Camariñas - Ordenanza Fiscal nº 11, reguladora da taxa por subministro de auga
Artigo 1.- Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDLex 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido daLei Reguladora das Facendas Locais e ó amparo do disposto nos artigos 57 e 20.4.t) da mesma lei, este Concello establece a ¿Taxa por subministro de auga", que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de subministro de auga, incluidos os dereitos de conexión de liñas, colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, nos termos especificados nas tarifas da presente Ordenanza.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios de distribución de auga e demáis que constitúen o feito imponible da taxa.
2. Cando os servicios regulados nesta Ordenanza sexan solicitados ou disfrutados por ocupantes de vivendas e locais distintos do propietario do inmoble, este propietario terá a condición de sustituto do contribuinte, que como tal poderá repercuti-las cotas satisfeitas da taxa sobre os beneficiarios do servicio.
Artigo 4.- Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refieren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades recollidas no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Beneficios fiscais.
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente Taxa.
Artigo 6.- Cota tributaria.
A cota tributaria resultará da aplicación da tarifa seguinte, na que non se inclúe o importe do IVE aplicable no seu caso:
TARIFA 1 | EUROS |
Por cada m3 consumido ata o tope mensual de 12 m3 | 0,25 € |
Por cada m3 consumido en exceso sobre o tope anterior | 0,45 € |
Cota anual do servizo (prorrateable por trimestres naturais nos casos de alta e cese) | 24 € |
TARIFA 2 | |
Por cada m3 subministrado para obras | 0,53 € |
TARIFA 3 | |
Cota de abono ao servizo | 17,03 € |
Por aluguer de contador, por mes ou fracción | 1,71 € |
Instalación de acometida | 127,79 € |
Artigo 7.- Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto desta Ordenanza.
2. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas devengaránse o primeiro dia de cada ano natural.
3. Cando se soliciten os servicios da tarifa terceira do artigo anterior, esixiráse o depósito previo da taxa no momento de formula-la solicitude.
Artigo 8.- Obrigación de pago.
O pago da taxa efectuaráse mediante recibo, e a súa facturación e cobro se realizará con periodicidade anual, agás nos casos de alta e cese no servicio.
Artigo 9.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria, na súa normativa de desenvolvemento e no Regulamento municipal do servicio.
Disposición final.
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 5 de novembro de 2012, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil trece, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.