Ares - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE E UTILIZACIÓN DE CONTADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Cosntitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e 20, apartados 1 y 4 t), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.
2.-Terán a consideración de substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria.
Dereitos de acometida: conexión inicial por inmoble: 124,44 €.
Consumo de ata 30 m3/trimestre: 0,37 €/m3+IVE.
Consumo de 31 ata 40 m3/trim. : 0,72 €/m3+IVE.
Consumo de 41 ata 50 m3/trím. : 0,78 €/m3+IVE.
Consumo de 51 ata 100 m3/trim. : 0,85 €/m3+IVE.
Consumo de 101 ata300 m3/trím.: 0,90 €/m3+IVE.
Consumo de 301 ata 600 m3/trim.: 0,95 €/m3+IVE.
Consumo de 601 ata 900 m3/trim.: 1,01 €/m3+IVE.
Consumos de máis de 900 m3/trím. : 1,06 €/m3+IVE.
Consumo mínimo de 10 m3/trim.:0,36 €+IVE.
Cuota de servicio:
a) 11,05 €/trim. +IVE. Empadroados.
b) 13,27 €/trim.+IVE. Non empadroados.
Cota tributaria de Obra
As subministracións de auga de obra terán un custe polo m3 de consumo e de cuota de servizo seguintes:
Consumo de ata 30 m3/trimestre: 0,88 €/m3+IVE.
Consumo de 31 ata 40 m3/trim: 1,74 €/m3+IVE.
Consumo de 41 ata 50 m3/trím: 1,88 €/m3+IVE.
Consumo de 51 ata 100 m3/trim : 2,04 €/m3+IVE.
Consumo de 101 ata300 m3/trím.: 2,16 €/m3+IVE.
Consumo de 301 ata 600 m3/trim.: 2,28 €/m3+IVE.
Consumo de 601 ata 900 m3/trim.: 2,42 €/m3+IVE.
Consumos de máis de 900 m3/trím: 2,54 €/m3+IVE.
Consumo mínimo de 10 m3/trim: 0,864 €/m3+IVE.
Cuota de servicio:
a) 26,52 €/trim. + IVE. Empadroados.
b) 31,86 €/trim. + IVE. Non empadroados.
Cota tributaria de Alugueiro e Mantemento de contador
Cuota por alugueiro e mantemento de contador tras a súa primeira instalación (este mantemento implica que as substitucións posteriores tras o remate da vida útil do equipo así como as reparación ou avarías do mesmo sexan asumidas polo servizo de augas municipal)
* de 13 a 20 mm: 1 €/trimestre
* de máis de 20 mm: 2 € / trimestre
Cota tributaria de Alta no Suministro
- 1ª Alta de suministro 23,35 €
- 2ª Alta, 108,23 € con contador
- 3ª Alta e seguintes, 162,34 € con contador
Cota tributaria de Contadores
- Contador 13 mm diámetro 52,37 €
- Contador 15 mm diámetro 52,37 €
- Contador 20 mm diámetro 70,18 €
- Contador resto de diámetros según orzamento.
Cota tributaria de Acometidas
- Acometida de abastecemento ata 4 metros de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador, reposición nin arqueta para contador: 341,23 €
- Prolongación de acometida superior a 4 m e inferior a 10 m M/Lineal 32mm:9,50€.
- Acometida de abastecemento ata 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador nin reposición de 50 mm: 386,16 €.
- Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 50 mm: 12,07 €.
- Acometida de abastecemento ata 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador, nin reposición 63 mm: 477,45 €
- Prolongación de acometida superior a 4 m e inferior a 10 m M/lineal 63mm: 12,34 €.
- Acometida de abastecemento hasta 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir contador nin reposición 75 mm: 579,24 €.
- Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m M/lineal 75mm: 13,83€
- Acometida de saneamiento hasta 4 m de lonxitude totalmente instalada e probada sin incluir rexistro nin reposición 160/200 mm: 370,31 €
- Prolongación de acometida superior a 4m e inferior a 10 m, 160/200: 86,26 €
- Dem. e Repo. de acometida de abastecemento en asfalto, aglomerado, formigón ou beirarrúa: Según orzamento.
- Dem. y Repo. de acometida de saneamento en asfalto. Aglomerado, formigón ou beirarrúa. Según orzamento.
As reposicións de zanxas transversáis farase cunha amplitude de 4 metros a cada lado da tubaxe.
As reposicións de zanxas lonxitudináis farase en toda a amplitude do elemento afectado (beirarrúa, carril¿)
Artigo 6.º .-Bonificacións.
Conforme ó establecido no artigo 24.4 da Lei 39/1988, gozarán de bonificacións aqueles contribuíntes que fosen declarados pobres por precepto legal, estean inscritos no padrón de beneficencia como pobres de solemnidade, e obteñan ingresos anuais ós que correspondan ó salario mínimo interprofesional na porcentaxe do 50 por cento.
Artigo 7.º .-Retribución.
1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza da recepción obrigada do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxeto da presente regulación.
2.-As cotas retribuiranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que a retribución da taxa se producise con posterioridade a dita data; nese caso será a partir da mesma cando se produza a retribución.
Artigo 8.º .-Obriga de pagamento.
O pagamento da taxa efecturase mediante recibo. A lectura do contador, a facturación e cobramento do recibo farase trimestralmente e para o efecto de simplifica-lo cobramento, poderán ser incluidos nun recibo único, que inclúa de forma diferenciada as cotas ou importes correspondentes a outras taxas que se retribúan no mesmo periodo, tales como recollida do lixo, rede de sumidoiros, etc.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, asemade como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
O acordo de imposición desta taxa foi tomado e a súa ordenanza fiscal aprobada polo Pleno deste Concello, o día 30 de outubro de 1998. Comezará a rexe-lo día un de xaneiro de 1999 e seguirá en vigor ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
Disposición derrogatoria.
Queda sen efecto a ordenanza reguladora do prezo público polo subministro de auga, aprobada polo Pleno do Concello na sesión do día 2 de novembro de 1989.