Tordoia - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
Artigo 1.º .-Fundamento e réxime.
1.-No uso das potestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e de acordo co previsto no artigo 60.2 da Lei 39/88, reguladora das facendas locais, este Concello establece o imposto sobre construccións, instalacións e obras.
2.-Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 101 a 104 da Lei 39/88, reguladora das facendas locais, polas disposicións que a desenvolvan e polo disposto na presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do término municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase esta ou non, sempre que a súa expedición lle corresponda ó Concello de Tordoia
2.-As construccións, instalacións e obras ás que se refire o apartado anterior poderán consistir, entre outras actuacións, en:
a) Movemento de terras.
b) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
c) Obras de demolición.
d) Obras nos edificios, tanto as que modifiquen o seu interior como o seu exterior.
e) Aliñacións e rasantes.
f) Obras de fontanería e sumidoiros.
g) Obras nos cemiterios.
h) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo a normativa legal e regulamentaria vixente.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, e donos da construcción, instalación, que sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Para estes efectos serán a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2.-Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras..
Artigo 4.º .-Exencións.
Artigo 5.º .-Base impoñible.
A base impoñible deste imposto estará constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra. O custo real coincide co presuposto de execución material da obra, quedando excluídos, polo tanto, os gastos xerais, o beneficio industrial e empresarial, os honorarios de redacción do proxecto, o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais. No presuposto de execución material tampouco se inclúen as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coas devanditas construccións, instalacións ou obras.
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo de construcción, instalación ou obra.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame aplicable será o 2,5 por cento.
4.-A obriga de paga-lo imposto xorde no momento de inicia-la construcción, instalación ou obra, aínda cando non se tivese a correspondente licencia.
5.-A tarifa mínima do imposto será de 60 euros.
Regras para a determinación da base impoñible para aplicación do imposto sobre construccións, instalacións e obras.
1.-De presentarse proxecto visado polo colexio oficial correspondente, a base impoñible será o importe total do presuposto de execución da construcción, instalación ou obra, especificado no proxecto.
2.-No caso de que non se presente proxecto visado, ou se este resultase manifestamente infravalorado ó xuízo dos técnicos municipais, aplicaranse os seguintes módulos para fixa-la base impoñible:
1.-Vivendas:
1.01.-Ata 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 281,38 euros/m2
b) Planta baixa e trasteiros: 157,57 euros/m2
c) Sotos e semisotos: 187,59 euros/m2
1.02.-Máis de 120 m2 de planta construída:
a) Planta nobre: 312,65 euros /m 2
b) Planta baixa e trasteiros: 178,21 euros /m2
c) Sotos e semisotos: 187,59 euros/m2
2.-Escavacións, muros e entubados.
2.01.-Escavacións de terra a ceo aberto, realizada a máquina en terreo semicompacto: 5,31 euros/m2.
2.02.-Muro de pechamento de bloques de cemento de 1 metro de altura, rebocado a unha cara e pintado, incluso zapata de cimentación, formigón de cachote a escavación desta, incluso p.p. de poste de formigón de vigamento: 28,14 euros/m2
2.03.-Pechamento de postes de cemento e arame, incluso zapatas de cimentacións illadas: 10,94 euros /ml
2.04.-Colocación de entubado de formigón a unha profundidade media de 1 metro, con diámetro ata 30 cm, incluso escavación, recheo e restitución do pavimento de terra: 25,01 euros/ml.
2.05.-Colocación de entubado en condicións análogas ás da partida anterior, en pavimento de formigón: 65,53 euros/ml.
2.06.-Muro de contención de formigón lixeiramente armado, de 1 metro de altura media, incluso zapata corrida de cimentación de formigón de cachote, gabia, escavacións necesarias, perfilado á man do terreo, etc., cun ancho medio de 25 cm: 68,78 euros/m2
3.-Alpendres e garaxes.
3.01.-Alpendre ou garaxe de ata 36 m2 relacionado con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do país ou similar sobre viguetas de cemento, rebocado exterior pintado, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado: 118,80 euros /m2
3.02.-Alpendre ou garaxe de 36 a 50 m2, realizando con paredes de bloques de cemento e cuberta de uralita e tella do pais ou similar, rebocado e pintado exterior, pavimento de soleira de cemento, sen falso teito nin forxado. 137,56 euros/m2
4.-Reformas e albanelería.
