Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/12/2007 BOP Nº: 286
Aplicable dende: 01/01/2008

ARTIGO 1º

1.- De conformidade co establecido no art. 101 de Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible do Imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra par a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obra, obtéñase ou non dita licencia, sempre que a mencionada expedición corresponda a este Concello.

2.- As construccións, instalacións ou obras ás que se refire o apartado anterior deberán consistir en:

A) Obras de construcción de edificacións e instalacións, de tódalas clases, de nova planta.

B) Obras de demolición.

C) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.

D) Aliñamentos e rasantes.

E) Obras de fontanería e sumidoiros.

F) Obras en cemiterios.

G) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia de obra urbanística.

Artigo 2.º

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Ós efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte o costo que comporte a súa realización.

2.-No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo 3.º

1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estes efectos, o costo de execución material de aquela.

2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

3.- O tipo de gravame aplicable será o 2,9 %.

4.-A obriga de paga-lo imposto xurde no momento de inicia-la construcción, instalación ou obra, aínda cando non se tivese a correspondente licencia.

Artigo 4.º .

1.- O suxeito pasivo virá obrigado a efectuar a correspondente autoliquidación do imposto de acordo coas normas establecidas na presente Ordenanza e no modelo oficial. Igualmente vira obrigado a ingresa-la cota resultante da autoliquidación no momento de efectua-la solicitude da correspondente ante a Administración municipal.

2.- A autoliquidación presentada terá carácter provisional e a conta, determinándose a base impoñible do tributo en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fora visado polo Colexio Oficial correspondente; cando este non fose preceptivo, dita base determinarase en función dos módulos, que para cada tipo de construcións, instalacións ou obras que se establecen no Anexo da presente Ordenanza.

3.- No caso de que se modifique o proxecto de construción, instalación ou obra e houbese incremento do orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, deberase presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o orzamento inicial e o modificado, con suxeición ós requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.

4.- Cando os suxeitos pasivos non abonasen a correspondente autoliquidación polo imposto ou aboase aquela por cantidade inferior ó orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda.

5.- Unha vez rematadas as construcións, instalacións e obras, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á súa terminación, os suxeitos pasivos presentarán no Concello declaración do costo real e efectivo daquelas, así como os documentos que consideren oportunos a efectos de acredita-lo expresado costo (certificado e orzamento final de obras, ...).

6.- Á vista da documentación aportada e das construcións, instalacións e obras efectivamente realizadas e do costo real e efectivo das mesmas, o Concello mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, se procede, a cantidade que corresponda.

Artigo 6º .

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven, incluíndo multa pecuniaria proporcional do 50 ó 150 % sobre as contías deixadas de ingresar ou sobre os beneficios ou devolucións indebidamente obtidos.

Regras para a determinación da base impoñible para aplicación do imposto sobre construccións, instalacións e obras.

1.-De presentarse proxecto visado polo colexio Oficial correspondente, a base impoñible será o importe total do presuposto de execución da construcción, instalación ou obra, especificado no proxecto.

2.-No caso de que non se presente proxecto visado, ou se este resultase manifestamente infravalorado ó xuízo dos técnicos municipais, aplicaranse os seguintes módulos para fixa-la base impoñible:

1.-Vivendas:

1.01.-Ata 120 m2 de planta construída:

a) Planta nobre: 275,864556 euros/m2. (45.900 pesetas/m2).

b) Planta baixa e trasteiros: 154,484151 euros/m2. ((25.704 pesetas/m2).

c) Sotos e semisotos: 183,909704 euros/m2 (30.600 pesetas/m2).

1.02.-Máis de 120 m2 de planta construída:

a) Planta nobre: 306,516173 euros/m2 (51.000 pesetas/m2).

b) Planta baixa e trasteiros: 174,714219 euros/m2 (29.070 pesetas/m2).

c) Sotos e semisotos: 183,909704 euros/m2 (30.600 pesetas/m2).

