Arteixo - Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público pola prestación do servizo público da escola infantil municipal de Arteixo
ARTIGO 1.- CONCEPTO
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41 ámbolos do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, , así mesmo conforme ao Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, este concello establece o prezo público por prestación do servizo público Escola Infantil Municipal de Arteixo, especificando as tarifas no artigo 4 e seguintes, que se rexerán polo presente texto normativo.
ARTIGO 2.- OBRIGADOS O PAGAMENTO
Están obrigados ao prezo público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados pola Escola Infantil Municipal de Arteixo.
ARTIGO 3. - BASE DE CÁLCULO
3.1.- Enténdese por ¿renda per cápita mensual" o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar ou de convivencia o cociente resultante de dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da unidade familiar ou de convivencia.
No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar ou de convivencia ós efectos de cálculos da renda per cápita.
Pola condición de familia monoparental enténdese a formada pola nai solteira ou o pai solteiro que non manteña relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez (acreditada mediante fotocopia compulsada do libro de familia e certificado de convivencia).
3.2.- Para os efectos desta Ordenanza, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
3.3.- A efectos de aplicación desta Ordenanza, entenderase por ¿unidade familiar" a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade e menores de 26 anos cunha discapacidade superior ao 33% e os incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os así declarados pola administración autonómica competente.
Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo.
A efectos de aplicación desta ordenanza tamén se terán en conta as unidades de convivencia.
A determinación dos membros da unidade familiar ou de convivencia farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
ARTIGO 4. - TARIFAS
4.1.- Contías máximas dos servizos:
4.1.1.- MATRÍCULA / OUTROS GASTOS
MATRÍCULA/ SEGURO ESCOLAR/ GASTOS ADMINISTRATIVOS (1) | 95 € |
(1) As tarifas por este concepto abonaranse no momento da formalización de matrícula cando a nena/o neno cause alta por primeira vez no centro e cada curso que renove praza no período que se estableza ó efecto.
4.1.2.- ASISTENCIA: según os distintos horarios ós que se opte, en contía mensual:
HORARIO MAÑÁ | 100,00 € |
HORARIO ESCOLAR | 110,00 € |
HORARIO TARDE | 88,00 € |
4.1.3.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS, en contía mensual:
SERVIZO DE COMEDOR (XANTAR) | 27,30 € |
ALMORZO | 7,80 € |
MERENDA | 7,80 € |
TRANSPORTE - 1 VIAXE | 11,70 € |
TRANSPORTE - 2 VIAXES | 27,30 € |
TRANSPORTE -3 ou + VIAXES | 42,90 € |
HORA AMPLIADA | 13,75 €/hora |
4.2.- En aplicación do Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, os tramos de ingresos para a aplicación das reduccións sobre a contía máxima son os seguintes:
¿ Para matrícula/outros gastos e asistencia
¿
TRAMOS | Nº TARIFA | % DESCONTO |
inferior ó 50% SMI | T-1 | 100 % |
Entre o 50% o 75% SMI | T-2 | 70 % |
Superior 75% e inferior 100% SMI | T-3 | 40 % |
Entre 100% e 150% SMI | T-4 | 10 % |
Superior 150% SMI | T-5 | 0 % |
¿ Para outros servizos complementarios :
TRAMOS | TARIFA | % DESCONTO |
inferior ó 30% SMI | S-1 | 100 % |
Entre o 30% ó 100% SMI | S-2 | 50 % |
Superior ó 100% SMI | S-3 | 0 % |
4.3.- En aplicación dos apartados anteriores, as tarifas de aplicación son a seguintes:
TARIFAS ASISTENCIA | |||||
TRAMOS | Nº TARIFA | MATRÍCULA/SEGURO ESCOLAR | HORARIO MAÑÁ | HORARIO ESCOLAR | HORARIO TARDE |
inferior ó 50% SMI | T-1 | só Seguro Escolar | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
Entre o 50% o 75% SMI | T-2 | 28,50 € | 30,00 € | 33,00 € | 26,40 € |
Superior 75% e inferior 100% SMI | T-3 | 57,00 € | 60,00 € | 66,00 € | 52,80 € |
Entre 100% e 150% SMI | T-4 | 85,50 € | 90,00 € | 99,00 € | 79,20 € |
Superior 150% SMI | T-5 | 95,00 € | 100,00 € | 110,00 € | 88,00 € |
I) TARIFAS SERVIZOS
TRAMOS | TARIFA | SERVIZOS COMEDOR | TRANSPORTE | HORA AMPLIADA | ||||
XANTAR | ALMORZO | MERENDA | 1 VIAXE | 2 VIAXES | 3 ou + VIAXES | |||
inferior ó 30% SMI | S-1 | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
Entre o 30% ó 100% SMI | S-2 | 13,65 € | 3,90 € | 3,90 € | 5,85 € | 13,65 € | 21,45 € | 6,88 € |
Superior ó 100% SMI | S-3 | 27,30 € | 7,80 € | 7,80 € | 11,70 € | 27,30 € | 42,90 € | 13,75 € |
4.4.- Situacións especiais:
4.4.1.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de xantar e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 2 € /día.
4.4.2.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de almorzo e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 1 € /día.
