Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 19, REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRACIÓN E UTILIZACIÓN DE AUGA POTABLE
Artigo 1. Fundamento e obxecto
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/04, de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei 39/88, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Betanzos establece a ?Taxa por subministración e utilización de auga potable? á que se refire a letra t do parágrafo 4 do artigo 20 do Real Decreto Lexislativo, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo 2/04.
Artigo 2. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta Taxa a prestación dos servizos de subministración de auga potable polo Concello de Betanzos, a través da empresa concesionaria VIAQUA, S.A.U.
Artigo 3. Beneficios fiscais
Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.
Artigo 4. Suxeitos pasivos
1. É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que sexan usuarias ou que se beneficien dos servizos prestados por este Concello, a través de VIAQUA,S.A.U., de acordo co establecido no artigo 2.
2. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5. Base impoñible.
A cota determinarase en función dos seguintes elementos que se determinan nas tarifas:
1. Por acometida á rede
2. Cota variable en función do consumo realmente efectuado.
Artigo 6. Tarifas
CONSUMO
Cota de servizo. | 11,2443 euros/bim. |
Ata 18 m³/bimestre | 0,0304 euros/m³ |
De 19 a 36 m³/bimestre | 0,6585 euros/m³ |
>36 m³/bimestre. | 0,9016 euros/m³ |
USO INDUSTRIAL
CONSUMO
Cota de servizo | 34,4420 euros/bim |
Hasta 40m³/ bimestre | 0,1013 euros/m³ |
De 41 a 60 m³/bimestre | 0,7192 euros/m³ |
>60 m³/bimestre | 1,0434 euros/m³ |
OBRAS
CONSUMO EUROS/M³
Cota de servizo | 65,8450 euros/bim |
Hasta 40 m³/bimestre | 0,4052 euros/m³ |
De 41 a 60 m³/bimestre | 0,8104 euros/m³ |
>60 m³/bimestre | 1,2156 euros/m³ |
A taxa de conservación de acometidas de auga consistirá nunha cantidade fixa de 0,4660 euros/bimestre/abonado e actuará a modo de financiamento para o mantemento e conservación de ditas acometidas, de tal modo que no momento da renovación non lle supoña custo algún ao aboado.
No caso que o aboado non desexe a prestación de dito servizo de conservación, deberá comunicalo expresamente á empresa concesionaria; no caso contrario, procederase ó seu cobro n primeiro recibo trala entrada en vigor desta ordenanza.
A taxa de conservación de contadores consistirá nunha cantidade fixa de 0,5065 euros/bimestre/aboado e actuará a modo de financiamento para o mantemento e conservación do parque de contadores, de tal modo que no momento da substitución o aboado non teña que afrontar desembolso algún.
No caso que o aboado non desexe a prestación de dito servizo de conservación, deberá comunicalo expresamente á empresa concesionaria; no caso contrario, procederase ó seu cobro no primeiro recibo trala entrada en vigor desta ordenanza.
Cota conservación de contadores ..................... 0,5065 €/bimestre
Cota conservación de acometidas de auga......... 0,4660 €/bimestre
Estas tarifas incrementaranse no I.V.E. vixente
Por acometida á rede:
Todo abonado, por acometida á rede por unha soa vez satisfará a tarifa que a continuación se sinala, en función do uso a que se destine a subministración:
-A acometida á rede de auga potable, por vivenda unifamiliar, establecemento comercial ou leira agrícola que sexa autorizado para utilizar o servizo, gravarase con¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.75,96 €.
-A acometida á rede de auga potable por industria que sexa autorizada a utilizar o servizo gravarase con¿¿..189,89 €.
-A acometida da rede de auga potable, por obra que sexa autorizada para utilizar o servizo gravarase con¿¿189,89 €.
Artigo 7. Devindicar
Devindícase a taxa e nace a obrigación de contribuír polos conceptos fixos, incluídas tarifas mínimas, desde que se solicita a prestación do servizo ou desde que se utiliza o mesmo sen estar debidamente autorizado, e en consecuencia, desde que se inicie a posibilidade, por parte do usuario, de utilización do servizo. O período impositivo das cotas sucesivas e polos consumos de auga coincidirá co mes natural, devengándose o primeiro día do mes seguinte, salvo en caso de baixa, en que se devengará a taxa o día da última lectura de consumo.
Artigo 8. Normas de xestión
1. A xestión e recadación desta taxa corresponderá á empresa concesionaria VIAQUA, S.A.U.
2. A formalización do contrato de abono supón o alta na Taxa. O cobro das cotas realizarase como máximo en doce liquidacións anuais, podendo agruparse períodos bimensuais ou trimestrais, sen que sexa necesaria a notificación das cotas sucesivas que se deriven da súa declaración de alta, sen prexuízo da remisión do recibo correspondente cos detalles da súa facturación. O Censo de contribuíntes do primeiro trimestre aprobarase e exporase ao público para reclamacións dentro do primeiro semestre de cada exercicio económico servindo como notificación colectiva dos vencementos do exercicio.
Artigo 9. Infraccións e sancións tributarias
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ao disposto á Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
Artículo 10. Exencións e bonificacións
1. A Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos sociais poderá bonificar a contía do consumo mínimo das familias que así se determinen.
2. Establecese unha bonificación do 100 % dá cota de servizo e dúas primeiros 18 m3/bimestre de consumo a aquelas familias que polas súas circunstancias económicas a renda per cápita sexa igual ou inferior ao 50 % do salario mínimo interprofesional, previo informe emitido polos técnicos dous Servizos Sociais do Concello.
Disposición final
Conforme ao artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, esta ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.