Betanzos - Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por subministración e utilización de auga potable

Publicación provisional: 11/11/2003 BOP Nº: 259
Publicación definitiva: 27/12/2003 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 6. Tarifas

1.-Por acometida á rede

Todo abonado, por acometida á rede, por unha soa vez ha satisfacer a tarifa que a continuación se sinala, en función do uso a que se destine a subministración.

1.1. A acometida á rede de auga potable, por vivenda unifamiliar, establecemento comercial ou finca agrícola que sexa autorizado para empregar o servicio, gravarase con: 66,50 euros

1.2. A acometida á rede de auga potable por industria que sexa autorizada a empregar o servicio gravarase con: 166,00 euros

1.3. A acometida á rede de auga potable, por obra que sexa autorizada para empregar o servicio gravarase con: 166,00 euros

2.-Consumo

1. Tarifa fixa polo establecemento do servizo de auga potable, mantemento da rede, man de obra de conservación de contadores, ao mes: 1,17 euros

2. Tarifa de consumo de abonados domésticos, comerciais e agrícolas, por metro cúbico:

2.1. Ata 9 metros cúbicos: 0,35 euros

2.2. Máis de 9 metros cúbicos e ata 15 metros cúbicos: 0,41 euros

2.3. Máis de 15 metros cúbicos e ata 20 metros cúbicos: 0,49 euros

2.4. Máis de 20 metros cúbicos: 0,59 euros

2.5. Tarifa mínima (9 metros cúbicos/mes): 3,11 euros

3. Tarifa de abonados industriais, por metro cúbico:

3.1. Ata 20 metros cúbicos: 0,56 euros

3.2. Máis de 20 metros cúbicos e ata 30 metros cúbicos: 0,60 euros

3.3. Máis de 30 metros cúbicos: 0,77 euros

3.4. Tarifa mínima (20 metros cúbicos/mes): 11,20 euros

4. Tarifa de consumos de obras e outros usuarios:

4.1. Ata 30 metros cúbicos: 0,90 euros

4.2. Máis de 30 metros cúbicos: 0,95 euros

4.3. Tarifa mínima (30 metros cúbicos/mes): 27,00 euros