Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE E UTILIZACIÓN DE CONTADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 30/07/2021 BOP Nº: 143
Aplicable dende: 30/07/2021

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Cosntitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e 20, apartados 1 y 4 t), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

2.-Terán a consideración de substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

Dereitos De acometida: conexión inicial por vivenda: 117,51 €.

Consumo de ata 30 m3/trimestre: 0,35 €/m3+IVE. Consumo de 31 ata 40 m3/trim. : 0,68 €/m3+IVE. Consumo de 41 ata 50 m3/trím. : 0,74 €/m3+IVE. Consumo de 51 ata 100 m3/trim. : 0,80 €/m3+IVE. Consumo de 101 ata300 m3/trím.: 0,85 €/m3+IVE. Consumo de 301 ata 600 m3/trim.: 0,90 €/m3+IVE. Consumo de 601 ata 900 m3/trim.: 0,95 €/m3+IVE. Consumos de máis de 900 m3/trím. : 1,00 €/m3+IVE. Consumo mínimo de 10 m3/trim.:0,34 €+IVE. Cuota de servicio: a) 10,43 €/trim. +IVE. Empadroados.

b) 12,53 €/trim.+IVE. Non empadroados.

¿ 1ª Alta de suministro 22,05 €

¿ 2ª Alta, 102,20 € con contador

¿ 3ª Alta e seguintes, 153,30 € con contador

¿ Contador 13 mm diámetro 49,45 €

¿ Contador 15 mm diámetro 49,45 €

¿ Contador 20 mm diámetro 66,27 €

¿ Contador resto de diámetros según orzamento.

¿ Acometida de abastecemento ata 4 metros de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador, reposición nin arqueta para contador: 322,22 €

¿ Prolongación de acometida superior a 4 m e inferior a 10 m M/Lineal 32mm: 8,97 €.

¿ Acometida de abastecemento ata 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador nin reposición de 50 mm: 364,65 €.

¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 50 mm: 11,40 €.

¿ Acometida de abastecemento ata 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir

Contador, nin reposición 63 mm: 450,85 €

¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 63mm: 11,65 €.

¿ Acometida de abastecemento hasta 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador nin reposición 75 mm: 546,97 €.

¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 75mm: 13,06€

¿ Dem. y Repo. de acometida de abastecemento en asfalto Metro/lineal: 11,54 €.

¿ Dem. y Repo. de acometida de abastecemento en formigon Metro/lineal: 23,38 €

¿ Dem. y Repo. de acometida de abastecemento en acera Metro/lineal 21,93 €

¿ Acometida de saneamiento hasta 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir rexistro nin reposición 160/200 mm: 349,68 €

¿ Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m, 160/200: 81,45 €

¿ Arqueta de registro de 40 x 40 reforzada colocada: 171,28 €

¿ Dem. y Repo. de acometida de saneamento en asfaltoMetro/lineal: 34,82 €

¿ Dem. y Repo. de acometida de saneamento en formigon Metro/lineal: 39,98 €

¿ Dem. y Repo. de acometida de saneamento en acera Metro/lineal: 43,84 €


* As subministracións de auga de obra terán un custe polo m3 de consumo e de cuota de servizo seguintes:

Consumo de ata 30 m3/trimestre: 0,42 €/m3+IVE

Consumo de 31 ata 40 m3/trim. : 0,82 €/m3+IVE.

Consumo de 41 ata 50 m3/trím. : 0,89 €/m3+IVE.

Consumo de 51 ata 100 m3/trim. : 0,96 €/m3+IVE.

Consumo de 101 ata300 m3/trím.: 1,02 €/m3+IVE.

Consumo de 301 ata 600 m3/trim.: 1,08 €/m3+IVE.

Consumo de 601 ata 900 m3/trim.: 1,14 €/m3+IVE.

Consumos de máis de 900 m3/trím. : 1,20 €/m3+IVE.

Consumo mínimo de 10 m3/trim.: 0,408 €+IVE.

Cuota de servicio:

a) 12,52 €/trim. + IVE. Empadroados.

b) 15,04 €/trim. + IVE. Non empadroados.

*Cuota por alugueiro e mantemento de contador tras a súa primeira instalación (este mantemento implica que as substitucións posteriores tras o remate da vida útil do equipo así como as reparación ou avarías do mesmo sexan asumidas polo servizo de augas municipal)

* de 13 a 20 mm: 1 €/trimestre

* de máis de 20 mm: 2 € / trimestre

Suprímense os puntos 16. 17 e 18 do artigo 5 quedando só un punto como segue:

¿ Dem. e Repo. de acometida de abastecemento en asfalto, aglomerado, formigón ou beirarrúa.

Metro/lineal: 75 €.

Suprímense os puntos 22. 23 e 24 do artigo 5 quedando só un punto como segue:

¿ Dem. y Repo. de acometida de saneamento en asfalto. Aglomerado, formigón ou beirarrúa.

Metro/lineal: 80 €.

Artigo 6.º .-Bonificacións.

Conforme ó establecido no artigo 24.4 da Lei 39/1988, gozarán de bonificacións aqueles contribuíntes que fosen declarados pobres por precepto legal, estean inscritos no padrón de beneficencia como pobres de solemnidade, e obteñan ingresos anuais ós que correspondan ó salario mínimo interprofesional na porcentaxe do 50 por cento.

Artigo 7.º .-Retribución.

1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza da recepción obrigada do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxeto da presente regulación.

2.-As cotas retribuiranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que a retribución da taxa se producise con posterioridade a dita data; nese caso será a partir da mesma cando se produza a retribución.

Artigo 8.º .-Obriga de pagamento.

O pagamento da taxa efecturase mediante recibo. A lectura do contador, a facturación e cobramento do recibo farase trimestralmente e para o efecto de simplifica-lo cobramento, poderán ser incluidos nun recibo único, que inclúa de forma diferenciada as cotas ou importes correspondentes a outras taxas que se retribúan no mesmo periodo, tales como recollida do lixo, rede de sumidoiros, etc.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, asemade como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

O acordo de imposición desta taxa foi tomado e a súa ordenanza fiscal aprobada polo Pleno deste Concello, o día 30 de outubro de 1998. Comezará a rexe-lo día un de xaneiro de 1999 e seguirá en vigor ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

Disposición derrogatoria.

Queda sen efecto a ordenanza reguladora do prezo público polo subministro de auga, aprobada polo Pleno do Concello na sesión do día 2 de novembro de 1989.