Tordoia - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras
Artigo 1º.- Fundamento e réxime
Artigo 2º.- Feito impoñible
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.
Artigo 4.º.-Exencións e bonificacións
As previstas na Lei ou tratados.
1.-Establécese unha bonificación de ata o 95% para as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, regulada no artigo 103.2.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do seguinte xeito:
- 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.
- 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.
- 50% pola creación de ata 10 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.
A porcentaxe de bonificación aplicable, no suposto en que a construción, instalación ou obra se ubique nos Polígonos de Tordoia, será:
- 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.
- 90% pola creación de máis de 15 postos de traballo no termo municipal de Tordoia.
- 80% pola creación de ata 15 postos de traballo. no termo municipal de Tordoia.
- 70% pola creación de ata 10 novos postos de traballo no termo municipal de Tordoia.
- 60% pola creación de ata 5 novos postos de traballo no termo municipal de Tordoia.
Esta bonificación será de aplicación únicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando impliquen creación de emprego.
Corresponderá a declaración de especial interese ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple.
Á presente bonificación resúltanlle de aplicación as seguintes normas:
a) Non se entenderá que concurre o requisito de nova actividade:
Cando a actividade económica fose realizada anteriormente por outras persoas ou entidades relacionadas no sentido do artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, reguladora do Imposto sobre sociedades e transmitida, por calquera título xurídico, á entidade de nova creación.
Cando a actividade económica fose realizada, durante o ano anterior á constitución da entidade, por unha persoa física que ostente unha participación, directa ou indirecta, no capital ou nos fondos propios da entidade de nova creación superior ao 50 por cento.
Non terán a consideración de entidades de nova creación aquelas que formen parte dun grupo nos termos establecidos no artigo 42 do Código de Comercio.
Non se entenderá nova actividade cando no mesmo local para o que se solicita a bonificación se viñera desenvolvendo calquera outra actividade, polo mesmo titular, baixo outro epígrafe do Imposto sobre actividades económicas.
b) Entenderase por ampliación das instalacións, a apertura dun novo centro de traballo, sempre e cando se manteña a apertura dos centros nos que xa viña desenvolvendo habitualmente a actividade.
c) No momento de solicitude da bonificación, achegarase memoria explicativa da iniciativa económica proxectada, pormenorizando aqueles aspectos relacionados coa creación de novos postos de traballo. A bonificación que neste momento se acorde terá carácter de provisional.
O emprego compremetido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo. Tal circunstancia deberá ser acreditado por este ante os servizos tributarios do Concello dentro dos primeiros quince días de cada exercicio. O non cumprimento deste requisito dará lugar o inicio do correspodente expediente de reintegro.
A solicitude deberá realizarse unha vez concedida a correspondente licencia de obra e dentro do prazo previsto para a presentación da correspondente autoliquidación do imposto.
Presentada a solicitude en prazo, o suxeito pasivo poderá practicar autoliquidación do imposto aplicando a bonificación solicitada de forma provisional e condicionada á obtención da correspondente declaración plenaria de ¿interese ou utilidade municipal".
2.-Gozarán dunha bonificación do 50% da cota do Imposto as construcións, instalacións ou obras referentes a vivendas de protección oficial. Os solicitantes achegarán, xunto coa autoliquidación do Imposto, a correspondente cédula de cualificación de protección oficial e aplicarán directamente a bonificación, sen prexuízo da comprobación administrativa posterior.
Artigo 5º.- Base impoñible.
A base impoñible deste imposto estará constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación, obra ou demolición. O custo real coincide co presuposto de execución material da obra, quedando excluídos, polo tanto, os gastos xerais, o beneficio industrial e empresarial, os honorarios de redacción do proxecto, o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais. No presuposto de execución material tampouco se inclúen as taxas, prezos públicos e demais prestacions patrimoniais de carácter local relacionadas coas devanditas construccións, instalación, obras ou demolicións.
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo de construcción, instalación, obra ou demolición, non obstante prevalecerán os prezos publicados na Base de Datos da Construcción de Galicia.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame aplicable será o 2%.
4.-A obriga de pagar o imposto xurde no momento de incia-la construcción, instalación, obra ou demolición aínda cando non se tivese a correspondente licenza.
5.-A tarifa mínima do imposto será de 60 €.
Regras para a determinación da base impoñible para a aplicación do imposto sobre construccións, instalacións e obras
1. De presentarse proxecto visado polo Colexio Oficial correspondente, a base impoñible será o importe total do presuposto de execución da construcción, instalación, obra ou demolición especificado no proxecto.
2. No caso de que non se presente proxecto visado, ou se este resultase manifestamente infravalorado ó xuízo dos técnicos municipais, prevalecerán os prezos publicados na Base de Datos da Construcción de Galicia.