Moeche - ORDENANZA FISCAL Nº 12, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo 1.º.
De conformidade co previsto no art. 73 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais; o tipo de gravame do imposto sobre bens de natureza inmóbel aplicable neste Concello queda fixado nos términos que se establecen no art. seguinte.
Artigo 2.º.
a) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmóbeis de natureza urbana queda fixado no 0,5% .
b) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmóbeis de natureza rústica queda fixado no 0,8%.
c) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles de aplicable os bens de características especiais queda fixado no 1,3%.
Artigo 3.º.-Exencións.
Gozarán de exención os seguintes bens:
1.º.-Os bens de natureza urbana, dos cales a súa cota líquida sexa inferior a 3 €.
2.º.-Os bens de natureza rústica, dos cales a súa cota líquida sexa inferior a 1 €.
3.-Os centros sanitarios titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Servizo Galego de Saúde.
Disposición
A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e terá vixencia dende o día 1 de xaneiro de 2014.