Noia - ORDENANZA NÚMERO 10.-TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO CON MESAS E CADEIRAS CON FINALIDADE LUCRATIVA
Artigo 1.º.-Concepto.
No uso das facultades concedidas polos art.133.2 e 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das base de réxime local, e de conformidade co disposto nos art.15 e 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de dominio público con mesas e cadeiras, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art.58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.º.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o art.33 da LXT, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.
Artigo 3.º.-Contía.
1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados.
2.-As tarifas da taxa serán as seguintes:
Por ano ou temporada e metro cadrado ou fracción:
CATEGORÍA | EUROS |
Especial | 14,55 € |
1.ª | 12,86 € |
2.ª | 10,34 € |
3.ª | 7,90 € |
4.ª | 5,62 € |
5.ª | 4,96 € |
Por concesións mensuais e metro cadrado ou fracción:
CATEGORÍA | EUROS |
Especial | 3,31 € |
1.ª | 2,91 € |
2.ª | 2,31 € |
3.ª | 1,72 € |
4.ª | 1,32 € |
5.ª | 1,06 € |
Por concesións diarias e metro cadrado ou fracción:
CATEGORÍA | EUROS |
Especial | 0,43 € |
1.ª | 0,32 € |
2.ª | 0,26 € |
3.ª | 0,19 € |
4.ª | 0,11 € |
5.ª | 0,05 € |
3.-Entenderase por aproveitamento:
a) Fixo: o autorizado por un ano natural ou temporada en que sexa susceptible de utilización ou aproveitamento.
b) Temporal: o autorizado por períodos mensuais.
c) Ocasional: o outorgado por días ou actos determinados.
4.-Aos efectos previstos para a aplicación do apartado 2) terase en conta o seguinte:
a) Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro, redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.
b) Se como consecuencia da colocación de toldos, marquesiñas, separadores, grellas ou outros elementos auxiliares, se delimitara unha superficie maior da ocupada por mesas e cadeiras, tomarase esta como base de cálculo.
c) Os aproveitamentos poden ser anuais, cando se autorizan para todo o ano natural, e temporais, cando o período autorizado comprende parte dun ano natural. Todos os aproveitamentos, realizados sen autorización administrativa, consideraranse anuais.
Artigo 4.º.-Normas de xestión.
1.-As cantidades esixibles, de acordo coas tarifas, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado, e serán prorrateables por semestres, no suposto de alta ou baixa na ocupación.
2.-As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar con anterioridade a correspondente licenza, con indicación do emprazamento da ocupación, m2, descrición da mesma e tempo de ocupación.
Asemade, deberán realizar o ingreso da taxa, en réxime de autoliquidación, no momento de realiza-la solicitude. A tal efecto, corresponderá á Alcaldía a aprobación do modelo de autoliquidación, de acordo cos informes técnicos emitidos ao respecto.
3.-Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licenzas, e de acordo cos informes emitidos ao respecto. Se se desen diferencias, notificaranse estas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polo interesado e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
5.-Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que sexa abonada a autoliquidación correspondente e se obteña a correspondente licenza polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión de licenza, sen prexuízo do pagamento da taxa e das sancións e recargos que procedan.
6.-As autorizacións terán validez para cada ano natural.
7.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da licenza.
Artigo 5.º.-Retribución.
1.-A taxa retribúese:
a) No momento de solicitar a correspondente licenza para á ocupación da vía pública, sendo prorrateable por semestres.
2.-O pagamento da taxa relizarase:
a) Por ingreso en réxime de autoliquidación nas oficinas de recadación do Concello, no momento de realizar a solicitude para á ocupación.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA
Para o exercicio 2021 serán de aplicación transitoriamente, as seguintes tarifas no lugar das reguladas no apartado 2 do artigo 3.º.
Por ano ou temporada e metro cadrado ou fracción:
CATEGORÍA | EUROS |
Especial | 0,73 |
1.ª | 0,64 |
2.ª | 0,52 |
3.ª | 0,4 |
4.ª | 0,28 |
5.ª | 0,25 |
Por concesións mensuais e metro cadrado ou fracción:
CATEGORÍA | EUROS |
Especial | 0,17 |
1.ª | 0,15 |
2.ª | 0,12 |
3.ª | 0,09 |
4.ª | 0,07 |
5.ª | 0,05 |
Por concesións diarias e metro cadrado ou fracción:
CATEGORÍA | EUROS |
Especial | 0,02 |
1.ª | 0,02 |
2.ª | 0,01 |
3.ª | 0,01 |
4.ª | 0,01 |
5.ª | 0,01 |
DISPOSICIÓN FINAL
A modificación desta ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP.