Noia - ORDENANZA NÚMERO 10.-TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO CON MESAS E CADEIRAS CON FINALIDADE LUCRATIVA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/12/1999 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2000

Artigo 1.º .-Concepto

No uso das facultades concedidas polos arts. 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos arts. 15 e 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de dominio público con mesas e cadeiras, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as normas ó prevido no art. 58 da citada Lei 39/88.

Artigo 2.º .-Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o art. 33 da LXT, que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.

Artigo 3.º .-Contía

1.-A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados.

2.-As tarifas da taxa serán as seguintes:

Por ano ou temporada e metro cadrado ou fracción

Especial: 2.421 pesetas.

1.ª: 2.140 pesetas.

2.ª: 1.721 pesetas.

3.ª: 1.314 pesetas.

4.ª: 935 pesetas.

5.ª: 825 pesetas.

 

Por concesións mensuais e metro cadrado ou fracción

Especial: 550 pesetas.

1.ª: 484 pesetas.

2.ª: 385 pesetas

3.ª: 286 pesetas.

4.ª: 220 pesetas.

5.ª: 176 pesetas.

 

Por concesións diarias e metro cadrado ou fracción

Especial: 71 pesetas.

1.ª: 53 pesetas.

2.ª: 44 pesetas.

3.ª: 31 pesetas.

4.ª: 18 pesetas.

5.ª: 9 pesetas.

3.-Entenderase por aproveitamento

a.-Fixo: o autorizado por un ano natural ou temporada en que sexa susceptible de utilización o aproveitamento.

b.-Temporal: o autorizado por períodos mensuais.

c.-Ocasional: o outorgado por días ou actos determinados.

4.-Para os efectos previstos para a aplicación do apartado 2 terase en conta o seguinte

a.-Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro, redondearase por exceso para obte-la superficie ocupada.

b.-Se como consecuencia da colocación de toldos, marquesiñas, separadores, grellas ou outros elementos auxiliares, se delimitara unha superficie maior da ocupada por mesas e cadeiras, tomarase esta como base de cálculo.

c.-Os aproveitamentos poden ser anuais, cando se autorizan para todo o ano natural, e temporais, cando o período autorizado comprende parte dun ano natural. Tódolos aproveitamentos, realizados sen autorización administrativa, consideraranse anuais.

Artigo 4.º .-Normas de xestión

1.-As cantidades esixibles, de acordo coas tarifas, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado, e serán prorrateables por semestres, no suposto de alta ou baixa na ocupación.

2.-As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza, deberán solicitar con anterioridade a correspondente licencia, con indicación do emprazamento da ocupación, m2, descrición da mesma e tempo de ocupación.

Asemade, deberán realizar o ingreso da taxa, en réxime de autoliquidación, no momento de realiza-la solicitude. Para tal efecto, corresponderá á Alcaldía a aprobación do modelo de autoliquidación, de acordo cos informes técnicos emitidos ó respecto.

3.-Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias coas peticións de licencias, e de acordo cos informes emitidos ó respecto. Se se desen diferencias, notificaranse estas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polo interesado e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

4.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.

5.-Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que sexa abonada a autoliquidación correspondente e se obteña a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión de licencia, sen prexuízo do pagamento da taxa e das sancións e recargas que procedan.

6.-As autorizacións terán validez para cada ano natural.

7 .-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da licencia.

Artigo 5.º .-Retribución

1.-A taxa retribúese:

a) No momento de solicita-la correspondente licencia para á ocupación da vía pública., sendo prorrateable por semestres.

2.-O pagamento da taxa realizarase:

a.-Por ingreso en réxime de autoliquidación nas oficinas de recadación do Concello, no momento de realiza-la solicitude para a ocupación.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.