Noia - Ordenanza Taxa por ocupación de terreos de dominio público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa

Publicación provisional: 12/11/1998 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1º .-Concepto

No uso das facultades concedidas polos art.133.2 e 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto nos art.15 e 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de dominio público con mesas e cadeiras, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art.58 da citada Lei 39/88.

Artigo 2º .-Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o art.33 da LXT, que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.

Artigo 3º .-Contía

1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados.

2.-As tarifas da taxa serán as seguintes:

Por ano ou temporada e metro cadrado ou fracción

Especial: 2.385 ptas.

1.ª: 2.108 ptas.

2.ª: 1.696 ptas.

3.ª: 1.295 ptas.

4.ª: 921 ptas.

5.ª: 813 ptas.

Por concesións mensuais e metro cadrado ou fracción

Especial: 542 ptas.

1.ª: 477 ptas.

2.ª: 379 ptas.

3.ª: 282 ptas.

4.ª: 217 ptas.

5.ª: 173 ptas.

Por concesións diarias e metro cadrado ou fracción

Especial: 70 ptas.

1.ª: 52 ptas.

2.ª: 43 ptas.

3.ª: 30 ptas.

4.ª: 17 ptas.

5.ª: 8 ptas.

3.-Entenderase por aproveitamento

a.-Fixo: o autorizado por un ano natural ou temporada en que sexa susceptible de utilización o aproveitamento.

b.-Temporal: o autorizado por períodos mensuais.

c.-Ocasional: o outorgado por días ou actos determinados.

4.-Aos efectos previstos para a aplicación do apartado 2 terase en conta o seguinte.

a.-Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro, redondearase por exceso para obte-la superficie ocupada.

b.-Se como consecuencia da colocación de toldos, marquesinas, separadores, barbacoas ou outros elementos auxiliares, se delimitara unha superficie maior da ocupada por mesas e cadeiras, tomarase esta como base de cálculo.

c.-Os aproveitamentos poden ser anuais, cando se autorizan para todo o ano natural, e temporais, cando o período autorizado comprende parte dun ano natural. Tódolos aproveitamentos, realizados sen autorización administrativa, consideraranse anuais.

Artigo 4º .-Normas de xestión

1.-As cantidades esixibles, con arreglo ás tarifas, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado , e serán prorrateables por semestres, no suposto de alta ou baixa na ocupación.

2.-As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar con anterioridade a correspondente licencia, con indicación do emprazamento da ocupación, m2, descrición da mesma e tempo de ocupación.

Asemade, deberán realizar o ingreso da taxa, en réxime de autoliquidación , no momento de realiza-la solicitude. A tal efecto, corresponderá á Alcaldía a aprobación do modelo de autoliquidación, de acordo cos informes técnicos emitidos ao respecto.

3.-Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licencias, e de acordo cos informes emitidos ao respecto. Se se deran diferencias, notificaranse estas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polo interesado e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

4.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.

5.-Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que sexa abonada a autoliquidación correspondente e se obteña a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión de licencia, sen prexuízo do pagamento da taxa e das sancións e recargos que procedan.

6.-As autorizacións terá validez para cada ano natural.

7 .-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da licencia.

Artigo 5º .-Devengo

1.-A taxa devengase:

a) No momento de solicitar a correspondente licencia para á ocupación da vía pública., sendo prorrateable por semestres.

2.-O pagamento da taxa relizarase:

a.-Por ingreso en réxime de autoliquidación nas oficinas de recadación do Concello, no momento de realiza-la solicitude para á ocupación.

Disposición derrogatoria

A entrada en vigor da presente Ordenanza, queda derrogada a Ordenanza nº 10, reguladora do Prezo Público por ocupación de terreos de dominio público con mesas e cadeiras.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.