Arteixo - Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público pola prestación do servizo público da escola infantil municipal de Arteixo

Publicación provisional: 21/11/2003 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 15/01/2004 BOP Nº: 11
Aplicable dende: 06/09/2006

ARTIGO 1.- CONCEPTO

De conformidad co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.B), émbolos da Lei 39/1998, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, así mesmo conforme ao Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellaría de Benestar Social, este concello establece o prezo público por prestación do servizo público Escola Infantil Municipal de Arteixo, especificando as tarifas no artigo 4 e seguintes, que se rexerán polo presente texto normativo.

ARTIGO 2.- OBRIGADOS O PAGAMENTO

Están obrigados ao prezo público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados pola Escola Infantil Municipal de Arteixo.

ARTIGO 3. - BASE DE CÁLCULO

3.1.- Enténdese por "renda per cápita mensual" o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da unidae familiar

No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar ós efectos de cálculos da renda per cápita .

3.2.- Para os efectos desta Ordenanza, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles as que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

3.3.- A efectos de aplicación desta Ordenanza, entenderase por "unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade e menores de 26 anos cunha discapacidade superior ao 33% e os incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os así declarados pola administración autonómica competente.

Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo.

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.

ARTIGO 4. - TARIFAS

4.1.- Contías máximas dos servizos:

4.1.1.- MATRÍCULA / OUTROS GASTOS

 

MATRÍCULA/ SEGURO ESCOLAR/ GASTOS ADMINISTRATIVOS (1) 95 euros

 

(1) As tarifas por este concepto abonaranse no momento da formalización de matrícula cando a nena/o neno cause alta por primeira vez no centro e cada curso que renove praza no período que se estableza ó efecto.

4.1.2.- ASISTENCIA: según os distintos horarios ós que se opte:

 

HORARIO MAÑÁ 100,00 euros
HORARIO ESCOLAR 110,00 euros
HORARIO TARDE 88,00 euros

 

4.1.3.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 

SERVIZO DE COMEDOR (XANTAR) 27,30 euros
ALMORZO 7,80 euros
MERENDA 7,80 euros
TRANSPORTE - 1 VIAXE 11,70 euros
TRANSPORTE - 2 VIAXES 27,30 euros
TRANSPORTE -3 ou + VIAXES 42,90 euros
HORA AMPLIADA 13,75 euros

 

4.2.- En aplicación do Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, os tramos de ingresos para a aplicación das reduccións sobre a contía máxima son os seguintes:

* Para matrícula/outros gastos e asistencia

 

TRAMOS
TARIFA
%
DESCONTO
inferior ó 50% SMI T-1 100 %
Entre o 50% o 75% SMI T-2 70 %
Superior 75% e inferior 100% SMI T-3 40 %
Entre 100% e 150% SMI T-4 10 %
ºSuperior 150% SMI T-5 0 %

 

* Para outros servizos :

 

TRAMOS TARIFA %
DESCONTO
inferior ó 30% SMI S-1 100 %
Entre o 30% ó 100% SMI S-2 50 %
Superior ó 100% SMI S-3 0 %

 

4.3.- En aplicación dos apartados anteriores, as tarifas de aplicación son a seguintes:

                                                                        TARIFAS ASISTENCIA

 

TRAMOS
TARIFA
MATRÍCULA/
SEGURO ESCOLAR
HORARIO
MAÑÁ
HORARIO
ESCOLAR
HORARIO
TARDE
inferior ó 50% SMI T-1 só Seguro Escolar 0,00 euros 0,00 euros 0,00 euros
Entre o 50% o 75% SMI T-2 28,50 euros 30,00 euros 33,00 euros 36,20 euros
Superior 75% e inferior 100% SMI T-3 57,00 euros 60,00 euros 66,00 euros 58,40 euros
Entre 100% e 150% SMI T-4 85,50 euros 90,00 euros 99,00 euros 80,60 euros
Superior 150% SMI T-5 95,00 euros 100,00 euros 110,00 euros 88,00 euros

 

                                                                        TARIFAS SERVIZOS

 

  http://bop.dicoruna.es/bop/2006/08/18/tablas/9346-x.1.1.htm

4.4.- Situacións especiais:

4.4.1.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de xantar e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 2 euros /día.

4.4.2.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de almorzo e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 1 euros /día.

4.4.3.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de merenda e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 0,50 euros /día.

4.4.4.- Para as nenas e os nenos que, con carácter extraordinario, soliciten máis horas diarias de asistencia ao centro que as contempladas no horario do que é usuaria/usuario, a tarifa mensual que lle corresponde abonar incrementarase atendendo o número de horas que permaneza no centro.

4.4.5.- As nenas e os nenos que soliciten ingreso na Escola Infantil Municipal e non estean empadroados, aboarán a contía máxima estipulada para matrícula/outros gastos, asistencia no horario concedido e servizos dos que sexa usuario.

4.4.6.- A concesión do horario de socialización está supeditada á disponibilidade de praza. No caso de concesión, deberá abonarse o 50% do custo establecido para horario escolar, cos correspondentes incrementos no caso de que a unidade familiar teña concedido o servizo de comedor. En todo caso, as tarifas de aplicación son as seguintes:

 

TRAMOS % DESCONTO CONTÍA DESCONTO TAXA DEFINITIVA
Inferior 50% SMI 100% 55,00 0,00
Entre 50% e 75% SMI 70% 38,50 16,50
Superior ó 75% e inferior 100% SMI 40% 22,00 33,00
Entre 100% e 150% SMI 10% 5,50 49,50
Superior ó 150 % SMI 0% 0,00 55,00

 

ARTIGO 5.- REDUCIÓNS

Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto nas táboas anteriores, aplicaranse os seguintes descontos para as situacións descritas:

 

  % DESCONTOS
Nenas e nenos pertencentes a familias numerosas 20 %
Nenas e nenos pertencentes a familias monoparentais 20 %
Asistencia ó Centro de varios irmáns 20 % /cada irmán atendido
Irmáns nacidos en parto múltiple 30 % /cada irmán atendido
Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables
Ingreso no centro con posterioridade ao día 15 do mes 50 % da tarifa total/mes

 

Para a situación de irmáns nacidos en parto múltiple, o desconto aplicarase no primeiro ano (curso) de asistencia á Escola Infantil

Para a situación descrita no apartado 4.4.5. do artigo anterior, non será de aplicación ningún dos descontos estipulados.

ARTIGO 6.- OBRIGA DO PAGAMENTO

A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que se preste o servizo.

ARTIGO 7.- REVISIÓN DE TARIFAS

Ao longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, cando concurran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:

a) Modificación das variables que determinan as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores o salario mínimo interprofesional anual vixente.

b) Variacións nos seus ingresos, sempre que estes se sufrisen durante máis de seis meses consecutivos e mantivesen na data de revisión da tarifa unha disminución ou incremento do 25% fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza.

O beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se produzca na situación socioeconómica e familiar que dira lugar á concesión de praza e aplicación de tarifa.

A modificación da tarifa, se é o caso, será resolta pola mesa de baremación da escola infantil municipal.

ARTIGO 8.- SUSPENSIÓN TEMPORAL DA COTA

Non se terá obriga de abonar a cota nos seguintes períodos:

* Mes de vacacións da nena ou do neno.

* Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado por un período superior a 15 días.

* Cando, por causa debidamente xustificada, a nena ou o neno deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado ó pago estará exento de abonar a cota desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural que no que se produza a reincorporación da nena ou do neno. Se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente reducirase nun 50 % nesa mensualidade.

ARTIGO 9.- NORMAS DE XESTIÓN

As solicitudes para acceder aos servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas ao Señor Alcalde-Presidente da corporación municipal entregadas no Rexistro Xeral do Concello, xuntando a documentación sinalada no artigo 29 da Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal de Arteixo.

Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos aportados, avaliando as solicitudes ( segundo o anexo I da Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal ) e elaborando un informe posterior que será sometido a dictame da Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal de Arteixo. O mesmo elevarase á Xunta de Goberno Local, que será quen decida en última instancia.

En caso de urxencia motivada, e sempre que exista dispoñibilidade de praza, será o Alcalde-Presidente quen decida a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na seguinte Xunta de Goberno Local que reúna.

O pagamento dos prezos das mensualidades farase por adiantado nos primeiros dez días de cada mes, segundo a factura expedida pola Escola Infantil Municipal de Arteixo, que incluirá, ademais do importe da mensualidade, o resto dos servizos que reciben as usuarias e os usuarios.

O pagamento da matrícula/outros gastos deberá abonarse no momento da formalización da inscrición.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación do servizo da escola infantil municipal de Arteixo, foi aprobado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día vinte de xuño de 1997.

Foi modificado posteriormente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 1 de outubro de 2001 e 30 de outubro de 2003.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día vinte e cinco de maio de 2006. Entrará en vigor unha vez publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia e teña trancorrido o prazo de 15 dias previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor até a sua modificación ou derogación expresas.