Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 3.º
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo de construcción, instalación ou obra.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame aplicable será o 2,6%.
4.-A obriga de pagar o imposto xurde no momento de inicia-la construcción, instalación ou obra, aínda cando non se tivese a correspondente licencia.
5.-A tarifa mínima do imposto será de 3.000 ptas.
Regras para a determinación da base impoñible para aplicación do imposto sobre construccións, instalacións e obras.
1.-De presentarse proxecto visado polo Colexio Oficial correspondente, a base impoñible será o importe total do presuposto de execución da construcción, instalación ou obra, especificado no proxecto.
2.-No caso de que non se presente proxecto visado, ou se este resultase manifestamente infravalorado ó xuízo dos técnicos municipais, aplicaranse os seguintes módulos para fixa-la base impoñible:
1.-Vivendas:
1.01.-Ata 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 42.000 ptas/m2.
b) Planta baixa e trasteiros: 25.200 ptas/m2.
c) Sotos e semisotos: 25.200 ptas/m2.
1.02.-Máis de 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 47.250 ptas/m2.
b) Planta baixa e trasteiros: 28.500 ptas/m2.
c) Sotos e semisotos: 28.500 ptas/m2.
2.-Escavacións, muros e tuberías.
2.01.-Escavacións de terra a ceo aberto, realizada a máquina en terreo semicompacto: 850 ptas./m2.
2.02.-Muro de pechamento de bloques de cemento de 1 metro de altura, enfoscado a unha cara e pintado, incluso zapata de cimentación, formigón de cachote a escavación da mesma, incluso p.p. de poste de formigón de vigamento: 4.500 ptas/m2.
2.03.-Pechamento de postes de cemento e arame, incluso zapatas de cimentacións illadas: 1.750 ptas/ml.
2.04.-Colocación de tubería de formigón a unha profundidade media de 1 metro, con diámetro ata 30 cm., incluso escavación, recheo e restitución do pavimento de terra: 4.000 ptas/ml.
2.05.-Colocación de tubería en condicións análogas ás da partida anterior, en pavimento de formigón: 8.000 ptas/ml.
2.06.-Muro de contención de formigón lixeiramente armado, de 1 metro de altura media, incluso zapata corrida de cimentación de formigón de cachote, zanxa, escavacións necesarias, perfilado á man do terreo, etc., con ancho medio de 25 cm: 10.000 ptas/m2.
3.-Alpendres e garaxes.
3.01.-Alpendre ou garaxe de ata 36 m2 relacionado con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do país ou similar sobre viguetas de cemento, enfoscado exterior pintado, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 17.000 ptas/m2.
3.02.-Alpendre ou garaxe de 36 a 75 m2 , realizado con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do país ou similar, enfoscado e pintado exterior, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 19.500 ptas/m2.
4.-Reformas e albanelería.
4.01.-Reforma interior de vivendas, consistente en derriba de divisións, tabicado posterior con parámetros pintados e alicatados en cociña e baños, pavimentos de terrazo, incluso substitución de sanitarios en baños: 20.000 ptas/m2.
4.02.-Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedillas, piares ou zunchos, encofrado e desencofrado: 7.000 ptas/m2.
4.03.-Pechamento exterior, formado por tabicón, cámara de aire para producto illante, tabique de ladrillo, formigón de canetas impermeable, enfoscado e pintado ás dúas caras: 6.500 ptas/m2.
4.04.-Enfoscado exterior, mesturado realizado con morteiro de cemento, posterior pintado con pintura plástica: 1.750 ptas/m2.
4.05.-Revestimento de fachada exterior, con plaqueta de 10x20 ou similar: 2.500 ptas/m2.
4.06.-Apertura de oco para porta exterior, en pechamento exterior e colocación da mesma: 75.000 ptas/m2.
4.07.-Apertura de oco para fiestra, en pechamento exterior e colocación da mesma: 55.000 ptas/unidade.
4.08.-Alicatado de azulexo, colocado con cemento adhesivo: 2.250 ptas/m2.
4.09.-Instalación de cuarto de baño sobre estructura existente: 275.000 ptas/m2.
4.10.-construcción de cuarto de baño nas condicións da partida anterior, incluso pechamento de estructura cuberta, etc: 525.000 ptas/unidade.
5.-Cubertas e baixantes.
5.01.-Cuberta de tella colocado sobre forxado: 5.000 ptas/m2.
5.02.-Renovación de teitume con simple reparación de armadura de cuberta, sen modificación de cuberta nin elevación volume: 2.750 ptas/m2.
5.03.-Baixante de tubería PVC: 1.250 ptas./ml.
5.04.-Substitución de forxado, elevación de paredes e nova formación de cuberta, cunha elevación máxima dun metro: 17.500 ptas/m2.
6.-No obstante o disposto no artigo 4 desta ordenanza, nas cotas esixibles por este imposto teranse en conta os seguintes mínimos:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de tódalas clases, de nova planta e superiores a 40 m2 de superficie total, un mínimo de 17.000 ptas.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases xa existentes, un mínimo de 13.000 ptas.
c) As modificacións e reformas que afecten á estructura de edificios e instalacións xa existentes, un mínimo de 8.500 ptas.
d) As modificacións do aspecto exterior de edificios e instalacións de tódalas clases , xa existentes, un mínimo de 5.000 ptas.
e) As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que fose o seu uso, un mínimo de 4.250 ptas.
f) As obras que teñan que realizarse con carácter provisional, ás que se refire o artigo 58.2 do texto refundido da Lei do Solo, un mínimo de 3.300 ptas.
g) As obras de instalación de servicios públicos, un mínimo de 3.300 ptas.
h) Obras menores non especificadas anteriormente, un mínimo de 3.300 ptas.
i) Os movementos de terra, que devengarán uns dereitos de 15 ptas por m2, cun mínimo de 3.300 ptas.
l) As demolicións, un mínimo de 8.500 ptas.
m) Aperturas de pozos de auga, un mínimo de 3.300 ptas.
n) Construcción de fosas sépticas, un mínimo de 6.625 ptas.
Artigo 4.º .
1.-Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non solicitándose, concedéndose ou denegándose dita licencia preceptiva, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible:
- En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo colexio oficial correspondente, cando constitúa un requisito preceptivo.
- Mediante aplicación do módulo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ponderado mediante un coeficiente do 0,85.
2.-Unha vez finalizada a construcción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real efectivo destas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso, a base impoñible á que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso a cantidade que corresponda.