Arteixo - ORDENANZA Nº 32, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS DE ARTEIXO
ARTIGO 1.- CONCEPTO
ARTIGO 2.- OBRIGADOS O PAGAMENTO
ARTIGO 3. - BASE DE CÁLCULO
3.1.- Para a determinación do importe mensual que van pagar as persoas obrigadas ao pagamento dos prezos públicos determinados na presente Ordenanza, teranse en conta as seguintes especificacións. Para os efectos da súa aplicación, a renda per cápita mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:
a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:
i. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.
ii. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
iii. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.
b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
A documentación anterior poderá ser substituída pola correspondente autorización a esta administración en materia de escolas infantís 0-3 para obter os datos necesarios para determinar os ingresos totais para estes efectos a través das correspondentes administracións tributarias.
c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.
3.2.- Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
ARTIGO 4. - TARIFAS
4.1.- Contías dos servizos:
4.1.1.- ASISTENCIA E SERVIZOS
Tarifa | Contías en función do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) | Horario de mañá | Horario escolar continuado | Horario escolar (partido) | Horario de tarde | Comedor | Almorzo | Merenda |
T1 | Rendas inferiores ao 30% do IPREM | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
T2 | Rendas comprendidas entre o 30% e inferiores ao 50% do IPREM | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 16,50 € | 3,00 € | 5,00 € |
T3 | Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ao 75% do IPREM | 33,00 € | 31,00 € | 25,00 € | 21,00 € | 16,50 € | 3,00 € | 5,00 € |
T4 | Rendas comprendidas entre o 75% e inferiores ao 100% do IPREM | 66,00 € | 62,00 € | 50,00 € | 42,00 € | 25,00 € | 4,00 € | 7,00 € |
T5 | Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ao125% do IPREM | 106,00 € | 100,00 € | 80,00 € | 66,00 € | 35,00 € | 6,00 € | 10,00 € |
T6 | Rendas comprendidas entre o 125% e inferiores ao 150% IPREM | 126,00 € | 118,00 € | 95,00 € | 79,00 € | 50,00 € | 9,00 € | 15,00 € |
T7 | Rendas comprendidas entre o150% e o 200% do IPREM | 139,00 € | 130,00 € | 105,00 € | 87,00 € | 60,00 € | 11,00 € | 18,00 € |
T8 | Rendas superiores ao 200 % IPREM | 160,00 € | 150,00 € | 120,00 € | 100,00 € | 70,00 € | 12,00 € | 20,00 € |
4.1.2.- HORARIO AMPLIADO
Con carácter excepcional as familias usuarias do servizo poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias sempre que se acredite a súa necesidade
HORARIO AMPLIADO |
20 € hora / mes |
4.1.3.- Situacións especiais:
4.1.3.1.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de xantar e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 4 € /día.
4.1.3.2.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de almorzo e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 1 € /día.
4.1.3.3.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de merenda e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 1,50 € /día.
4.1.3.4.-Para as nenas e nenos que non empreguen habitualmente o servizo de horas ampliadas e desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 4 € hora / día.
4.1.3.5.- Para as nenas e os nenos que, con carácter extraordinario, soliciten máis horas diarias de asistencia ao centro que as contempladas no horario do que é usuaria/usuario, a tarifa mensual que lle corresponde abonar incrementarase atendendo ao número de horas que permaneza no centro.
4.1.3.6.- Para as nenas e nenos que non empreguen habitualmente o servizo de transporte e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 4 € / día.
ARTIGO 5.- REDUCIÓNS
Segundo as circunstancias da unidade familiar ou de convivencia, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto na táboa do apartado 4.1.1, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre sí:
% DESCONTOS | |
Nenas e nenos pertencentes a familias numerosas | 20 % |
Nenas e nenos pertencentes a familias monoparentais | 20 % |
Asistencia ao centro de varios irmáns | 20 % (o segundo e sucesivo) |
Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da devindicación da declaración do IRPF.
Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.) o menor ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes terá un desconto do 50 %.
ARTIGO 6.- OBRIGA DO PAGAMENTO
A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que se preste o servizo, excepto no caso da matrícula que se efectuará para a formalización da mesma e no prazo que estipule a administración.
A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa esixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.
ARTIGO 7.- REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DE TARIFAS
Ao longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, cando concurran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:
a) Modificación das variables que determinan as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores o salario mínimo interprofesional anual vixente.
b) Variacións nos seus ingresos, sempre que estes se sufrisen durante máis de catro meses consecutivos e mantivesen na data de revisión da tarifa unha disminución ou incremento de máis do 20% fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza.
O beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se produzca na situación socioeconómica e familiar que dera lugar á concesión de praza e aplicación de tarifa.
A modificación da tarifa, se é o caso, será resolta pola mesa de baremación da escola infantil municipal.
A comisión de baremación poderá iniciar de oficio, a actualización dos datos económicos que constan no expediente de cada nena ou neno, podendo verse modificada a súa tarifa.
Os prezos públicos establecidos na presente ordenanza actualizaranse cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) no mes de xuño anterior. Corresponderá á Xunta de Goberno local a fixación das novas tarifas por aplicación do IPC descrito, que se darán a coñecer mediante anuncios no BOP e Taboleiro de Edictos do Concello e das Escolas Infantis municipais.
ARTIGO 8.- SUSPENSIÓN TEMPORAL DA COTA
Non se terá obriga de abonar a cota nos seguintes períodos:
¿ Mes de vacacións da nena ou do neno.
¿ Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado por un período superior a 15 días naturais.
¿ Cando, por causa debidamente xustificada, a nena ou o neno deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado ó pago estará exento de abonar a cota desde o primeiro día do mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural no que se produza a reincorporación da nena ou do neno. Se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente reducirase nun 50 % nesa mensualidade.
ARTIGO 9.- NORMAS DE XESTIÓN
As solicitudes para acceder ao servizo de Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á Alcaldía-Presidencia da corporación municipal entregadas no Rexistro Xeral do Concello, xuntando a documentación sinalada na Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal.
Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos presentados, avaliando as solicitudes ( segundo o anexo I da Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal ) e elaborando un informe posterior que será sometido a dictame da Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal de Arteixo. O mesmo elevarase á Xunta de Goberno Local, que será quen decida en última instancia.
En caso de urxencia motivada, e sempre que exista dispoñibilidade de praza, será a Alcaldía-Presidencia quen decida a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na seguinte Xunta de Goberno Local que reúna.
O pagamento dos prezos das mensualidades farase por adiantado nos primeiros dez días de cada mes, segundo a factura expedida pola Escola Infantil Municipal, que incluirá, ademais do importe da mensualidade, o resto dos servizos que reciben as usuarias e os usuarios.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación do servizo da escola infantil municipal, foi aprobado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día vinte de xuño de 1997.
Foi modificado posteriormente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 1 de outubro de 2001, 30 de outubro de 2003, 26 de marzo de 2009 e 27 de setembro de 2012.
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día XX de XX de 2013. Entrará en vigor unha vez publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia e teña trancorrido o prazo de 15 dias previsto no artigo 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.