Noia - ORDENANZA NÚMERO 10.-TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO CON MESAS E CADEIRAS CON FINALIDADE LUCRATIVA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/08/2020 BOP Nº: 138
Aplicable dende: 26/08/2020

Artigo 1º.-Concepto

No uso das facultades concedidas polos art.133.2 e 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto nos art.15 e 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de dominio público con mesas e cadeiras, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art.58 da citada Lei 39/88.

Artigo 2º.- Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuinte, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o art.33 da LXT, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.

Artigo 3º.- Contía

1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados.

2.-As tarifas da taxa serán as seguintes:

Por ano ou temporada e metro cadrado ou fracción:

CATEGORÍA

EUROS

Especial

14,55 €

12,86 €

10,34 €

7,90 €

5,62 €

4,96 €

 Por concesións mensuais e metro cadrado ou fracción:

CATEGORÍA

EUROS

Especial

3,31 €

2,91 €

2,31 €

1,72 €

1,32 €

1,06 €

 Por concesións diarias e metro cadrado ou fracción:

CATEGORÍA

EUROS

Especial

0,43 €

0,32 €

0,26 €

0,19 €

0,11 €

0,05 €

 3.- Entenderase por aproveitamento:

a.- Fixo: o autorizado por un ano natural ou temporada en que sexa susceptible de utilización ou aproveitamento.

b.- Temporal: o autorizado por períodos mensuais.

c.- Ocasional: o outorgado por días ou actos determinados.

4.- Aos efectos previstos para a aplicación do apartado 2) terase en conta o seguinte:

a.- Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro, redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.

b.- Se como consecuencia da colocación de toldos, marquesiñas, separadores, grellas ou outros elementos auxiliares, se delimitara unha superficie maior da ocupada por mesas e cadeiras, tomarase esta como base de cálculo.

c.- Os aproveitamentos poden ser anuais, cando se autorizan para todo o ano natural, e temporais, cando o período autorizado comprende parte dun ano natural. Todos os aproveitamentos, realizados sen autorización administrativa, consideraranse anuais.

Artigo 4º.- Normas de xestión

1.- As cantidades esixibles, de acordo coas tarifas, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado, e serán prorrateables por semestres, no suposto de alta ou baixa na ocupación.

2.- As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar con anterioridade a correspondente licenza, con indicación do emplazamento da ocupación, m2, descripción da mesma e tempo de ocupación.

Asemade, deberán realizar o ingreso da taxa, en réxime de autoliquidación, no momento de realiza-la solicitude. A tal efecto, corresponderá á Alcaldía a aprobación do modelo de autoliquidación, dacordo cos informes técnicos emitidos ao respecto.

3.- Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licenzas, e dacordo cos informes emitidos ao respecto. Se se desen diferencias, notificaranse estas ós intereados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polo interesado e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

4.- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.

5.- Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que sexa abonada a autoliquidación correspondente e se obteña a correspondente licenza polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión de licenza, sen prexuízo do pagamento da taxa e das sancións e recargos que procedan.

6.- As autorizacións terán validez para cada ano natural.

7 .- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da licenza.

Artigo 5º.- Retribución

1.- A taxa retribúese:

a) No momento de solicitar a correspondente licenza para á ocupación da vía pública, sendo prorrateable por semestres.

2.- O pagamento da taxa relizarase:

a.- Por ingreso en réxime de autoliquidación nas oficinas de recadación do Concello, no momento de realizar a solicitude para á ocupación.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA

Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2020, para as taxas que se devenguen durante este exercicio 2020 serán de aplicación transitoriamente, as seguintes tarifas no lugar das reguladas no apartado 2 do artigo 3º:

Por ano ou temporada e metro cadrado ou fracción:

CATEGORÍA

EUROS

Especial

0,73

0,64

0,52

0,4

0,28

0,25

  Por concesións mensuais e metro cadrado ou fracción:

CATEGORÍA

EUROS

Especial

0,17

0,15

0,12

0,09

0,07

0,05

  Por concesións diarias e metro cadrado ou fracción:

CATEGORÍA

EUROS

Especial

0,02

0,02

0,01

0,01

0,01

0,01

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación desta ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP.