Boiro - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro de auga.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 16/11/2007 BOP Nº: 265
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1º .- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos art. 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de Decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "taxa por subministro de auga", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, onde as súas normas atenden ó prevido no art. 58 da Lei 39/88 en relación co disposto nos artigos 20 a 27, na nova redacción dada pola Lei 25/98, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público.

Artigo 2º .- Feito impoñible.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1 e 4.t) da Lei 39/88, de 28 de decembro, LRFL, constitúe o feito impoñible da taxa o subministro e a acometida de auga.

Artigo 3º .- Suxeito pasivo.

2.1. Suxeito pasivo contribuínte.- Serán suxeitos pasivos da taxa por subministro de auga, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiarias ou afectadas polo servicio ou actividade local que preste ou realice o Concello de Boiro, conforme ó suposto previsto no art. 20.4 da Lei 25/98.

2.2. Suxeito pasivo substituto do contribuínte.- En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuínte na taxa por subministro de auga que beneficie ou afecte ós ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios dos inmobles, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4ª.- Exencións e bonificacións.

Non se concederán exencións nin bonificacións, salvo as que se  prevean mediante Lei.

Artigo 5º .- Base impoñible e cota tributaria.

A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas que a continuación se detallan para cada un dos distintos servicios ou actividades.
EPÍGRAFE 1º.- ACOMETIDAS Á REDE MUNICIPAL
1.1. Vivendas unifamiliares, industriais, obras ou locais
115,07
1.2. Edificios plurifamiliares: Satisfarán as dúas cotas seguintes:
 
A) Por acometida á rede:
115,07
B) Por cada local independente
36,89
EPÍGRAFE 2º.- SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE:
 
2.1. Uso doméstico:
 
A) Mínimo trimestral de 30 m3: (euros por metro cúbico)
0,25
B) Excesos do mínimo trimestral: (euros por metro cúbico)
0,27
2.2. Uso industrial e de obras: 
A) Mínimo trimestral de 90 m3: (euros por metro cúbico)
0,37
B) Excesos do mínimo trimestral: (euros por metro cúbico)
0,38
Nota: En ningún caso se poderá facturar un consumo de agua que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

Artigo 6º .- Retribución e período impositivo

1.- A taxa devengarase o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio. Nestes casos o período impositivo axustarase a esa circunstancia, prorrateándose por trimestres.

2.-No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comenzo da prestación da actividade.

3.-No caso de cese no servicio as cotas serán prorrateables por trimestres, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se utilizara o servicio.

4.-Si o inicio ou cese se debe a cambio no suxeito pasivo, a obriga tributaria de pago do trimestre corresponderá a quen o fora orixinariamente no trimestre de dito inicio ou cese.

5.- A taxa por acometida devéngase, por unha soa vez, no momento no que se inicia o servicio ou actividade.

Artigo 7º .-Réxime de declaración e ingreso.

1.-SOLICITUDE DE ACOMETIDA POLO INTERESADO.- Para a tramitación de acometidas, presentarase solicitude no modelo formalizado existente no departamento de Servizos Económicos, e que deberá ser presentado no Rexistro Xeral do Concello, acompañado da seguinte documentación:
a) Caso de vivendas unifamiliares:
¿ Boletín de instalación.
¿ Xustificación de ter solicitado a perceptiva licenza de obras.
¿ Xustificación do abono da autoliquidación do ICIO e taxa por licenza urbanística.
¿ Xustificación de ter aboada a fianza para responder da realización da acometida, no caso de ser requerida.
¿ Comunicación dos datos do promotor da acometida.
¿ Nº de conta bancaria (20 díxitos)
¿ Copia do recibo de lixo e/ou sumidoiro.
b) Caso de edificios plurifamiliares:
¿ Documento de propiedade (público ou privado)
¿ Boletín de Instalación
¿ Licenza de 1ª ocupación.
¿ Nº de conta bancaria (20 díxigos).
2.-INFORME DO FONTANEIRO E CONFORMIDADE DO CONCELLEIRO.- A solicitude deberá ser informada polo fontaneiro municipal e conformada polo Concelleiro Delegado.
3.-PAGAMENTO DA ACOMETIDA E GASTOS DE MATERIAIS POLO INTERESADO (LIQUIDACIÓN PROVISIONAL).- Unha vez autorizada a acometida polo Concelleiro Delegado, procederase ao pagamento da liquidación provisional das correspondentes taxas por acometida á rede xeral, así coma dos gastos de materiais necesarios que presuposten os fontaneiros municipais, previa aprobación polo órgano competente.
O dito ingreso terá o carácter de depósito previo e deberá ser ingresado na conta bancaria designada ao efecto.
No caso de que o interesado queira aportar os materiais deberase solicitar informe ao fontaneiro municipal sobre as características que estos deben cumprir.
4.-CONCESIÓN DE LICENZA POLO ÓRGANO COMPETENTE E LIQUIDACIÓN DEFINITIVA.- Unha vez concedida a licenza, practicarase liquidación definitiva, deducíndose o importe da liquidación provisional, que se notificará ao interesado segundo o previsto no art. 124.1 da Lei Xeral Tributaria.
5.-PADRÓNS FISCAIS: LIQUIDACIÓNS TRIMESTRAIS.- No caso da subministración, os consumos liquidaranse trimestralmente, xunto coas taxas polo servizos de recollida de lixo e redes de sumidoiros.
Os suxeitos pasivos, a título de contribuínte ou substituto, serán incorporados a un Padrón fiscal, e a obrigación de contribuír non cesará mentres os interesados non tramiten a súa baixa ante a Administración Municipal.
Notificada a liquidación de alta, as sucesivas liquidacións por consumos notificaranse de xeito colectivo, mediante anuncios no Boletín Oficial da Provincia, segundo o previsto no artigo 101, apartados 1 e 2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Lei Xeral Tributaria.
No caso de detectarse acometidas sen a perceptiva licenza, serán incorporadas de oficio ao Padrón Fiscal debendo notificárselle liquidación relativa ás taxas de acometida e sen perxuízo da incoación do perceptivo expediente sancionador, regulado no título IV da Lei 58/2003.
As cotas liquidadas e non satisfeitas en periodo voluntario de cobranza, esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.
O cobro dos recibos periódicos realizarase exclusivamente a través da Entidade Caixa Galicia, en virtude de contrato asinado en data 30 de xuño de 1997, agás os recibos que foran domiciliados, os cales serán cargados na conta sinalada ao efecto polos interesados, a través da entidade antes mencionada.

