Camariñas - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo subministro domiciliario de auga.
Artigo 1.-Fundamento e natureza
Artigo 2.-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de subministro de auga, incluídos os dereitos de conexión de liñas, colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, nos termos especificados nas tarifas da presente ordenanza.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos. Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios de distribución de auga e demais que constitúen o feito imponible da taxa.
2. Cando os servicios regulados nesta ordenanza sexan solicitados ou gozados por ocupantes de vivendas e locais distintos do propietario do inmoble, este propietario terá a condición de substituto do contribuínte, que como tal poderá repercuti-las cotas satisfeitas da taxa sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Beneficios fiscais.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.
Artigo 6.-Cota tributaria.
A cota tributaria resultará da aplicación da tarifa seguinte, na que non se inclúe o importe do IVE aplicable no seu caso:
Tarifa 1.ª:
Por cada m3 consumido ata o tope mensual de 12 m3: 30 pesetas.
Por cada m3 consumido en exceso sobre o tope anterior: 49 pesetas.
Cota anual de servicio 2.336 pesetas.
Tarifa 2.ª:
Por cada m3 subministrado para obras: 65 pesetas.
Tarifa 3.ª:
Cota de abono o servicio: 10.000 pesetas.
Por alugueiro de contador, por mes ou fracción: 200 pesetas.
Instalación de acometida: 15.000 pesetas.
Artigo 7.-Retribución.
1. Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto desta ordenanza.
2. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas retribuiranse o primeiro día de cada ano natural.
3. Cando se soliciten os servicios da tarifa terceira do artigo anterior, esixirase o depósito previo da taxa no momento de formula-la solicitude.
Artigo 8.-Obrigación de pagamento.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria, na súa normativa de desenvolvemento e no regulamento municipal do servicio.