Moeche - ORDENANZA FISCAL Nº 12, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/12/2017 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 01/01/2018

Artigo 1.-

De conformidade co previsto no art. 73 da Lei 39/88, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, o tipo de gravame do imposto sobre bens de natureza inmoble aplicable neste Concello queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.

Artigo 2.-

A) O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmóbeis de natureza urbana queda fixado no 0,5 %.

B) O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmóbeis de natureza rústica queda fixado no 0,7 %.

C) O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmóbeis aplicable aos bens de características especiais queda fixado no 1,3 %.

Artigo 3.- Exencións

Gozarán de exención os seguintes bens:

1º.- Os bens de natureza urbana, dos cales, a súa cota líquida sexa inferior a 3 €.

2º.- Os bens de natureza rústica, dos cales, a súa cota líquida sexa inferior a 1 €.

3º.- Os centros sanitarios titularidade da Comunidade autónoma de Galicia ou do Servizo Galego de Saúde

Artigo 4.- Bonificacións

Os suxeitos pasivos que posúan a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do imposto sobre o inmoble de uso residencial que constitúa á súa residencia habitual e na que estea empadroado/a, de acordo co seguinte:

Categoría de familia numerosa

% bonificación valor catastral menor ou igual a 75.000 €

% bonificación valor catastral entre 75.000 e 120.000 €

% bonificación valor catastral maior de 120.000 ata 240.000 €

Xeral

55

45

20

1. Para a aplicación da presente bonificación será requisito imprescindible que o/a interesado/a o solicite con anterioridade ao devengo do imposto, debendo acreditar:

O empadroamento na vivenda obxecto da solicitude do titular do recibo do IBI.

A condición de familia numerosa mediante a presentación da copia e orixinal, ou copia compulsada, do título de familia numerosa.

2. Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular.

3. Para a bonificación prevista neste apartado, unha vez declarada a bonificación polo órgano competente expedirase un documento que acredite a súa concesión, e cuxa permanencia no tempo condiciónase á data límite de duración dos efectos que apareza no título, sempre que se manteñan as condicións de non existencia de débeda e o empadroamento sinalado anteriormente. Cando varíe o número de membros da unidade familiar ou as condicións que deron motivo á expedición ou posterior renovación do título e isto supoña un cambio de categoría ou a perda da condición de familia numerosa, o suxeito pasivo deberá renovar o título ou deixalo sen efecto, debendo no primeiro caso achegar a documentación xustificativa, e no segundo caso, comunicalo ao órgano competente.

4. A non comunicación destas variacións conlevará a apertura do correspondente expediente sancionador.

5. A bonificación concedida e as súas variacións posteriores causarán efectos a partir do exercicio seguinte á súa data de presentación ou acreditación da modificación ou extinción do título, non tendo en ningún caso carácter retroactivo.

6. Para ser beneficiario das bonificacións previstas nos números anteriores, o contribuínte deberá estar ao corrente das débedas co Concello de Moeche.

7. As solicitudes de bonificacións serán resoltas polo órgano competente.

8. As bonificacións deste artigo non serán compatibles con ningunha outra, salvo precepto legal que dispoña a compatibilidade.

Disposición

A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e terá vixencia dende o día 1 de xaneiro de 2018.