ARTIGO 8.- NORMAS REGULADORAS DO PROCEDEMENTO DO ENGANCHE.-

1.- O enganche á rede xeral realizarase exclusivamente por parte dos Operarios Municipais, informándolle ao promotor da obra o lugar onde ten que abrir a zanxa, correndo por conta do interesado a obra a realizar así como a reposición do pavimento.
2.- No caso de avarías xurdidas por mor dos traballos de acometida á rede xeral (sumidoiro, teléfono, etc.), o promotor deberá facerse cargo da súa reparación ou aboar os custos que dela se deriven, previa valoración técnica ao respecto.
3.- No caso de que as vivendas unifamiliares se atopen a menos de 25 m de distancia da rede xeral, a apertura da gabia, compra e instalación de materiais correrá a cargo do promotor. A partires deses 25 m, o concello financiará o 50% da tubería.
4.- Cando o núcleo de vivendas unifamiliares sexa superior a 5 unidades independentes catastralmente, o Concello farase cargo de levar a tubaria desde a rede xeral.
5.- Cando os veciños dun núcleo determinado, cheguen a un acordo cunha empresa, esta deberá informarse cos técnicos do Concello ao fin de determinar o uso dos materiais a empregar. Asemade, deberá tramitar todos os permisos municipais necesarios para levar a cabo a obra.
6.- No caso de vivendas unifamiliares, toda nova acometida esixirá a instalación, en lugar visible e de fácil acceso dende a vía pública, para os operarios municipais, do contador que permita a lectura dos consumos de auga. A súa colocación e custo será por conta do propio interesado. Se a propiedade se atopase delimitada por un peche, o contador instalarase de cara a vía pública, e nunca dentro da propiedade.
7.- No caso dos edificios plurifamiliares, os contadores deberán estar instalados na planta baixa e perfectamente identificados por vivendas, debendo facilitarse unha copia dos cadros dos contadores que será entregada nas dependencias de recadación.
8.- En ningún caso se poderá proceder o enganche se non está o contador instalado, feito que deberá ser comprobado polos operarios municipais.
9.- Unha vez rematada a obra aportarase o boletín de instalación e licenza de 1ª ocupación.

ARTIGO 9.- SOLICITUDES DE BAIXA OU DESESTIMENTO.-

Toda solicitude de baixa autorizada requerirá o corte da mangueira á entrada da vivenda ou edificio, operación que deberá ser realizada polos fontanerios municipais.
As baixas surtirán efecto no trimestre seguinte a aquel no que se solicite, unha vez comprobado o cese do servizo.
Nas licenzas de acometida, de producirse desistimento con posterioridade ao outorgamento da licenza, procederá tan só a devolución do 80% da contía aboada por esta taxa.

ARTIGO 10.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.-

No tocante a cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributarias e demais normativa aplicable, e de se-lo caso no disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do Servicio Municipal de Auga Potable.

Disposición final

... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.