Camariñas - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo subministro domiciliario de auga.

Publicación provisional: 12/11/1998 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1.-Fundamento e natureza

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e ó amparo do disposto nos artigos 58 e 20.41) da mesma lei, este Concello establece a "taxa por subministro de auga", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de subministro de auga, incluídos os dereitos de conexión de liñas, colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, nos termos especificados nas tarifas da presente ordenanza.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos. Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios de distribución de auga e demais que constitúen o feito imponible da taxa.

2. Cando os servicios regulados nesta ordenanza sexan solicitados ou gozados por ocupantes de vivendas e locais distintos do propietario do inmoble, este propietario terá a condición de substituto do contribuínte, que como tal poderá repercuti-las cotas satisfeitas da taxa sobre os beneficiarios do servicio.

Artigo 4.-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Beneficios fiscais.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.

Artigo 6.-Cota tributaria.

A cota tributaria resultará da aplicación da tarifa seguinte, na que non se inclúe o importe do IVE aplicable no seu caso:

 

Tarifa 1ª.-Euros

Por cada m3 consumido ata o tope mensual de 12 m3.- 0,23

Por cada m3 consumido en exceso sobre o tope anterior.-0,38

Cota anual de servicio (prorrateable por trimestres naturais nos casos de alta e cese).-17,91

 

Tarifa 2ª.-Euros

Por cada m3 subministrado para obras.-0,5

Tarifa 3ª.-Euros

Cota de abono ó servicio.-14,59

Por aluguer de contador, por mes ou fracción,.-1,46

Instalación de acometida.-109,44

Artigo 7.-Retribución.

1. Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto desta ordenanza.

2. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas retribuiranse o primeiro día de cada ano natural.

3. Cando se soliciten os servicios da tarifa terceira do artigo anterior, esixirase o depósito previo da taxa no momento de formula-la solicitude.

Artigo 8.-Obrigación de pagamento.

O pagamento da taxa efectuarase mediante recibo, e a súa facturación e cobramento realizarase con periodicidade anual, agás nos casos de alta e cesamento no servicio.

Artigo 9.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria, na súa normativa de desenvolvemento e no regulamento municipal do servicio.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día vinteoito de outubro de dous mi lseis, entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil sete, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa".-

Segundo.- .- O presente acordo será exposto ó público no Tabuón de Edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia durante o prazo de 30 días hábiles, a fin de que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas, quedando elevado a definitivo no caso de que non se presentaran reclamacións dentro do prazo sinalado.-