4.4.3.- Para as nenas e os nenos que non empreguen habitualmente o servizo de merenda e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será de 0,50 € /día.
4.4.4.- Para as nenas e os nenos que, con carácter extraordinario, soliciten máis horas diarias de asistencia ao centro que as contempladas no horario do que é usuaria/usuario, a tarifa mensual que lle corresponde abonar incrementarase atendendo o número de horas que permaneza no centro.
4.4.5.- As nenas e os nenos que soliciten ingreso na Escola Infantil Municipal e non estean empadroados, aboarán a contía máxima estipulada para matrícula/outros gastos, asistencia no horario concedido e servizos dos que sexa usuario.
ARTIGO 5.- REDUCIÓNS
Segundo as circunstancias da unidade familiar ou de convivencia, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto nas táboas anteriores, aplicaranse os seguintes descontos para as situacións descritas:
% DESCONTOS | |
Nenas e nenos pertencentes a familias numerosas | 20 % |
Nenas e nenos pertencentes a familias monoparentais | 20 % |
Asistencia ó Centro de varios irmáns | 20 % /cada irmán atendido |
Irmáns nacidos en parto múltiple | 30 % /cada irmán atendido |
Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables | |
Ingreso no centro con posterioridade ao día 15 do mes | 50 % da tarifa total/mes |
Para a situación de irmáns nacidos en parto múltiple, o desconto aplicarase no primeiro ano (curso) de asistencia á Escola Infantil
Para a situación descrita no apartado 4.4.5. do artigo anterior, non será de aplicación ningún dos descontos estipulados
ARTIGO 6.- TARIFAS POR ASISTENCIA OS SÁBADOS
6.1.-Para as nenas e nenos que asistan os sábados en horario de mañá o prezo será de 50 € / mes aplicables sobre a tarifa que teñen concedida.
6.2. - Para as nenas e nenos que almorcen os sábados o prezo será de 4 € / mes.
6.3.- Para as nenas e nenos que xanten os sábados o prezo será de 8 € / mes.
6.4.- A estas tarifas non lles serán aplicables as reduccións e descontos previstos nos artigos 4.2 e 5.
6.5.- Se fose necesario atender casos puntuais remitidos con preceptivo informe dos Servizos Sociais do Concello, aboarase a cota correspondente a esa praza con cargo aos orzamentos de axudas sociais dos Servizos Sociais Municipais.
ARTIGO 7.- OBRIGA DO PAGAMENTO
A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que se preste o servizo.
ARTIGO 8.- REVISIÓN DE TARIFAS
Ao longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, cando concurran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:
a) Modificación das variables que determinan as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores o salario mínimo interprofesional anual vixente.
b) Variacións nos seus ingresos, sempre que estes se sufrisen durante máis de catro meses consecutivos e mantivesen na data de revisión da tarifa unha disminución ou incremento de máis do 20% fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza.
O beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se produzca na situación socioeconómica e familiar que dira lugar á concesión de praza e aplicación de tarifa.
A modificación da tarifa, se é o caso, será resolta pola mesa de baremación da escola infantil municipal.
No mes de decembro de cada curso, iniciarase, de oficio, a actualización dos datos económicos que constan no expediente de cada nena ou neno. No caso de que a súa tarifa se vexa modificada, esta será aplicable a partires do 1 de xaneiro.
ARTIGO 9.- SUSPENSIÓN TEMPORAL DA COTA
Non se terá obriga de abonar a cota nos seguintes períodos:
§ Mes de vacacións da nena ou do neno.
§ Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado por un período superior a 15 días.
§ Cando, por causa debidamente xustificada, a nena ou o neno deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado ó pago estará exento de abonar a cota desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural que no que se produza a reincorporación da nena ou do neno. Se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente reducirase nun 50 % nesa mensualidade.
ARTIGO 10.- NORMAS DE XESTIÓN
As solicitudes para acceder aos servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á Alcaldía-Presidencia da corporación municipal entregadas no Rexistro Xeral do Concello, xuntando a documentación sinalada no artigo 30 da Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal de Arteixo.
Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos aportados, avaliando as solicitudes ( segundo o anexo I da Ordenanza Reguladora da Escola Infantil Municipal ) e elaborando un informe posterior que será sometido a dictame da Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal de Arteixo. O mesmo elevarase á Xunta de Goberno Local, que será quen decida en última instancia.
En caso de urxencia motivada, e sempre que exista dispoñibilidade de praza, será a Alcaldía-Presidencia quen decida a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na seguinte Xunta de Goberno Local que reúna.
O pagamento dos prezos das mensualidades farase por adiantado nos primeiros dez días de cada mes, segundo a factura expedida pola Escola Infantil Municipal de Arteixo, que incluirá, ademais do importe da mensualidade, o resto dos servizos que reciben as usuarias e os usuarios.
O pagamento da matrícula/outros gastos deberá abonarse no momento da formalización da inscrición.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación do servizo da escola infantil municipal de Arteixo, foi aprobado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día vinte de xuño de 1997.
Foi modificado posteriormente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 1 de outubro de 2001, 30 de outubro de 2003 e 26 de marzo de 2009
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 26 de marzo de 2009.Entrará en vigor unha vez publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia e teña trancorrido o prazo de 15 dias previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.