4.01.-Reforma interior de vivendas, consistente en derriba de divisións, tabicado posterior con parámetros pintados e azulexados en cociña e baños, pavimentos de terrazo, incluso substitución de sanitarios en baños: 125,06 euros/m2
4.02.-Forxado de viguetas de formigón pretensado e bovedillas, piares ou zunchos, encofrado e desencofrado: 50,02 euros/m2
4.03.-Pechamento exterior, formado por tabicón, cámara de aire para producto illante, tabique de ladrillo, formigón de canetas impermeable, rebocado e pintado ás dúas caras: 46,90 euros /m2
4.04.-Rebocado exterior, mestrado realizado con morteiro de cemento, posterior pintado con pintura plástica: 12,51 euros/m2
4.05.-Revestimento de fachada exterior, con plaqueta de 10x20 ou similar: 15,63 euros/m2
4.06.-Apertura de oco para porta exterior, en pechamento exterior e colocación desta: 468,97 euros/unidade
4.07.-Apertura de oco para fiestra, en pechamento exterior e colocación desta: 343,91 euros/unidade.
4.08.-Azulexado, colocado con cemento adhesivo: 15,63 euros/m2
4.09.-Instalación de cuarto de baño sobre estructura existente. 1719,56 euros/unidade
4.10.-Construcción de cuarto de baño nas condicións da partida anterior, incluso pechamento de estructura cuberta, etc.: 3.282,79 euros/unidade
5.-Cubertas e baixantes.
5.01.-Cuberta de tella colocado sobre forxado: 31,26 euros/m2
5.02.-Renovación de teitume con simple reparación de armadura de cuberta, sen modificación de cuberta nin elevación volume: 18,76 euros/m2.
5.03.-Baixante de entubado PVC: 9,38 euros/ml.
5.04.-Substitución de forxado, elevación de paredes e nova formación de cuberta, cunha elevación máxima dun metro: 118,81 euros/m2.
6.-Non obstante o disposto no artigo 4 desta ordenanza, nas cotas esixibles por este imposto teranse en conta os seguintes mínimos:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de tódalas clases, de nova planta e superiores a 40 m2 de superficie total, un mínimo de 118,81 euros.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases xa existentes, un mínimo de 87,54 euros.
c) As modificacións e reformas que afecten á estructura de edificios e instalacións xa existentes, un mínimo de 53,15 euros.
d) As modificacións do aspecto exterior de edificios e instalación de tódalas clases, xa existentes, un mínimo de 31,26 euros.
e) As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que fose o seu uso, un mínimo de 26,57 euros.
f) As obras que teñan que realizarse con carácter provisional, ás que se refire o artigo 58.2 do texto refundido da Lei do solo, un mínimo de 20,63 euros.
g) As obras de instalación de servicios públicos, un mínimo de 20,63 euros.
h) Obras menores non especificadas anteriormente, un mínimo de 20,63 euros.
i) Os movementos de terra, que devengarán uns dereitos de 0,09379 euros por m2, cun mínimo de 20,63 euros.
l) As demolicións, un mínimo de 53,15 euros.
ll) Aperturas de pozos de auga, un mínimo de 20,63 euros.
m) Construcción de fosas sépticas, un mínimo de 41,42 euros.
Artigo 6.º .-Percepción do imposto.
Artigo 7.º .-Xestión.
1.-Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando se inicie a construcción, instalación ou obra non tendo solicitado, concedido ou denegado aínda a dita licencia preceptiva, practicarase a correspondente liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o colexio oficial correspondente o visase. Noutro caso, a base impoñible determinarana os técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.
A liquidación provisional deberáselle notificar de inmediato ó suxeito pasivo nos termos establecidos no artigo 124.1 da Lei xeral tributaria.
2.-Á vista das construccións, instalacións ou obras realizadas e do custo real e efectivo destas, o Concello, previa a oportuna comprobación administrativa, modificará, de se-lo caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva, esixíndolle ou, de se-lo caso, devolvéndolle ó suxeito pasivo a cota diferencial que corresponda.