas, debendo ser ingresada na Tesourería Municipal con carácter de depósito previo. Ademais, nos casos así determinados, ingresaranse os gastos dos materiais necesarios, que previamente serán presupostados polo fontaneiro municipal e aprobados polo órgano competente. No caso de que o interesado queira aporta-los materias deberase solicitar informe ó fontaneiro municipal sobre as características que deben cumprir.

4. Unha vez concedida a licencia, practicarase liquidación definitiva, deducíndose o importe da liquidación provisional, que se notificará ó interesado segundo o previsto no art. 124.1 da Lei Xeral Tributaria.

5. No caso da subministración, os consumos liquidaranse trimestralmente, xunto coas taxas polo servicios de recollida de lixo e redes de sumidoiros.

6. O enganche á rede xeral realizarase exclusivamente por parte dos operarios Municipais, informándolles ó promotor da obra o lugar onde teñen que abri-la zanxa.

7. No caso de vivendas unifamiliares, toda nova acometida esixirá a instalación, en lugar visible e de fácil acceso dende a vía pública, para os operarios municipais, do contador que permita a lectura dos consumos de auga. A súa colocación e custo será por conta do propio interesado. No caso dos edificiós plurifamiliares, os contadores deberán estar instalados na planta baixa e perfectamente identificados por vivendas, debendo facilitarse unha copia dos cadros dos contadores que será entregada nas dependecias de recadación.

Non se procederá o enganche se non está o contador instalado, feito que será comprobado polos operarios municipais. Unha vez rematada a obra aportarase o boletín de instalación e licenza de 1ª ocupación.

8. Os suxeitos pasivos, a título de contribuínte ou substituto, serán incorporados a un Padrón fiscal, e a obrigación de contribuír non cesará mentres os interesados non tramiten a súa baixa ante a Administración Municipal.

9. Notificada a liquidación de alta, as sucesivas liquidacións por consumos notificaranse de xeito colectivo, mediante anuncios no Boletín Oficial da Provincia, segundo o previsto no artigo 101, apartados 1 e 2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Lei Xeral Tributaria.

10. Toda solicitude de baixa autorizada requerirá o corte da mangueira á entrada da vivenda ou edificio, operación que deberá ser realizada polos fontanerios municipais.

11. As baixas surtirán efecto no trimestre seguinte a aquel no que se solicite, unha vez comprobado o cese do servicio.

12.- Nas licenzas de acometida, de producirse desistimento con posterioridade ó outorgamento da licenza, procederá tan só a devolución do 80% da contía aboada por esta taxa.

13. No caso de detectarse acometidas sen a perceptiva licenza, serán incorporadas de oficio ó Padrón Fiscal debendo notificarselle liquidación relativa ás taxas de acometida e sen perxuizo da incoación do perceptivo expediente sancionador, regulado no título IV da Lei 58/2003.

14.-As cotas liquidadas e non satisfeitas en periodo voluntario de cobranza, esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.

15.- O cobro dos recibos periódicos realizarase exclusivamente a través da Entidade Caixa Galicia, en virtude de contrato asinado en data 30 de xuño de 1997, agás os recibos que foran domiciliados, os cales serán cargados na conta sinalada ó efecto polos interesados, a través da entidade antes mencionada.

Disposición final

... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.