2.-Escavacións, muros e tuberías.

2.01.-Escavacións de terra a ceo aberto, realizada a máquina en terreo semicompacto: 5,210775 euros/m2. (867 pesetas/m2).

2.02.-Muro de pechamento de bloques de cemento de 1 metro de altura, enfoscado a unha cara e pintado, incluso zapata de cimentación, formigón de cachote a escavación da mesma, incluso p.p. de poste de formigón de vigamento: 27,586456 euros/m2 (4.590 pesetas/m2).

2.03.-Pechamento de postes de cemento e arame, incluso zapatas de cimentacións illadas:10,728066 euros/ml (1.785 pesetas/ml).

2.04.-Colocación de tubería de formigón a unha profundidade media de 1 metro, con diámetro ata 30 cm., incluso escavación, recheo e restitución do pavimento de terra: 24,521294 euros/ml. (4.080 pesetas/ml).

2.05.-Colocación de tubería en condicións análogas ás da partida anterior, en pavimento de formigón: 61,303235 euros/ml. (10.200 pesetas/ml).

2.06.-Muro de contención de formigón lixeiramente armado, de 1 metro de altura media, incluso zapata corrida de cimentación de formigón de cachote, gabia, escavacións necesarias, perfilado á man do terreo, etc., cun ancho medio de 25 cm.: 67,433558 euros/m2 (11.220 pesetas/m2).

3.-Alpendres e garaxes.

3.01.-Alpendre ou garaxe de ata 36 m2 relacionado con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do país ou similar sobre viguetas de cemento, enfoscado exterior pintado, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 116,476146 euros/m2 (19.380 pesetas/m2).

3.02.-Alpendre ou garaxe de 36 a 50 m2, realizando con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do pais ou similar, enfoscado e pintado exterior, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado. 134,867116 euros/m2 (22.440 pesetas/m2).

4.-Reformas e albanelería.

4.01.-Reforma interior de vivendas, consistente en derriba de divisións, tabicado posterior con parámetros pintados e alicatados en cociña e baños, pavimentos de terrazo, incluso substitución de sanitarios en baños: 122,606469 euros/m2 (20.400 pesetas/m2).

4.02.-Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedillas, piares ou zunchos, encofrado e desencofrado: 49,042588 euros/m2 (8.160 pesetas/m2).

4.03.-Pechamento exterior, formado por tabicón, cámara de aire para producto illante, tabique de ladrillo, formigón de canetas impermeable, enfoscado e pintado ás dúas caras: 45,977426 euros/m2 (7.650 pesetas/m2).

4.04.-Enfoscado exterior, mestrado realizado con morteiro de cemento, posterior pintado con pintura plástica: 12,260647 euros/m2 (2.040 pesetas/m2).

4.05.-Revestimento de fachada exterior, con plaqueta de 10x20 ou similar: 15,325809 euros/m2 (2.550 pesetas/m2).

4.06.-Apertura de oco para porta exterior, en pechamento exterior e colocación da mesma 459,774260 euros/unidade (76.500 pesetas/unidade).

4.07.-Apertura de oco para fiestra, en pechamento exterior e colocación da mesma: 337.167791 euros/unidade. (56.100 pesetas/unidade).

4.08.-Alicatado de azulexo, colocado con cemento adhesivo: 15,325809 euros/m2 (2.550 pesetas/m2).

4.09.-Instalación de cuarto de baño sobre estructura existente. 1.685,84 euros/unidade (280.500 pesetas/unidade).

4.10.-Construcción de cuarto de baño nas condicións da partida anterior, incluso pechamento de estructura cuberta, etc. : 3.218,42 euros/unidade (535.500 pesetas/unidade).

5.-Cubertas e baixantes.

5.01.-Cuberta de tella colocado sobre forxado: 30,651617 euros/m2 (5.100 pesetas/m2).

