Camariñas - ORDENZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DOMICILIARIO DE AUGA.

Publicación provisional: 12/11/1998 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1.- Fundamento e natureza

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais e ó amparo do disposto nos artigos 58 e 20.4.t) da mesma lei, este Concello establece a ¿Taxa por subministro de auga", que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal

Artigo 2.- Feito imponible

Constitúe o feito imponible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de subministro de auga, incluidos os dereitos de conexión de liñas, colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, nos termos especificados nas tarifas da presente Ordenanza

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios de distribución de auga e demáis que constitúen o feito imponible da taxa.
2. Cando os servicios regulados nesta Ordenanza sexan solicitados ou disfrutados por ocupantes de vivendas e locais distintos do propietario do inmoble, este propietario terá a condición de sustituto do contribuinte, que como tal poderá repercuti-las cotas satisfeitas da taxa sobre os beneficiarios do servicio.

Artigo 4.- Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refieren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades recollidas no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Beneficios fiscais

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente Taxa.

Artigo 6.- Cota tributaria

A cota tributaria resultará da aplicación da tarifa seguinte, na que non se inclúe o importe do IVE aplicable no seu caso:
Tarifa 1ª.
Euros
Por cada m3 consumido ata o tope mensual de 12 m3.
0,25.
Por cada m3 consumido en exceso sobre o tope anterior
0,41.
Cota anual de servicio (prorrateable por trimestres naturais nos casos de alta e cese)
19,24.
Tarifa 2ª.
Euros
Por cada m3 subministrado para obras
0,53.
Tarifa 3ª.
Euros
Cota de abono ó servicio
15,67.
Por aluguer de contador, por mes ou fracción,
1,57.
Instalación de acometida
117,56.

Artigo 7.- Devengo

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto desta Ordenanza.
2. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas devengaránse o primeiro dia de cada ano natural.
3. Cando se soliciten os servicios da tarifa terceira do artigo anterior, esixiráse o depósito previo da taxa no momento de formula-la solicitude.

Artigo 8.- Obrigación de pago

O pago da taxa efectuaráse mediante recibo, e a súa facturación e cobro se realizará con periodicidade anual, agás nos casos de alta e cese no servicio.

Artigo 9.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria, na súa normativa de desenvolvemento e no Regulamento municipal do servicio.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día dezasete de outubro de dous mil oito, entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil nove, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa".-