Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE E UTILIZACIÓN DE CONTADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Cosntitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e 20, apartados 1 y 4 t), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.
2.-Terán a consideración de substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
Conceptos: pesetas.
- Mínimo de consumo 10 m3/mes a 42 pesetas/m3 máis IVE.
- Exceso de consumo a partir de 10 m3 a 52 pesetas/m3 máis IVE.
- Dereitos de acometida: conexión inicial por vivenda, terreo ou local: 12.000 pesetas.
Artigo 6.º .-Bonificacións.
Conforme ó establecido no artigo 24.4 da Lei 39/1988, gozarán de bonificacións aqueles contribuíntes que fosen declarados pobres por precepto legal, estean inscritos no padrón de beneficencia como pobres de solemnidade, e obteñan ingresos anuais ós que correspondan ó salario mínimo interprofesional na porcentaxe do 50 por cento.
Artigo 7.º .-Retribución.
1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza da recepción obrigada do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxeto da presente regulación.
2.-As cotas retribuiranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que a retribución da taxa se producise con posterioridade a dita data; nese caso será a partir da mesma cando se produza a retribución.
Artigo 8.º .-Obriga de pagamento.
O pagamento da taxa efectuarase mediante recibo. A lectura do contador, a facturación e cobramento do recibo, farase trimestralmente e para o efecto de simplifica-lo cobramento, poderán ser incluídos nun recibo único, que inclúa de forma diferenciada, as cotas ou importes correspondentes a outras taxas que se retribúan no mesmo período, tales como recollida do lixo, rede de sumidoiros, etc.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, asemade como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
O acordo de imposición desta taxa foi tomado e a súa ordenanza fiscal aprobada polo Pleno deste Concello, o día 30 de outubro de 1998. Comezará a rexe-lo día un de xaneiro de 1999 e seguirá en vigor ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
Disposición derrogatoria.
Queda sen efecto a ordenanza reguladora do prezo público polo subministro de auga, aprobada polo Pleno do Concello na sesión do día 2 de novembro de 1989.