5.02.-Renovación de teitume con simple reparación de armadura de cuberta, sen modificación de cuberta nin elevación volume: 18,390970 euros/m2 (3.060 pesetas/m2).

5.03.-Baixante de tubería P.V.C.: 9,195485 euros/ml. (1.530 pesetas/ml).

5.04.-Substitución de forxado, elevación de paredes e nova formación de cuberta, cunha elevación máxima dun metro: 116,476146 euros/m2 (19.380 pesetas/m2).

6.-Non obstante o disposto no artigo 4 desta ordenanza, nas cotas esixibles por este imposto teranse en conta os seguintes mínimos:

a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de tódalas clases, de nova planta e superiores a 40 m2 de superficie total, un mínimo de 116,48 euros (19.380 pesetas).

b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases xa existentes, un mínimo de 85,82 euros (14.280 pesetas).

c) As modificacións e reformas que afecten á estructura de edificios e instalacións xa existentes, un mínimo de 52,11 euros (8.670 pesetas).

d) As modificacións do aspecto exterior de edificios e instalación de tódalas clases, xa existentes, un mínimo de 30,65 euros (5.100 pesetas).

e) As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que fose o seu uso, un mínimo de 26,05 euros (4.335 pesetas).

f) As obras que teñan que realizarse con carácter provisional, ás que se refire o artigo 58.2 do texto refundido da Lei do Solo, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).

g) As obras de instalación de servicios públicos, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).

h) Obras menores non especificadas anteriormente, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).

i) Os movementos de terra, que devengarán uns dereitos de 0,091955 euros por m2 (15 pesetas por m2), cun mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).

j) As demolicións, un mínimo de 52,11 euros (8.670 pesetas).

k) Aperturas de pozos de auga, un mínimo de 20,23 euros (3.366 pesetas).

l) Construcción de fosas sépticas, un mínimo de 40,61 euros (6.757 pesetas).

 

ARTIGO 7º

No non expresamente disposto na presente ordenanza, rexerán os preceptos contidos na subsección 5ª da sección 3ª, do capítulo II do título II do referido Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, concordantes e complementarios desta e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

ANEXO Á ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

REGRAS PARA A DETERMINACIÓN DA BASE IMPOÑIBLE PARA APLICACIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

1. De presentarse proxecto visado polo colexio oficial correspondente, a base impoñible será o importe total do presuposto de execución da construcción, instalación ou obra, especificado no proxecto.

