Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE E UTILIZACIÓN DE CONTADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Cosntitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e 20, apartados 1 y 4 t), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.
2.-Terán a consideración de substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
Dereitos De acometida: conexión inicial por vivenda: 110,95 €.
Consumo de ata 30 m3/trimestre: 0,33 €/m3+IVE.
Consumo de 31 ata 40 m3/trim. : 0,66 €/m3+IVE.
Consumo de 41 ata 50 m3/trím. : 0,71 €/m3+IVE.
Consumo de 51 ata 100 m3/trim. : 0,76 €/m3+IVE.
Consumo de 101 ata300 m3/trím.: 0,81 €/m3+IVE.
Consumo de 301 ata 600 m3/trim.: 0,86 €/m3+IVE.
Consumo de 601 ata 900 m3/trim.: 0,91 €/m3+IVE.
Consumos de máis de 900 m3/trím. : 0,96 €/m3+IVE.
Consumo mínimo de 10 m3/trim.:0,33 €+IVE.
Cuota de servicio:
a) 10,03 €/trim. +IVE. Empadroados.
b) 12,04 €/trim.+IVE. Non empadroados.
¿ 1ª Alta de suministro 21,58 €
¿ 2ª Alta, 100 € con contador
¿ 3ª Alta e seguintes, 150 € con contador
¿ Contador 13 mm diámetro 48,39 €
¿ Contador 15 mm diámetro 48,39 €
¿ Contador 20 mm diámetro 64,84 €
¿ Contador resto de diámetros según orzamento.
¿ Acometida de abastecemento ata 4 metros de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador, reposición nin arqueta para contador: 315,28 €
¿ Prolongación de acometida superior a 4 m e inferior a 10 m M/Lineal 32mm: 8,78 €.
¿ Acometida de abastecemento ata 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador nin reposición de 50 mm: 356,80 €.
¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 50 mm: 11,15 €.
¿ Acometida de abastecemento ata 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir
Contador, nin reposición 63 mm: 441,14 €
¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 63mm: 11,40 €.
¿ Acometida de abastecemento hasta 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador nin reposición 75 mm: 535,20 €.
¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 75mm: 12,78€
¿ Dem. y Repo. de acometida de abastecemento en asfalto Metro/lineal: 11,29 €.
¿ Dem. y Repo. de acometida de abastecemento en formigon Metro/lineal: 22,88 €
¿ Dem. y Repo. de acometida de abastecemento en acera Metro/lineal 21,46 €
¿ Acometida de saneamiento hasta 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir rexistro nin reposición 160/200 mm: 342,15 €
¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m, 160/200: 79,70 €
¿ Arqueta de registro de 40 x 40 reforzada colocada: 167,59 €
¿ Dem. y Repo. de acometida de saneamento en asfaltoMetro/lineal: 34,07 €
¿ Dem. y Repo. de acometida de saneamento en formigon Metro/lineal: 39,12 €
¿ Dem. y Repo. de acometida de saneamento en acera Metro/lineal: 42,90 €
Artigo 6.º .-Bonificacións.
Conforme ó establecido no artigo 24.4 da Lei 39/1988, gozarán de bonificacións aqueles contribuíntes que fosen declarados pobres por precepto legal, estean inscritos no padrón de beneficencia como pobres de solemnidade, e obteñan ingresos anuais ós que correspondan ó salario mínimo interprofesional na porcentaxe do 50 por cento.
Artigo 7.º .-Retribución.
1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza da recepción obrigada do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxeto da presente regulación.
2.-As cotas retribuiranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que a retribución da taxa se producise con posterioridade a dita data; nese caso será a partir da mesma cando se produza a retribución.
Artigo 8.º .-Obriga de pagamento.
O pagamento da taxa efecturase mediante recibo. A lectura do contador, a facturación e cobramento do recibo farase trimestralmente e para o efecto de simplifica-lo cobramento, poderán ser incluidos nun recibo único, que inclúa de forma diferenciada as cotas ou importes correspondentes a outras taxas que se retribúan no mesmo periodo, tales como recollida do lixo, rede de sumidoiros, etc.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, asemade como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
O acordo de imposición desta taxa foi tomado e a súa ordenanza fiscal aprobada polo Pleno deste Concello, o día 30 de outubro de 1998. Comezará a rexe-lo día un de xaneiro de 1999 e seguirá en vigor ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
Disposición derrogatoria.
Queda sen efecto a ordenanza reguladora do prezo público polo subministro de auga, aprobada polo Pleno do Concello na sesión do día 2 de novembro de 1989.