Moeche - ORDENANZA FISCAL Nº 12, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo 1º.
De conformidade co previsto no Art. 73 da Lei 39/88, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais; o tipo de gravame do Imposto sobre Bens de Natureza Inmóvel aplicable neste Concello; queda fixado nos términos que se establecen no Art. Seguinte.
Artigo 2.º
A) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de natureza urbana queda fixado no 0,5%.
B) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de natureza rústica queda fixado no 0,8%.
C) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de características especiais queda fixado no 1,3%.
Artigo 3.º .-Exencións
Gozarán de exención os seguintes bens:
1.º .-Os bens de natureza urbana, dos que a súa cota líquida sexa inferior a 3 euros.
2.º .-Os bens de natureza rústica, dos que a súa cota líquida sexa inferior a 1 euro.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor da día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e terá vixencia dende o día 1 de xaneiro de 2003.