Boiro - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro de auga.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 1º .- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos art. 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de Decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "taxa por subministro de auga", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, onde as súas normas atenden ó prevido no art. 58 da Lei 39/88 en relación co disposto nos artigos 20 a 27, na nova redacción dada pola Lei 25/98, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público.

Artigo 2º .- Feito impoñible.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1 e 4.t) da Lei 39/88, de 28 de decembro, LRFL, constitúe o feito impoñible da taxa o subministro e a acometida de auga.

Artigo 3º .- Suxeito pasivo.

2.1. Suxeito pasivo contribuínte.- Serán suxeitos pasivos da taxa por subministro de auga, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiarias ou afectadas polo servicio ou actividade local que preste ou realice o Concello de Boiro, conforme ó suposto previsto no art. 20.4 da Lei 25/98.

2.2. Suxeito pasivo substituto do contribuínte.- En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuínte na taxa por subministro de auga que beneficie ou afecte ós ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios dos inmobles, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4ª.- Exencións e bonificacións.

Non se concederán exencións nin bonificacións, salvo as que se  prevean mediante Lei.

Artigo 5º .- Base impoñible e cota tributaria.

A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas que a continuación se detallan para cada un dos distintos servicios ou actividades.

 

EPÍGRAFE 1º .- ACOMETIDAS Á REDE MUNICIPAL DE AUGA POTABLE

1.1. Vivendas unifamiliares, industriais, obras ou locais104,69

1.2. Edificios plurifamiliares: Satisfarán as dúas cotas seguintes:

A) Por acometida á rede: 104,69

B) Por cada local independente: 33,56

EPÍGRAFE 2º .- SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE:

2.1. Uso doméstico:

A) Mínimo trimestral de 30 m3: (euros por metro cúbico): 0,22

B) Excesos do mínimo trimestral: (euros por metro cúbico): 0,25

2.2. Uso industrial e de obras:

A) Mínimo trimestral de 90 m3: (euros por metro cúbico): 0,34

B) Excesos do mínimo trimestral: (euros por metro cúbico): 0,35

Nota: En ningún caso se poderá facturar un consumo de agua que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

Engádese os puntos C e D ó apartado 1 do artigo 7 (Réxime de declaración e ingreso) e engádese o apartado 5 ó referido artigo 7 .- RÉXIME DE DECLARACIÓN E INGRESO.-

 

1.C.- No momento de solicita-la acometida e, sempre con anterioridade ó enganche á rede xeral, o interesado deberá presentar no Concello o perceptivo Boletín de Instalación.

1.D.- Toda nova acometida esixirá a instalación, en lugar visible e de fácil acceso para os operarios municipais, do contador que permita a lectura dos consumos de auga. A súa colocación e custo será por conta do propio interesado.

 

5.- O cobro dos recibos periódicos realizarase exclusivamente a través da Entidade Caixa Galicia, en virtude de contrato asinado en data 30 de xuño de 1997, agás os recibos que foran domiciliados, os cales serán cargados na conta sinalada ó efecto polos interesados, a través da entidade antes mencionada.

 

Artigo 6º .- Retribución e período impositivo

1.- A taxa devengarase o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio. Nestes casos o período impositivo axustarase a esa circunstancia, prorrateándose por trimestres.

2.-No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comenzo da prestación da actividade.

3.-No caso de cese no servicio as cotas serán prorrateables por trimestres, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se utilizara o servicio.

4.-Si o inicio ou cese se debe a cambio no suxeito pasivo, a obriga tributaria de pago do trimestre corresponderá a quen o fora orixinariamente no trimestre de dito inicio ou cese.

5.- A taxa por acometida devéngase, por unha soa vez, no momento no que se inicia o servicio ou actividade.

Artigo 7º .-Réxime de declaración e ingreso.

1.- A taxa por subministro de auga xestionarase mediante padróns e mediante declaración do suxeito pasivo no caso da solicitude de enganche.

2.- No suposto de enganche, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios do Concello, unha vez autorizada aquela, practicarán a liquidación que proceda.

3.- A inclusión inicial no Censo farase de oficio unha vez solicitado ou realizado o enganche.

4.- Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa , no prazo que medie entre a data en que se produza a variación e o último día do mes natural seguinte; producindo efecto a partires da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

5.- As cotas esixibles por este subministro liquidaranse e recadaranse por trimestres naturais vencidos.

Disposición final

... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.