Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 3.º
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame aplicable será o 2,7%.
4.-A obriga de paga-lo imposto xurde no momento de inicia-la construcción, instalación ou obra, aínda cando non se tivese a correspondente licencia.
5.-A tarifa mínima do imposto será de 19,00 euros (3.161 pesetas).
Artigo 4.º .
1.-Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non solicitándose, concedéndose ou denegándose dita licencia preceptiva, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible:
- En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo colexio oficial correspondente, cando constitúa un requisito preceptivo.
- Mediante aplicación do módulo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ponderado mediante un coeficiente do 0,85.
2.-Unha vez finalizada a construcción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real efectivo destas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará no seu caso, a base impoñible á que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso a cantidade que corresponda.
Artigo 6º .
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven, incluíndo multa pecuniaria proporcional do 50 ó 150 % sobre as contías deixadas de ingresar ou sobre os beneficios ou devolucións indebidamente obtidos.
Regras para a determinación da base impoñible para aplicación do imposto sobre construccións, instalacións e obras.
1.-De presentarse proxecto visado polo colexio Oficial correspondente, a base impoñible será o importe total do presuposto de execución da construcción, instalación ou obra, especificado no proxecto.
2.-No caso de que non se presente proxecto visado, ou se este resultase manifestamente infravalorado ó xuízo dos técnicos municipais, aplicaranse os seguintes módulos para fixa-la base impoñible:
1.-Vivendas:
1.01.-Ata 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 275,864556 euros/m2. (45.900 pesetas/m2).
b) Planta baixa e trasteiros: 154,484151 euros/m2. ((25.704 pesetas/m2).
c) Sotos e semisotos: 183,909704 euros/m2 (30.600 pesetas/m2).
1.02.-Máis de 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 306,516173 euros/m2 (51.000 pesetas/m2).
b) Planta baixa e trasteiros: 174,714219 euros/m2 (29.070 pesetas/m2).
c) Sotos e semisotos: 183,909704 euros/m2 (30.600 pesetas/m2).
2.-Escavacións, muros e tuberías.
2.01.-Escavacións de terra a ceo aberto, realizada a máquina en terreo semicompacto: 5,210775 euros/m2. (867 pesetas/m2).
2.02.-Muro de pechamento de bloques de cemento de 1 metro de altura, enfoscado a unha cara e pintado, incluso zapata de cimentación, formigón de cachote a escavación da mesma, incluso p.p. de poste de formigón de vigamento: 27,586456 euros/m2 (4.590 pesetas/m2).
2.03.-Pechamento de postes de cemento e arame, incluso zapatas de cimentacións illadas:10,728066 euros/ml (1.785 pesetas/ml).
2.04.-Colocación de tubería de formigón a unha profundidade media de 1 metro, con diámetro ata 30 cm., incluso escavación, recheo e restitución do pavimento de terra: 24,521294 euros/ml. (4.080 pesetas/ml).
2.05.-Colocación de tubería en condicións análogas ás da partida anterior, en pavimento de formigón: 61,303235 euros/ml. (10.200 pesetas/ml).
2.06.-Muro de contención de formigón lixeiramente armado, de 1 metro de altura media, incluso zapata corrida de cimentación de formigón de cachote, gabia, escavacións necesarias, perfilado á man do terreo, etc., cun ancho medio de 25 cm.: 67,433558 euros/m2 (11.220 pesetas/m2).
3.-Alpendres e garaxes.
3.01.-Alpendre ou garaxe de ata 36 m2 relacionado con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do país ou similar sobre viguetas de cemento, enfoscado exterior pintado, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 116,476146 euros/m2 (19.380 pesetas/m2).
3.02.-Alpendre ou garaxe de 36 a 50 m2, realizando con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do pais ou similar, enfoscado e pintado exterior, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado. 134,867116 euros/m2 (22.440 pesetas/m2).
4.-Reformas e albanelería.
4.01.-Reforma interior de vivendas, consistente en derriba de divisións, tabicado posterior con parámetros pintados e alicatados en cociña e baños, pavimentos de terrazo, incluso substitución de sanitarios en baños: 122,606469 euros/m2 (20.400 pesetas/m2).
4.02.-Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedillas, piares ou zunchos, encofrado e desencofrado: 49,042588 euros/m2 (8.160 pesetas/m2).
4.03.-Pechamento exterior, formado por tabicón, cámara de aire para producto illante, tabique de ladrillo, formigón de canetas impermeable, enfoscado e pintado ás dúas caras: 45,977426 euros/m2 (7.650 pesetas/m2).
4.04.-Enfoscado exterior, mestrado realizado con morteiro de cemento, posterior pintado con pintura plástica: 12,260647 euros/m2 (2.040 pesetas/m2).
4.05.-Revestimento de fachada exterior, con plaqueta de 10x20 ou similar: 15,325809 euros/m2 (2.550 pesetas/m2).
4.06.-Apertura de oco para porta exterior, en pechamento exterior e colocación da mesma 459,774260 euros/unidade (76.500 pesetas/unidade).
4.07.-Apertura de oco para fiestra, en pechamento exterior e colocación da mesma: 337.167791 euros/unidade. (56.100 pesetas/unidade).
4.08.-Alicatado de azulexo, colocado con cemento adhesivo: 15,325809 euros/m2 (2.550 pesetas/m2).
4.09.-Instalación de cuarto de baño sobre estructura existente. 1.685,84 euros/unidade (280.500 pesetas/unidade).
4.10.-Construcción de cuarto de baño nas condicións da partida anterior, incluso pechamento de estructura cuberta, etc. : 3.218,42 euros/unidade (535.500 pesetas/unidade).
5.-Cubertas e baixantes.
5.01.-Cuberta de tella colocado sobre forxado: 30,651617 euros/m2 (5.100 pesetas/m2).
5.02.-Renovación de teitume con simple reparación de armadura de cuberta, sen modificación de cuberta nin elevación volume: 18,390970 euros/m2 (3.060 pesetas/m2).
5.03.-Baixante de tubería P.V.C.: 9,195485 euros/ml. (1.530 pesetas/ml).
5.04.-Substitución de forxado, elevación de paredes e nova formación de cuberta, cunha elevación máxima dun metro: 116,476146 euros/m2 (19.380 pesetas/m2).
6.-Non obstante o disposto no artigo 4 desta ordenanza, nas cotas esixibles por este imposto teranse en conta os seguintes mínimos:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de tódalas clases, de nova planta e superiores a 40 m2 de superficie total, un mínimo de 116,48 euros (19.380 pesetas).
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases xa existentes, un mínimo de 85,82 euros (14.280 pesetas).
c) As modificacións e reformas que afecten á estructura de edificios e instalacións xa existentes, un mínimo de 52,11 euros (8.670 pesetas).
d) As modificacións do aspecto exterior de edificios e instalación de tódalas clases, xa existentes, un mínimo de 30,65 euros (5.100 pesetas).
e) As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que fose o seu uso, un mínimo de 26,05 euros (4.335 pesetas).
f) As obras que teñan que realizarse con carácter provisional, ás que se refire o artigo 58.2 do texto refundido da Lei do Solo, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).
g) As obras de instalación de servicios públicos, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).
h) Obras menores non especificadas anteriormente, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).
i) Os movementos de terra, que devengarán uns dereitos de 0,091955 euros por m2 (15 pesetas por m2), cun mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).
j) As demolicións, un mínimo de 52,11 euros (8.670 pesetas).
k) Aperturas de pozos de auga, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).
l) Construcción de fosas sépticas, un mínimo de 40,61 euros (6.757 pesetas).