Arteixo - PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE ARTEIXO

Publicación provisional: 21/11/2003 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 15/01/2004 BOP Nº: 11
Aplicable dende: 03/02/2004

Artigo 1. Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.B), ambos da Lei 39/1998, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, así mesmo conforme ó Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude; este concello establece o prezo público por prestación do servicio público Escola Infantil Municipal de Arteixo, especificando as tarifas no artigo 3 e seguintes, que se rexerán polo presente texto normativo.

Artigo 2. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó prezo público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados pola Escola Infantil Municipal de Arteixo.

Artigo 3. Contías.

 

3.1.-Enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Defínese a unidade familiar como a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade e menores de 26 anos e os incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os así declarados pola administración autonómica competente.

Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou a nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior.

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.

3.2.-As cotas aplicables por tarifa, quedan como seguen:

   Intervalo
(euros)
Tarifa X. escolar X. mañá X. tarde Al. Xan. Meren. 1 v 2 v 4 v H. extra + de 676,31 1 110,00 88,00 88,00 6,00 21,00 6,00 9,00 21,00 33,00 13,75 451,21 - 676,30 2 99,00 79,00 79,00 6,00 21,00 6,00 9,00 21,00 33,00 13,75 395,31 -451,20 3 60,00 48,00 48,00 3,00 10,50 3,00 5,00 11,00 16,50 13,75 338,41 - 395,30 4 46,50 37,20 37,20 3,00 10,50 3,00 5,00 11,00 16,50 13,75 282,01 -338,40 5 33,00 22,00 22,00 3,00 10,50 3,00 5,00 11,00 16,50 13,75 225,60 -282,00 6 16,50 12,00 12,00 3,00 10,50 3,00 5,00 11,00 16,50 13,75 135,61 - 225,59 7 0.00 0,00 0,00 2,00 7,00 2,00 5,00 11,00 16,50 13,75 0,00 -135,60 8 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

X. escolar: xornada escolar.

X. mañá: xornada de mañá.

X. tarde: xornada de tarde.

Al: almorzo.

Xan: xantar.

Me: merenda.

1 v: unha viaxe.

2 v: dúas viaxes.

4 v: catro viaxes.

H. extra: hora extra.

Artigo 4. Reduccións.

4.1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplica-lo disposto na táboa anterior, aplicaranse os seguintes descontos:

a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20%.

b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.

c) Cando asistan a EIM (Escola Infantil Municipal), varios irmáns, desconto dun 20 % por cada neno/a atendido/a.

d) No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30% por cada neno/a.

Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

4.2.-Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes terá un desconto do 50 %.

4.3.-No suposto de nenos/as que soliciten ingreso na Escola Infantil Municipal e non estean empadroados, aboarán a contía máxima referida á tarifa 1, e non lle serán de aplicación as reduccións recollidas neste artigo.

Artigo 5. Obriga de pagamento.

A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que se preste o servicio.

Artigo 6. Normas de xestión.

As solicitudes para acceder ós servicios que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas ó señor alcalde-presidente da corporación municipal, xuntando a documentación sinalada no artigo 6 da Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal de Arteixo.

Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos aportados, avaliando as solicitudes (segundo o anexo I da Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal) e elaborando un informe posterior que será sometido a dictame da Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal de Arteixo. Este elevarase á Comisión de Goberno, que será quen decida en última instancia.

En caso de urxencia motivada, nesta situación será o Alcalde-Presidente ou concelleiro/a responsable quen decida a concesión ou denegación dos servicios, dando conta na próxima Comisión de Goberno que se realice.

O pagamento dos prezos da mensualidade farase por adiantado nos primeiros 10 días de cada mes, segundo a factura expedida pola Escola Infantil Municipal de Arteixo, que incluirá, ademais do importe da mensualidade, o resto dos servicios que se presta ó alumnado.

Disposición final.

O presente texto normativo regulador do Prezo Público pola prestación do servicio de Escola Infantil Municipal de Arteixo, foi aprobado polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día vinteseis de xuño de 1997.

Foi modificado posteriormente polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 1 de outubro de 2001.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día trinta de outubro de dous mil tres. Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, das bases de réxime local.