2. No caso de que non se presente proxecto visado, ou se este resultase manifestamente infravalorado ó xuízo dos técnicos municipais, aplicaranse os seguintes módulos para fixa-la base impoñible:
1.-Vivendas:
1.01.-Ata 120 m² de planta construída:
a) Planta nobre: 323.01 €/m².
b) Planta baixa e trasteiros: 180.88 €/m²
c) Sotos e semisotos: 215.35 €/m²
1.02.-Máis de 120 m² de planta construída:
a) Planta nobre: 358.92 €/m²
b) Planta baixa e trasteiros: 204.57 €/m²
c) Sotos e semisotos: 215.35 €/m²
2.-Escavacións, muros e tuberías.
2.01.-Escavacións de terra a ceo aberto, realizada a máquina en terreo semicompacto: 6.10 €/m².
2.02.-Muro de pechamento de bloques de cemento de 1 metro de altura, enfoscado a unha cara e pintado, incluso zapata de cimentación, formigón de cachote a escavación da mesma, incluso p.p. de poste de formigón de vigamento: 32.31 €/m².
2.03.-Pechamento de postes de cemento e arame, incluso zapatas de cimentacións illadas: 12.57 €/ml.
2.04.-Colocación de tubería de formigón a unha profundidade media de 1 metro, con diámetro ata 30 cm, incluso escavación, recheo e restitución do pavimento de terra: 28.71 €/ml.
2.05.-Colocación de tubería en condicións análogas ás da partida anterior, en pavimento de formigón: 75.22 €/ml.
2.06.-Muro de contención de formigón lixeiramente armado, de 1 metro de altura media, incluso zapata corrida de cimentación de formigón de cachote, gabia, escavacións necesarias, perfilado á man do terreo, etc., cun ancho medio de 25 cm: 78.96 €/m².
3.-Alpendres e garaxes.
3.01.-Alpendre ou garaxe de ata 36 m² relacionado con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do país ou similar sobre viguetas de cemento, enfoscado exterior pintado, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 136.38 €/m².
3.02.-Alpendre ou garaxe de 36 a 50 m², realizando con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do pais ou similar, enfoscado e pintado exterior, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 157.91 €/m².
4.-Reformas e albanelería.
4.01.-Reforma interior de vivendas, consistente en derriba de divisións, tabicado posterior con parámetros pintados e alicatados en cociña e baños, pavimentos de terrazo, incluso substitución de sanitarios en baños: 143.56 €/m².
4.02.-Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedillas, piares ou zunchos, encofrado e desencofrado: 57.46 €/m².
4.03.-Pechamento exterior, formado por tabicón, cámara de aire para producto illante, tabique de ladrillo, formigón de canetas impermeable, enfoscado e pintado ás dúas caras: 53.84 €/m².
4.04.-Enfoscado exterior, mestrado realizado con morteiro de cemento, posterior pintado con pintura plástica: 14.37 €/m².
4.05.-Revestimento de fachada exterior, con plaqueta de 10x20 ou similar: 17.94 €/m².
4.06.-Apertura de oco para porta exterior, en pechamento exterior e colocación da mesma 538.37 €/unidade.
4.07.-Apertura de oco para fiestra, en pechamento exterior e colocación da mesma: 394.79 €/unidade.
4.08.-Alicatado de azulexo, colocado con cemento adhesivo: 17.94 €/m².
4.09.-Instalación de cuarto de baño sobre estructura existente. 1.973,97 €/unidade.
4.10.-Construción de cuarto de baño nas condicións da partida anterior, incluso pechamento de estrutura cuberta, etc. : 3.759,30 €/unidade
5.-Cubertas e baixantes.
5.01.-Cuberta de tella colocado sobre forxado: 35.89 €/m².
5.02.-Renovación de teitume con simple reparación de armadura de cuberta, sen modificación de cuberta nin elevación volume: 21.53 €/m².
5.03.-Baixante de tubería P.V.C.: 10.76 €/ml.
5.04.-Substitución de forxado, elevación de paredes e nova formación de cuberta, cunha elevación máxima dun metro: 136.39 €/m².
6.-Non obstante o disposto no artigo 4 desta ordenanza, nas cotas esixibles por este imposto teranse en conta os seguintes mínimos:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de tódalas clases, de nova planta e superiores a 40 m² de superficie total, un mínimo de 136.40 €
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases xa existentes, un mínimo de 100.49 €.
c) As modificacións e reformas que afecten á estructura de edificios e instalacións xa existentes, un mínimo de 61.00 €.
d) As modificacións do aspecto exterior de edificios e instalación de tódalas clases, xa existentes, un mínimo de 35.88 €.
e) As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que fose o seu uso, un mínimo de 30.50 €.
f) As obras que teñan que realizarse con carácter provisional, ás que se refire o artigo 58.2 do texto refundido da Lei do Solo, un mínimo de 23.67 €.
g) As obras de instalación de servicios públicos, un mínimo de 23.67 €.
h) Obras menores non especificadas anteriormente, un mínimo de 23.67 €.
i) Os movementos de terra, que devengarán uns dereitos de 0,10 € por m², cun mínimo de 23.67 €.
j) As demolicións, un mínimo de 61.00 €.
k) Aperturas de pozos de auga, un mínimo de 23.67 €.
l) Construcción de fosas sépticas, un mínimo de 47.54 €.